• VÍDEOS DE EXPERIENCIAS

      ______________________________________________________________

    •  

       

    •  

       

    • Experimentos a realizar

       


    • ARTEMIAS

      Suministradas por Alfredo do Aquarium Finisterrae – Museos Científicos Coruñeses, estudiamos e coidamos, coñecendo ben as fases do seu ciclo: cistes, larva nauplios, formas xuvenís e machos e femias adultos. A Artemia salina é un crustáceo braquiópodo moi resistente a distintas salinidades e temperaturas.
      Ciclo da Artemia

      Ten un gran número de segmentos no corpo e posúe unha serie de apéndices (toracópodos), na parte anterior-lateral que remata na furca (cola) caudal. Teñen anténulas filiformes. 

      Partes dun adulto (femia)

      Teñen unha gran diferenciación sexual (dimorfismo sexual). A medida que crece, as antenas dos machos transformanse en abrazadeiras musculosas, que servirán para a cópula. As antenas das fémias son máis pequenas, e estas alcadan un maior tamaño.

      Macho cas pinzas

      Aparato reproductor: no macho de Artemia presentase cun par de testículos alongados, dispostos ao longo dos catro primeros segmentos abdominales, estes conectanse a un par de hemipenes. As femias presentan un par de ovarios na mesma posición na que os machos ubican os testículos. As gónadas das femias comunicanse cun útero impar, contido co ovisaco. Na rexión anteroventral do ovisaco atópanse un par de glándulas especializadas chamadas “glándulas da cáscara” pois son as responsables da producción do corion (cáscara quística), durante o modo reproductivo ovovivíparo.

      O tipo de reproducción: en condicións idóneas, as súas crías nacen vivas, os ovos desenvólvense no interior da nai (reproducción vivípara). A altas salinidades e condicións adversas (altas temperaturas), a Artemia forma os quistes (cystes) (ovípera)

      O comportamento pre-copulativo: o macho abraza a femia cas pinzas, nadando xuntos. A femia presenta na rexión abdominal unhas “bolsiñas” onde desenvolven os ovos.

      Parella fecundando

      Alimentación: Son animales filtradores e adquiren o alimentos mentras “reman” cos seus braciños. Nos alimentámolas con Tetraselmis, tamén de cepas cedidas polo Acuarium Finisterrae.

      Máis fotos no Blog Laboratorio de Ciencias 



    • Medir a Terra cun pau 

      Imos tentar reproducir o famoso cálculo de Eratóstenes.

      Eratóstenes de Cirene, (grego antigo Ἐρατοσθένης, Eratosthénēs)(Cirene, 276 a. C.1 -Alejandría, 194 a. C.) foi un matemático, astrónomo e xeógrafo grego de orixen cirenaico.

      Nesta páxina de Erathostenes Experiment hai información de quen era Eratóstenes e moitos recursos que te axudarán a comprender o experimento.

      Tes neste libro de A que altura está o ceo? de Jorge Mira unha boa explicación do experimento.

      Foto do libro de Jorge Mira do experimento de Eratóstenes


      Aquí o famoso divulgador científico Carl Sagan explícache "in situ" o experimento . 

    • y aquí un vídeo de Javier Santaolalla onde lle ve as posiilidades a un pau selfie :) 
    • Neste outro, onde apréndese ben a facer os cálculos de Eratóstenes

      Experimento Eratóstenes 1  Experimento Eratóstenes 2

    • Medir a Terra cun pau