• ACTIVIDADES DO CLUB DE CIENCIAS

    • Mundos inseguros. Hacking. Kike Fontán. Coruña Comunica Ciencia.

      O alumnado de 1º de ESO, convocado polo departamento de bioloxía e Club de Ciencias, asistiu o mércores 13 de novembro, no Teatro Colón, a unha das sesión para coles e institutos do programa de Divulgación Científica Coruña Comunica Ciencia.


      Cartel Coruña Comunica Ciencia

      Coruña Comunica Ciencia é un evento de divulgación científica que explora formatos de comunicación compatibles cun espazo teatral. Cada xornada ten tres bloques de actividade. As mañás para público escolar e tardes e noites para público familiar e/o adulto.

      Mundos inseguros. Hacking, con el experto en ciberseguridad Kike Fontán

      Kike falou dos coidados e criterio que hai que ter para navegar pola rede : contrasinales, phischin, tecnoloxías IA...

      Para hackear no hace falta saber de ordenadores, solamente aprovecharse de la confianza ciega de las personas” Enseñaré como piensan los malos, para que sepáis lo vulnerables que sois”. Marabillosa achega de Kike Fontán á chavalada “Mundos inseguros. Hacking” en #CoruñaComunicaCiencia

      Aquí algunha foto do evento. E tamén no Blog Laboratorio de Ciencias. 

       

       

    • BEGOÑA VILA. DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

      O 19 de novembro tivemos no IES Rafael Dieste -4º ESO-, con motivo da celebración de XV edición da Ciencia en Galego, a Begoña Vila en videoconferencia desde o Centro de vuelo espacial Goddard (USA).

      Cartel Día da Ciencia En Galego

      Begoña Vila Costas, Dra en Astrofísica, Enxeñeira Xefe de Sistemas no centro da NASA GSFC, segundo o Faro de Vigo “A muller que ilumina o Universo 

      A observación do Universo avanzou moito desde as primeiras observacións co telescopio de Galileo Galilei. Agora sabemos doutras galaxias, outras estrelas e outros planetas arredor delas pero aínda temos un montón que non sabemos: como se formaron as primeiras galaxias e estrelas e como evolucionaron para formar aquela na que vivimos?; como se formou un planeta como o noso e pode haber outro con auga e vida?; que pode ser a materia escura e a enerxía escura? Os novos telescopios espaciais como o James Webb, o Nancy Grace Roman e o Telescopio de Mundos Habitables e outros que exploran o noso Sistema solar buscan os datos que nos poden axudar a atopar as respostas.

      Begoña é a James Webb Space Telescope Fine Guidance Sensor Systems Lead e a Nancy Grace Roman Space Telescope Systems Engineer

      No seu día (Foi o día de Nadal, pero vímolo ao chegar de vacacións) vimos o lanzamento do James Webb. Pódese ver aquí en español comentado pola enxeñeira galega Begoña Vila.

      O alumnado de 4º de ESO de bioloxía e xeoloxía seguiu a conferencia desde o Salón de actos do instituto e fíxolle preguntas a través do chat de YouTube.

      Aquí pódese ver a Conferencia.

      Fixemos algún cartel e traballos.

      O noso cartel da actividade
      Máis fotos e información no blog Laboratorio de Ciencias.

    • Laura Morán. Sexualidad sin filtros.

      O venres 29 de novembro tivenos no IES Rafael Dieste a Laura Morán, para o alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC.

      Cartel de Laura Morán

      Como ella suele decir, es psicóloga por vocación y sexóloga y terapeuta familiar de pareja y sexóloga por convicción. @veneciana1981

      Licenciada en Psicología por la Universidad de Deusto, desarrolla su profesión en su clínica de terapia familiar y de pareja. Pero Laura es además una incansable divulgadora en programas de radio como «Gente despierta», Carne Cruda Radio, de televisión como «Órbita Laika» (RTVE) y en eventos de divulgación científica como Naukas, Desgranando o Jot Down Ciencia. Es autora de Orgas(mitos) ¿Por qué (no) deseo?, así como del libro juvenil Iguales pero diferentesPerfectamente imperfectas es su último libro.

      En clase preparamos la charla con anterioridad. Laura Morán había enviado un cuestionario para saber las inquietudes e intereses del alumnado.

      Cuestionario: ¿Qué te gustaría que habláramos en la charla sobre sexualidad?

      También entre todos preparamos, para la ocasión, varios trabajos de carteles, trípticos y marca páginas.

      TRaballos carteis, trípticos...

