Leede o guión
Que significado ten eso de : Pésanse exactamente, ó redor de 2 g de CaCl2
Bo día, que temos que saber exactamente canto temos pero que non ten que ser 2g exactos??
Correcto.
Pódese facer con dous ou con 2,3 ou con 1,8 pero hai que saber con canto se fai para ao final calcular porcentaxes
Por que o frío axuda á precipitación??
Non o sei, por que?
Pensa nas curvas de solubilidade, non sendo o sal común que é prácticamente horizontal, a solubilidade dun sólido nun líquido aumenta coa temperatura ( a de un gas nun líquido é ao contrario)
Se en quente se disolve mellor... en frío precipita mellor.
Fíxate que ao preparar as disolucións inicias recomendan quentar
As precipitacións en tubo de ensaio fixeronse todas no laboratorio, e a maneira de conectar o funil co matraz e a bomba de baleiro, sei que tamén o vimos.
Lembrade a necesidade de desconectar a goma do vástago lateral do matraz antes de pechar o grifo para evitar reabsorcións
Pasamos a comentar o vídeo
Por último podedes mirar a selección de exercicios que saíron na selectividade / ABAU relativos a este tema.
Se tedes dudas con algún poñédeo no mesmo problema xa que é unha wiki, colaborativa. E non está mal que usedes esa ferramenta algunha vez, aínda que so sexa para saber utilizala.
Tamén podedes poñela neste foro