2º BACH (B/C) -Bioloxía- Marisa Castiñeira (25-26)
Section outline
-
ORIENTACIÓNS DO GRUPO DE TRABALLO
Bloque 4. O mundo dos microorganismos e súas aplicacións. Biotecnoloxía
− Breve referencia á clasificación dos microorganismos.
− Explicar as características estruturais e funcionais dos microorganismos, resaltando as súas relacións cos outros seres vivos, a súa función nos ciclos bioxeoquímicos, valorando as aplicacións da microbioloxía na industria alimentaria e farmacéutica e na mellora do medio natural, así como o poder patóxeno que poden ter nos seres vivos.
− Comentar brevemente o papel fundamental que desempeñan os microorganismos no recambio da materia e a enerxía na natureza (ciclos bioxeoquímicos do carbono e do nitróxeno) así como na loita contra pragas de insectos, contra as mareas negras e mais na depuración de augas residuais.
− Citar algunhas das enfermidades máis frecuentes causadas por bacterias (tuberculose, cólera, sífile e meninxite), fungos (candidiases e dermatomicoses en xeral) e virus (Herpesvirus, VIH, virus da gripe, xarampelo, rubeola). Sinalar brevemente que os microorganismos son tamén patóxenos doutras especies animais e tamén vexetais. Mencionar outros axentes infecciosos coma os prións.
− Aclarar as repercusións económicas e sociais das enfermidades causadas polos microorganismos.
− No concepto de antibiótico e modo de acción compre ser moi breve. Resaltar o problema da resistencia bacteriana aos antibióticos.