Problemas (PAAU) relativos á medida de entalpías
Resolve algún. Ou modifica o que poidas mellorar
Escolle un exercicio, edítao, escribe a solución e gárdao
Exercicio nº6
(Restaurar esta versión)
Modificado: 18 de decembro de 2014, 5:38 PM Usuario: Teresa Díaz Estévez → TD
No laboratorio dispoñemos de hidróxido sódico (sólido en lentellas) e de 100 mL de disolución de ácido clorhídrico 0,1M. Queremos determina-la calor de neutralización entre disolución 0,1M de hidróxido sódico e 0,1M de ácido clorhídrico. Describindo o material utilizado en cada caso, indique: (a) o procedemento que hai que seguir para a preparación da disolución 0,1M de hidróxido sódico; (b) o procedemento que hai que seguir para calcula-la calor de neutralización. (c) Se na reacción se liberan 550J ¿qué valor asignaría á calor de neutralización entre as dúas especies? PAAU LOGSE Sept 01