• Conceptos importantes 

    Un mineral é un produto natural, inorgánico en estado sólido, que posúe unha composición definida que non ten que ser fixa. Posúe un ordenamento interno dos seus átomos, ións ou moléculas cunha formulación química concreta. Pode ser homoxéneo nas súas propiedades físicas e químicas ou variar un pouco.

    mineraloide: é un corpo que incumpre algunha das características anteriores.

    -exemplos: o mercurio, a calcita bioxenética (cunchas), o vidro (obsidiana)

    Rocha: é un agregado natural, coherente e multigranular dun ou máis minerais.

    CLASIFICACIÓN DOS MINERAIS

    A Composición química é a base para a clasificación dos minerais.

    1. Os minerais co mesmo grupo aiónico ou anión presentan similitudes nas súas propiedades.

    2. Os minerais relacionados químicamente, tenden a presentarse nos mesmos xacementos.

    3. A concordancia ca nomenclatura de compostos da química inorgánica.

    Actualmente a clasificación de Strunz é a máis utilizada.

    minerais

    SILICATOS

    Representn o 92% dos minerais da codia terrestre. Teñen como unidade estrutural o tetraedro de sílice, one un átomo de silicio (catión Si4+ ) coordina con catro osíxenos (anións o2- ). Cada anión comparye unha carga negativa co Si , deixando libre unha carga negativa en cada un dos vértices. A distintas maneiras de disponerse estes tetraedros dan as familias de silicatos.

    • Nesosilicatos: Tetraédros illados, exinten entre elescatións que compensan as cargas. Atopanos a olivina como mineral petroxenético, pero tamén granates, andalucita, distena…

    • Sorosilicatos: Os tetraedros dispóñense en parellas, sendo a epidota o máis común.

    • Ciclosilicatos: Os tetraedros forman anels de 3,4 ou 6. Inclúense minerais como turmalina e berilo.

    • Inosilicatos: Os tetraedros dispoñénse en cadeas sinxelas (piroxenos, auguita) ou dobres (anfíboles, hornblenda).

    • Filosilicatos: Formadas por láminas de tetraedros. Moscovita, biotita (micas), colinita.

    • Tectosilicatos: Os tetraedros forman redes tridimensionales. Cuarzo, feldespatos..

    silicatos

    Os silicatos son os minerais máis abundantes da codia terrestre e forman parte dos principais minerais pretroxenéticos formadores das rochas.Estes formanse na cristalización magmática seguindo a famosa serie de Bowen o nos prcesos metamórficos.

    Entre os non silicatos como calcita, caolinita, sulfuros… atópanse maioritariamente nas rochas sedimentarias.

    Minerais petroxenéticos

    • Fundamentais

      • Leucocráticos (claros, félsicos)

        • Cuarzo e derivados

        • Feldespatos: Ortoclasas (Ortosa, Microclina e Sanidina) e Plagioclasas

        • Feldespatoides: Nefelina e Leucina

        • Moscovita

      • Melanocráticos (oscuros, máficos) : Biotita, Anfibol, Piroxeno e Olivino.

    • Ascesorios: Magnetita, Olixisto, Circón, Rutilo e Granates.