Problemas (PAAU) relativos á medida de entalpías
Requisitos de finalización
Colección de cuestións e problemas relativos a esta práctica que apareceron nas PAAU.
Resolve algún. Ou modifica o que poidas mellorar
Escolle un exercicio, edítao, escribe a solución e gárdao
Atrás
[1.-Indique, cun exemplo, como determinaría no
laboratorio a calor de neutralización dun ácido forte cunha base
forte, facendo referencia ó principio, material, procedemento e
cálculos. PAAU LOGSE xuño 05]
Problemas (PAAU) relativos a esta práctica
Viendo la versión de página #3
(Restaurar esta versión)
(Restaurar esta versión)
Modificado: 18 de diciembre de 2014, 17:12 Usuario: Teresa Díaz Estévez → TD
[1.-Indique, cun exemplo, como determinaría no laboratorio a calor de neutralización dun ácido forte cunha base forte, facendo referencia ó principio, material, procedemento e cálculos. PAAU LOGSE xuño 05]
[2.-Describa o procedemento para calcular no
laboratorio o calor de disolución de NaOH en auga. Debuxe o material
e indique o modo de realizar os cálculos.
PAAU
LOGSE sept 00]
[3.-Explique detalladamente como se pode
determinar no laboratorio o calor de disolución de KOH(s) en auga.
Efectúe o cálculo (a presión e temperatura de laboratorio)
supoñendo unha masa de hidróxido de potasio de 4,5 gramos que se
disolven en 450 mL de auga nun calorímetro que ten un equivalente en
auga de 15 g. O incremento de temperatura da auga é de 25ºC. Datos
Calor específico da auga 4,18J/gºC e densidade da auga 1g/mL PAAU
LOGSE xuño 06 PROPOSTA]
[4.-Explique detalladamente como calcularía no
laboratorio a calor de disolución de NaOH (s) en auga. Calcúleo (a
P e T do laboratorio) supoñendo unha masa de NaOH de 5 g que se
disolven en 900mL nun calorímetro no que o equivalente en auga é de
13g. O aumento de Tª foi de 1ºC. Datos: calor específica da auga
4,18 J/ºC.kg e a densidade da auga é de 1gcm-3 PAAU LOGSE Sept 97]
[5.-Explique detalladamente como calcularía no
laboratorio a calor de disolución de NaOH(s) en auga. Faga o cálculo
da calor de disociación ( a P e T do laboratorio) supoñendo que
unha masa de NaOH de 2,15 g que se disolven en 450mL nun calorímetro
que equivale en auga a 43 g, o aumento de temperatura da auga foi de
1,1ºC]
[6.-No laboratorio dispoñemos de hidróxido
sódico (sólido en lentellas) e de 100 mL de disolución de ácido
clorhídrico 0,1M. Queremos determina-la calor de neutralización
entre disolución 0,1M de hidróxido sódico e 0,1M de ácido
clorhídrico. Describindo o material utilizado en cada caso, indique:
(a) o procedemento que hai que seguir para a preparación da
disolución 0,1M de hidróxido sódico; (b) o procedemento que hai
que seguir para calcula-la calor de neutralización. (c) Se na
reacción se liberan 550J ¿qué valor asignaría á calor de
neutralización entre as dúas especies? PAAU LOGSE Sept 01]
[7.-Quérese determina-la ∆H do proceso de
disolución dun composto iónico AB. Indique o procedemento a seguir
e o material a utilizar. Se ao disolver 0,2 moles de dita substancia
en 500 mL de auga se produce un incremento de temperatura de 2ºC.
¿Cal será o valor de H, en J/mol, para dito proceso?
Datos:
ce(disolución)= ce(auga)= 4,18J/gºC; densidade da auga 1g/mL e masa da disolución = masa de
auga PAAU LOGSE xuño 02]