      El salón de actos del IES Rafael Dieste estaba hasta la bandera para escuchar su charla. Laura empleó un magnífico formato; involucró al alumnado con una serie de preguntas, y cartulina en alto: –negra=mito, blanca=verdad- el alumnado participaba contestando.

      Laura mostró una infinita paciencia y fue moderando y contestando a las preguntas que generaban las suyas. También animó a manifestar a los chavales sus pareceres, y el debate, aunque con fuerte marejada (jajaja) en alguna ocasión, tuvo unos excelentes comentarios, opiniones, dudas y conclusiones.

      Creo que la charla encantó, enseñó y divirtió al alumnado. No hay más que leer algunos de sus comentarios. 

      A mín gustoume toda a charla en especial, pero sobre todo o dinámica que foi co tema das votacións, non foi a típica charla que solamente fala a que ven dar a charla, senón que nesta charla tivemos ata un debate entre nós.

      Esta charla pareceume moi interesante, non só polos contidos, senón pola forma en que foi impartida. Gústame que tivese todo preparado para participación e interacción do público de unha maneira moi axeitada e levadeira.

      Máis e fotos no blog Laboratorio de Ciencias.


    • Laboratorio Aberto. Domus.

      O mércores 4 de decembro o alumnado de 1º de BAC de Cultura Científica foi a realizar unha práctica no LABORATORIO ABERTO da DOMUS

      Laboratorio Domus

      Un espazo para vestir a bata de laboratorio, poñer as lentes de seguridade e manexar os instrumentos que utilizan os/as científicos/as no seu día a día, desde micropipetas a centrifugadoras, pasando por axitadores, básculas, tubos e moito máis. 
       
      Como se desenvolven os fármacos? Para participar na síntese dun novo fármaco que se está investigando para o párkinson. Duración: 2 horas.
      Obxectivos

      • Coñecer un acercamento a investigación científica
      • Manexar matrial e técnicas de laboratorio.
      • Valorar a importancia da ciencia básica no avance da medicina e a saúde.
      • Reconocer y relacionar la síntesis química con la obtención de fármacos que mejoren la vida de la sociedad.
      • Identificar las fases necesarias para la elaboración de un nuevo fármaco.
      • Descubrir y realizar reacciones químicas para sintetizar un compuesto, identificarlo por cromatografía y aislarlo.

      Máis fotos e información no Laboratorio de Ciencias.

    • Saída a Xeoparque Cabo Ortegal.

      O martes 14 de xaneiro o alumnado de 4º de ESO de Bioloxía e Xeoloxía fixemos unha saída a o Xeoparque de Cabo Ortegal. O xeólogo Fran Canosa explicounos petroloxía e xeomorfoloxía da zona. O Xeoparque ten ademáis dunha espectacular xeografía, con uns dos cantís dos máis altos de Europa, unha singularidade; é dos poucos lugares onde pódese ver parte do manto e codia mariña que cabalgou enriba do continente. É unha viaxe ao interior terrestre.

      O grupo no mirador de Vixía de Herbeira

      Aquí Unidade Didáctica Cabo Ortegal. Fran Canosa

      Traballos do alumnado.

      Infografía  Infografía
      Infografía
      Máis no Laboratorio de Ciencias.


    • Olimpíada de Xeoloxía

      mércores 12 de febreiro un grupo de alumnos de 4º de ESO participou na VII Olimpíada de Xeoloxía en San Sadurniño, concello que forma parte do Xeoparque Cabo Ortegal.

      Cartel Olimpíada de xeoloxía 2025

      DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS:

      • Proba teórica de 40 preguntas tipo test.
      • Proba práctica, por equipos. Xincana Xeolóxica.
      Fran Canosa deu unha clase de xeoloxía de campo, comezando coa explicación do tempo en xeoloxía, como e cando formouse as nosas costas e o modelado destas debido acción mariña.

      Fran no acantilado de punta Frouxeira explicando ao grupo.
      Maís no blog  Laboratorio de Ciencias

    • Olimpíada de Bioloxía

      venres 14 de febreiro unha alumna do noso IES; Candela García Janeiro, participou na fase autonómica da XX Olimpíada de Bioloxía na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

      Anteriormente a esta houbo unha fase telemática para a participación de alumnado de centros galegos.

      cartel-xx-olimpiada-de-bioloxia-2025

      A olimpíada, en horario de mañá e tarde, comezou cun exame teórico, para despois ter un práctico, así como charlas de actualización de coñecementos para profesorado.

