• ORIENTACIÓNS DO GRUPO DE TRABALLO

    Bloque 2. Mutación e evolución

    − Describir sinteticamente os experimentos de Mendel e interpretar os seus resultados á luz dos coñecementos actuais sobre a natureza dos xenes e o comportamento dos cromosomas na meiose. Resolver problemas de xenética prestando especial atención á nomenclatura dos xenes implicados. 
    − Comentar brevemente as principais evidencias do proceso evolutivo. 
    − Identificar as achegas dos coñecementos actuais á teoría evolucionista de Darwin. 
    − Na xenética de poboacións explicar os conceptos de poboación como unidade evolutiva e de frecuencias xénicas (non será necesaria a expresión matemática da lei de Hardy-Weinberg, nin a resolución de problemas). 
    − Deixar ben claro o concepto de selección natural. 
    − A relación das mutacións (fonte de variabilidade) coa evolución podemos resumilo como segue: mutación > cambio > adaptación > selección natural. 
    − Indicar a importancia da mutación e da recombinación como motores da evolución. 
    − Explicar brevemente os factores que incrementan a biodiversidade e a súa influencia no proceso de especiación.