Problemas (PAAU) relativos á preparación de disolucións
Abschlussbedingungen
Colección de cuestións e problemas relativos a esta práctica que apareceron nas PAAU.
Resolve algún. Ou modifica o que poidas mellorar
Escolle un exercicio, edítao, escribe a solución e gárdao.
Zurück
Resolve o exercicio nº12
Seitenversion #3 anzeigen
(Diese Version wiederherstellen)
(Diese Version wiederherstellen)
Geändert: 18. Dezember 2014, 16:50 Nutzer: Teresa Díaz Estévez → TD
Exercicio nº12: Desexa preparar no laboratorio un litro de disolución de ácido clorhídrico 1M a partir do producto comercial que é do 36%en peso e ten unha densidade se 1,18g/mL. Calcule o volume de ácido concentrado que debe medir, describa o procedemento que se debe seguir e o material que ten que empregar.
SOLUCION : Andrés
Material e reactivos:
Bureta e pipeta Funil
Vaso de precipitados Matraz aforado de 1L
Frasco lavador Frasco de vidro
Variña de vidro HCl comercial
Cálculos:
En primeiro lugar, debemos calcular a cantidade de HCl que debemos coller do envase comercial ou disolución concentrada. Como a disolución comercial é do 36% en peso:
teñen que extraerse do concentrado.
Procedemento:
Nun vaso de precipitados bótanse aproximadamente 500ml de auga. Cunha bureta cóllense os 119,63 ml
necesarios da disolución concentrada e bótanse no vaso de precipitados. Reméxese lixeiramente cunha variña de
vidro.
Coa axuda dun funil, pásase a disolución do vaso de precipitados a un matraz aforado de 1L. Co mesmo vaso de precipitados (para recoller os posibles restos de HCl) engádese auga ata estar cerca da marca de enrase. Coa axuda dunha pipeta enrásase a disolución, tendo en conta o menisco que fai coas paredes do matraz ( enrasar por debaixo deste). Axitar
Por último, coa axuda do funil, pásase a disolución preparada a un frasco de vidro e etiquétase poñendo: HCl 1 M