Retour

Problemas (PAAU) relativos a esta práctica

Affichage de la version 4 de la page
(Restaurer cette version) 

Modifié: 18 décembre 2014, 17:13   Utilisateur: Teresa Díaz Estévez  → TD

[Indique, cun exemplo, como determinaría no laboratorio a calor de neutralización dun ácido forte cunha base forte, facendo referencia ó principio, material, procedemento e cálculos. PAAU LOGSE xuño 05]

[1.-Indique, cun exemplo, como determinaría no laboratorio a calor de neutralización dun ácido forte cunha base forte, facendo referencia ó principio, material, procedemento e cálculos. PAAU LOGSE xuño 05]
[2.-Describa o procedemento para calcular no laboratorio o calor de disolución de NaOH en auga. Debuxe o material e indique o modo de realizar os cálculos.
PAAU LOGSE sept 00]
[3.-Explique detalladamente como se pode determinar no laboratorio o calor de disolución de KOH(s) en auga. Efectúe o cálculo (a presión e temperatura de laboratorio) supoñendo unha masa de hidróxido de potasio de 4,5 gramos que se disolven en 450 mL de auga nun calorímetro que ten un equivalente en auga de 15 g. O incremento de temperatura da auga é de 25ºC. Datos Calor específico da auga 4,18J/gºC e densidade da auga 1g/mL PAAU LOGSE xuño 06 PROPOSTA]
[4.-Explique detalladamente como calcularía no laboratorio a calor de disolución de NaOH (s) en auga. Calcúleo (a P e T do laboratorio) supoñendo unha masa de NaOH de 5 g que se disolven en 900mL nun calorímetro no que o equivalente en auga é de 13g. O aumento de Tª foi de 1ºC. Datos: calor específica da auga 4,18 J/ºC.kg e a densidade da auga é de 1gcm-3 PAAU LOGSE Sept 97]
[5.-Explique detalladamente como calcularía no laboratorio a calor de disolución de NaOH(s) en auga. Faga o cálculo da calor de disociación ( a P e T do laboratorio) supoñendo que unha masa de NaOH de 2,15 g que se disolven en 450mL nun calorímetro que equivale en auga a 43 g, o aumento de temperatura da auga foi de 1,1ºC]
[6.-No laboratorio dispoñemos de hidróxido sódico (sólido en lentellas) e de 100 mL de disolución de ácido clorhídrico 0,1M. Queremos determina-la calor de neutralización entre disolución 0,1M de hidróxido sódico e 0,1M de ácido clorhídrico. Describindo o material utilizado en cada caso, indique: (a) o procedemento que hai que seguir para a preparación da disolución 0,1M de hidróxido sódico; (b) o procedemento que hai que seguir para calcula-la calor de neutralización. (c) Se na reacción se liberan 550J ¿qué valor asignaría á calor de neutralización entre as dúas especies? PAAU LOGSE Sept 01]
[7.-Quérese determina-la ∆H do proceso de disolución dun composto iónico AB. Indique o procedemento a seguir e o material a utilizar. Se ao disolver 0,2 moles de dita substancia en 500 mL de auga se produce un incremento de temperatura de 2ºC. ¿Cal será o valor de H, en J/mol, para dito proceso?
Datos: ce(disolución)= ce(auga)= 4,18J/gºC; densidade da auga 1g/mL e masa da disolución = masa de auga PAAU LOGSE xuño 02]