• ORIENTACIÓNS DO GRUPO DE TRABALLO

    Bloque 6. Inmunoloxía

    - Concepto de inmunidade e importancia das barreiras externas para dificultar a entrada de patóxenos.
    -Inmunidade innata e específica.

    • As principais características dos dous tipos de resposta inmunitaria, destacando as diferenzas máis salientables entre elas. 
    • O papel das células fagocíticas e da resposta inflamatoria. 
    • O papel do sistema do complemento e o interferón.

    - Inmunidade humoral e celular

    • Principais características dos dous tipos de resposta inmunitaria específica. No apartado de órganos e tecidos linfoides, é suficiente facer unha breve descrición da función dos órganos primarios e secundarios, e mencionar a orixe común dás células do sistema inmunitario. Debido á complexidade das interaccións celulares que existen entre as diferentes respostas inmunitarias, é suficiente centrarse na cooperación entre células B e T. En relación coa estrutura das inmunoglobulinas, é suficiente con coñecer a xeral (non a de cada un dos subtipos)

    - Inmunidade artificial e natural, pasiva e activa

    • Diferenciar inmunidade natural e artificial, e activa e pasiva, poñendo exemplos (soros, vacinas...).

    - Fases das enfermidades infecciosas

    • É suficiente coa descrición das fases das enfermidades infecciosas, facendo fincapé nas diferenzas con outros tipos de enfermidades.

    - Principais patoloxías do sistema inmunitario. Causas e relevancia clínica.
    • Explicar os conceptos de inmunodeficiencia, hipersensibilidade e autoinmunidade, e indicar algún exemplo de cada un deles.