Disolución de precipitados

Disolución de sales precipitadas

Disolución de sales precipitadas

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 9

Este apartado apareceu como nova práctica no curso 19 /20, por eso non está incluída no libro de prácticas das ABAU que está no tema 0 de este curso de laboratorio de química.

E non atopei ningún vídeo de interés no que se presente a práctica. Supoño por tanto que de aparecer, será como aparece no ex nº6, unha pregunta teórica despois de explicar como se fai a práctica ou que material se utiliza.

Por eso veremos con atención a páx 115 do libro de texto.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Disolución de sales precipitadas

por Usuario eliminado -

Teresa, pero como sabemos cando temos que aplicar os calculos de formación de precipitado e cando utilizar o do pH?

En resposta a Usuario eliminado

Re: Disolución de sales precipitadas

por Usuario eliminado -

Comentamos o ex nº 6 da wiki.

¿Que operacións se poderían empregar no laboratorio para separar un precipitado dunha disolución que o contén? Descríbaas, debuxando os distintos tipos de material. Supoña que o precipitado é trioxidocarbonato (IV) de calcio (carbonato de calcio), ¿como disolvería dito precipitado? Razoe a resposta.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Disolución de sales precipitadas

por Usuario eliminado -

E que non entendo se habería que responder co de formación dun precipitado ou coa súa disolución...

En resposta a Usuario eliminado

Re: Disolución de sales precipitadas

por Usuario eliminado -

con ningunha das dúas neste caso.

O pptdo xa está formado, non o tes que formar e non queres disolvelo.

Queres separalo do disolvente e pregunta que operacións tes que facer

En resposta a Usuario eliminado

Re: Disolución de sales precipitadas

por Usuario eliminado -

Se nun vaso teño unha disolución con un pptdo no fondo e quero separalo realizarei unha: Filtración, preciso o seguinte material:.....  e fago a montaxe, bomba de baleiro incluída boto a disolución no funil Büchner, lavo repetidas veces o precipitado que queda sobre o papel de filtro e seco e recollo.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Disolución de sales precipitadas

por Usuario eliminado -

Para separar un precipitado dunha disolución podemos utilizar un papel de filtro; é dicir, podemos filtralo. Para iso temos que pesar primeiro o papel de filtro para que non influya no resultado final. Unha vez que a disolución está fría sepárase co filtro e déixase secar. Para secala pódese utilizar unha estufa. Unha vez seco, pésase utilizando o vidiro de relexo, restándolle o peso do papel de filtro calculado previamente. 

Para levar a cabo esta práctica necesítanse: balanza, funil BÜchner, vasos de precipitado, matraz, base de soporte, acdendedor, espátula, probeta, estufa e CaCl2 sólido.