• SAÍDA SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO


      O martes 18 de octubro (9:20-18:30) imos ver uns dos cantís máis altos da Europa continental.

      O xeólogo Fran Canosa explicaranos a petroloxía e xeomorfoloxía da zona.

      LEVAR CALZADO ADECUADO. ROUPA DE ABRIGO E DE AUGA (TIPO CEBOLA, PARA SACAR OU POÑER SEGÚN FAIA FALTA) E BEBIDA, TAMÉ ALGO DE COMER POR SE VEN A FAME :) 


      Fran canosa explicando a xeoloxía de Santo Andrea de teixido ante o alumnado e Santo Andrea ao fondo.


      Botar unha ollada a estas páxinas.

      Rutas Xeolóxicas de Galicia

      Inicio_ES | Cabo Ortegal- Xeoparque.

      Mapas e información xeolóxica 

      Mapa xeolóxico de Cedeira



    • DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 

      O 11 de febreiro 11F, é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. 

      ASEICA lanza unha nova edición de ‘COÑÉCEAS’, unha actividade que ten como principal obxectivo dar visibilidade ás científicas que investigan en cancro dunha forma dinámica e interactiva. Mediante esta iniciativa, ASEICA pretende animar ao alumnado e, en particular, ás nenas e novas, a que se interesen pola Ciencia.

      No noso instituto tivemos a Alicia L.BruzosÉ bióloga e bioinformática, doutorada en medicina molecular pola USC, actualmente profesora de xenética na University College of London e investigadora no Francis Crick Institute (en Londres tamén).

      Falounos do cancro nos berberechos e noutros invertebrados, e como estes estudos poden server para a clínica humana do cancro; vendo a súa metástase e sustancias ou mecansmos que o poidan inhibir.

      Cartel Charla Alicia Bruzos Conócelas


    • MASTERCLASS "FÍSICA DE PARTÍCULAS COAS MANS"

       

      O venres 3 de marzo o alumnado de 2º de Bac: Ana María Pita, Oscar Díaz, Hugo Mosqueira e Javier Enkhsgelen asistiron a Masterclass “Física de Partículas coas mans” que organizou o IGFAE no campus da USC.

      Cartel Masterclass

      No programa da xornada houbo tempo para charlas de física de partículas, aceleradores e detectores, así como taller práctico de manexo de datos das deteccións. A xornada rematou cunha posta en común desde o CERN con outros centros educativos do mundo (Brasil, Italia,...)

      Foto de Grupo


    • CEOS GALEGOS 


      Cartel Ceos Galegos

      O martes 7 de marzo, estivo no instituto para o alumnado de 1º de ESO, Dosi Veiga, coordinador do proxecto Ceos Galegos, falando ao alumnado do Ceo desde o punto de vista cIentífico, cultural e fotográfico. 

      Dosi Veiga na conferencia

      Ceos Galegos é un proxecto de divulgación e comunicación socialDe ciencia, no sentido amplo da palabra, pois inclúe astronomía, xeoloxía, bioloxía… pero tamén historia, arqueoloxía, literatura. De fotografía, pois artéllase ao redor dunha imaxe fermosa do ceo, ou didáctica, ou curiosa. De cultura, porque o coñecemento científico tamén é cultura. Porque coñecer o noso contorno máis próximo permítenos comprender mellor quen somos e de onde procedemos, proxectándonos cara o futuro. Pero tamén permítenos valorar mellor os ceos doutros lugares, porque podemos aprezar as semellanzas e as diferenzas. 



    • LUIS BLANCO DÁVILA

      O venres 17 de marzo tivemos no IES Rafael Dieste ao profesor investigador do CSIC  no  Centro de Biología Molecular Severo Ochoa, Luis Blanco Dávila para darnos unha charla, “Descubriendo nuevas DNA Polimerasas”, dos seus estudios sobre DNA Polimerasas, encimas -moléculas- que len e duplican o DNA (molécula do núcleo das nosas células onde está a información xenética).

      Luis Blanco é discípulo de Margarita Salas e xunto con ela e con Antonio Bernad crearon unha das patentes biotecnolóxicas máis importantes de España.

