Retour

Resolve o exercicio nº12

Affichage de la version 3 de la page
(Restaurer cette version) 

Modifié: 18 décembre 2014, 16:50   Utilisateur: Teresa Díaz Estévez  → TD

Exercicio nº12: Desexa preparar no laboratorio un litro de disolución de ácido clorhídrico 1M a partir do producto comercial que é do 36%en peso e ten unha densidade se 1,18g/mL. Calcule o volume de ácido concentrado que debe medir, describa o procedemento que se debe seguir e o material que ten que empregar.



 SOLUCION :   Andrés 

 Material e reactivos:
Bureta e pipeta  Funil
Vaso de precipitados  Matraz aforado de 1L
Frasco lavador  Frasco de vidro
Variña de vidro  HCl comercial

 Cálculos:
En primeiro lugar, debemos calcular a cantidade de HCl que debemos coller do envase comercial ou disolución concentrada. Como a disolución comercial é do 36% en peso: 

 teñen que extraerse do concentrado.

 Procedemento:
Nun vaso de precipitados bótanse aproximadamente 500ml de auga. Cunha bureta cóllense os 119,63 ml
necesarios da disolución concentrada e bótanse no vaso de precipitados. Reméxese lixeiramente cunha variña de
vidro.
Coa axuda dun funil, pásase a disolución do vaso de precipitados a un matraz aforado de 1L. Co mesmo vaso de precipitados (para recoller os posibles restos de HCl) engádese auga ata estar cerca da marca de enrase. Coa axuda dunha pipeta enrásase a disolución, tendo en conta o menisco que fai coas paredes do matraz ( enrasar por debaixo deste). Axitar
Por último, coa axuda do funil, pásase a disolución preparada a un frasco de vidro e etiquétase poñendo: HCl 1 M