      Rematou a xornada cunha charla sobre cancro e a entrega de premios por parte das autoridades.

      Non houbo sorte pero tivemos un diploma de participación.

      Foto de entrega de diplomas

      Maís no  Blog de Laboratorio de Ciencias.

    • Exposición Menssana na Domus

      O alumnado de 1º de Bacharelato de Cultura Científica asistiu o venres 7 de marzo a inauguración na Domus de «Menssana»

      Cartel menteScopia

      A promoción da saúde mental mellora a calidade de vida das persoas

      menteScopia é unha iniciativa multimedia de divulgación e promoción da Saúde Mental. Trátase dunha aposta pola educación, a concienciación e a sensibilización en Saúde Mental dirixida aos mozos e que conciencie a pacientes, familias, profesorado, asociacións e outros sectores sociais.

      Tamén traballamos na clase, realizando algunha das actividades de a unidade didáctica asociada ao proxecto.

      Alumnado atendendo a explicación.Mural das emocións

      Máis no Blog Laboratorio de Ciencias.

    • Amor de auga lixeira

      A compañeira de Física e química, Mónica Reigía desenvolveu un precioso proxecto co alumnado de 3º de ESO.

      Proxecto de recuperación de fontes mananciais e do patrimonio cultural da cidade da Coruña.

      Premio Imaxina 2024

      PremioZinkers 2025

      Foto de grupo Amor de auga lixeira

      Instagram: https://www.instagram.com/reel/DI8SEqUi0cC/

      Web: amordeaugalixeira.com

      Youtube: https://www.youtube.com/@AmorDeAugaLixeira

    • MEDICIÓN DOS NIVEIS DE RADÓN NO IES RAFAEL DIESTE CON ALUMNADO DE 1º BACHARELATO.

      Durante o mes de marzo, realizáronse medicións de radón no IES Rafael Dieste, levados a cabo por alumnado de 1º Bacharelato que imparte a materia de Física e Química, con Raquel Vale.

      As medicións realizáronse cun equipo MiniPix, diseñado polo CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) e cedido polo IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías), a través do proxecto MEDRA.

      Logo IGFAE

      Con esta unidade didáctica, pretendeuse abordar de maneira transversal, a emisión de partículas por parte dos diferentes corpos, o empleo deste medidor, a análise estadística dos resultados e a emisións de conclusións a través da elaboración dun artículo científico.

      Medición gas radón
      Tipos de radiación


    • IMPARTICIÓN DO OBRADOIRO "FÍSICA DO SON" PARA ALUMNADO DE 2º ESO E ALUMNADO DE PRIMARIA DOS CENTROS DA CONTORNA

      Que sería da nosa visa sen a presenza do son? É imposible imaxinar a vida sen ruido, sen música, sen comunicación verbal,... Por iso, a importancia de coñecer as cualidades e características do son dunha forma apta para todos os públicos, sen grandes complicacións e incluso, de forma lúdica.

      Neste obradoiro, impartido inicialmente ao alumnado de 2º ESO, coa profesora de Física Raquel Vale, abórdase a física do son realizando experimentos moi sinxelos e visuais, que teñen como finalidade que o alumnado indage nas diferentes cualidades físicas, adquirindo o coñecemento necesario para poder transmitilo a alumnado de Educación Primaria.

      O estudo do son realízase en 5 estacións, onde cada unha delas explica unha característica concreta (carácter ondulatorio e mecánico, a resonancia, a amplitude e altura da onda, o timbre,…).

      Neste curso 2024 – 25, este obradoiro impartiuse a catro cursos de 2º ESO e alumnado seleccionado por estacións, asistiron a tres colexios de Educación Primaria da contorna para dar formación, que foron:

      • CEIP Plurilingüe de Prácticas: formaron a unha clase de 6º Educación Primaria.
      • CEIP San Pedro de Visma: formaron a dúas clases de 6º Educación Primaria.
      • CEIP Emilia Pardo Bazán: formaron a tres clases de 6º Eduación Primaria.
      1 Física do Son 2 Física do Son

    • ADN ESPECIES VULNERABLES DE GALICIA. CORNO E PETO

      Corno de mar e debuxos

      O proxecto ten como finalidade a análise de ADN de dúas especies mariñas vulnerables presentes na costa galega: Charonia lampas e Echinus esculentus. Estas especies desempeñan un papel relevante no equilibrio ecolóxico dos ecosistemas bentónicos, mais nas últimas décadas viron reducidas as súas poboacións debido á acción antrópica, á contaminación mariña e á sobreexplotación.