1º BAC C Bioloxía Xeoloxía e Ciencias Ambientais -Marisa Castiñeira- (26-27)
Section outline
-
1. PARTICIPANTES:
Nesta actividade pode participar alumnado de 4º de ESO e 1º , 2º de Bacharelato.
2. INSCRICIÓN:
O número máximo de participantes por centro,será de 8 alumnos/as (2 grupos).
As probas terán lugar o mércores 16 de febreiro de 2022 entre as 11 e as 18 h
3. DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS:
-Proba teórica de 40 preguntas tipo test.
-Proba práctica, por equipos.
4. PREMIOS:
Cada sede concederá diploma acreditativo e algún material relacionado co estudo da xeoloxía a:
- Campión/oa
- 2ª e 3ª persoa clasificadas e accesit 4ºESO
- Mellor equipo
As persoas que acaden a máxima cualificación en cada sede pasarán á Fase Española, que se levará a cabo odía 26 de marzo en Almería, de xeito presencial. A organización garante a asistencia a esta, do grupo de gañadores/as de Galicia, cos gastos pagados e contando cunha persoa acompañante. Se se superan os 50 participantes por sede, irá tamén a 2ª persoa clasificada por esa sede e se se superan os 100 iría a 3ª.
É de destacar, ademais, que o alumnado que curse 2º de Bacharelato poderá optar as bolsas que as universidades galegas conceden para as persoas premiadas nas olimpíadas científicas.
Programa:
11:30. Recepción de participantes.
12:00-13:30. Proba práctica (Xincana Xeolóxica). Esta proba realizarase en grupos de 3 ou 4 participantes.
13:30-15:00. Xantar no comedor da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica. Haberá bufete a prezo universitario.
15:00-16:00. Proba teórica.
16:00-18:00. Visita aos laboratorios da Facultade de Ciencias para a realización de distintas actividades lúdicas. Esta actividade está organizada polo profesorado da Facultade de Ciencias.
18:00-18:30. Entrega de diplomas e premios ao alumnado que obteña as mellores cualificacións. As distintas categorías de premios poden ser consultadas na web de AEPECT Galicia.
18:30-19:00. Chocolate de despedida.
Recorda que o alumno/a que acade a máxima puntuación na nosa sede, pasará á Fase Española, que terá lugar en Almería o 26 de marzo de 2022.
Material que os participantes deben levar: Calculadora, compás (brújula, en castelán) e regra para a proba práctica (un por grupo é suficiente); Bolígrafo para a proba práctica e a teórica. Recoméndase levar zapato cómodo e paraugas (aínda que esperamos non necesitalo) porque parte da xincana terá lugar fóra da facultade.Resumo da Saída no Blog Laboratorio de Ciencias
XIII Olimpíada de Xeoloxía