      Cartel da charla de Luis Blanco Cartel de la charla por Carlos Blanco

      Na charla do IES Rafael Dieste e como homenaxe á súa mentora Margarita Salgas, Luis Blanco percorreu a súa traxectoria de investigación sobre DNA polimerasas, deténdose nos seus estudos máis actuais sobre un novo sistema de amplificación de DNA, denominado TruePrime™, que é capaz de amplificar fragmentos de DNA tumoral que se atopan circulando nos nosos fluídos, e que pode ser detectado no que se coñece como biopsias líquidas. 

      Foto de F Margarita Salas. Luis Blanco

      Fixemos u tríptico da súa bio e traballo.

      Tríptico Luis Blanco

      A conferencia entusiasmou ao alumnado.

      Foto grupo de alumnos con Luis Blanco.

      Deixamos abaixo, bio, fotos e máis información da charla.




    • XURXO MARIÑO. UNHA VIAXE Á MÁQUINA DA MENTE

      O xoves 30 de marzo o departamento de Filosofía e Club de Ciencia organizou unha charla de neurociencia: Unha viaxe á máquina da mente, impartida por Xurxo Mariño Alonso.

      Xurxo Mariño Alfonso, nado en Lugo o 21 de abril de 1969, é biólogo, doutor en Ciencias Biolóxicas con especialización en neurofisioloxía pola Universidade de Santiago, profesor na Universidade da Coruña, escritor e divulgador científico

      Foto cartel da conferencia de Xurxo Mariño

      Traballamos a súa bio e experiencias.

            marcapáxinas Xurxo Mariño   Xurxo en conferencia sinalando o encéfalo   2  marcapáxinas Xurxo Mariño

         

    • CIENCIA NA RÚA 2023

       

      Cartel Ciencia na Rúa 2023

      O sábado 6 de maio o alumnado do Club de Ciencias do IES Rafael Dieste participou nunha nova edición do Día da Ciencia na Rúa, no Monte de Santa Margarida da Coruña.

      Plano de situación de Ciencia na Rúa 2023

      Levamos varias experiencias; Non existen as fórmulas secretas; cromatografía das clorofilas, non nos fumigan; como se forman as estelas ao paso das partículas, non somos o que comemos; extracción de ADN e explicación da súa expresión, como observar; con invertebrados e curiosidades mariñas, extracción de agar-agar; xelatinas e medios de cultivo…

         

      Os rapaces explicaron todo esto coas súas experiencias ao público, que a pesar do día encheu o Parque de Santa Margarida, no día da gran festa da Ciencia para escolares de A Coruña e a súa contorna.

      Foto de grupo

      Deixamos aquí algunhas fotos.



    • SARA GARCÍA ALONSO –AstroSara- e TALENTOS INCLUSIVOS NO CITIC

       

      O luns 29 de maio un grupo de alumnado de 1º de ESO convocados polo Club de Ciencias Ángeles Alvariño do IESRafael Dieste, asistimos no CITIC a presentación dos proxectos Talentos Inclusivos e charla con Sara García Alonso dentro do programa “PRESENTE Y FUTURO DE LA INDUSTRIA AEROESPACIAL EUROPEA: INVESTIGACIÓN, COLABORACIÓN Y EMPRENDIMIENTO” do Concello Social da Universidade da Coruña.

      Grupo de alumnos con AstroSara

      Traballos do alumnado.

      Foto tríptico AstroSara Infografía AstroSara (Sofía Suárez)



    • Que sabes de saúde mental? Óscar Huertas Rosales 

      O xoves 15 de xuño tivemos nas clases de 1º da ESO C e D a Óscar Huertas Rosales.

      De Granada, Óscar licenciouse na devandita universidade no 2010. Ten ademais un Máster en Biotecnoloxía Agroforestal 2012 (Universidade Politécnica de Madrid). Neste momento, Óscar é técnico de comunicación e divulgación científica no CICA onde fai unha labor de contar á sociedade no que neste centro traballase e investiga. Actualmente atópase a traballar nun proxecto de saúde mental para adolescentes MenteScopia.

      Cartel da charla

      Óscar veu falarnos de saúde mental: prevención, sen estigmatizar, mostrando recursos para coidala, involucrando aos chavales e respondendo as súas preguntas. 

      Óscar na charla 1 Óscar na charla 2