O testemuño máis antigo en lingua grega data aproximadamente do século XIV a.C.. Trátase dunhas táboas de barro escritas nun silabario chamado "Lineal B", cuxos signos representan sílabas, e que deriva do silabario cretense "Lineal A".
Posteriormente, arredor do século IX a.C., os gregos tomaron o alfabeto dos fenicios. Pero como estes só rexistraban as consoantes, os gregos utilizaron certas letras fenicias para anotar as vogais. O primeiro testemuño escrito en alfabeto grego data do s. VIII a.C..
Despois, probablemente en Cumas, ten lugar a adopción e adaptación do alfabeto grego polos romanos, dos que pasará ás linguas romances.
Última modificación: martes, 13 de setembro de 2016, 10:53 AM