• ORIENTACIÓNS DO GRUPO DE TRABALLO

    Bloque 4. Metabolismo celular

    • Encimoloxía
      • Neste apartado é importante ser capaz de analizar gráficas de cinética encimática relacionadas cos conceptos de: centro activo, saturación, inhibición competitiva, Vmax, 1/2Vmax, e Km .
      • Modelos de acción encimática.
      • Cinética encimática.
      • Mecanismos de regulación encimática.
    • O metabolismo celular. Comparación entre anabolismo e catabolismo.
      • O papel do metabolismo desde un punto de vista global. 
      • O papel do poder redutor e do ATP nos procesos metabólicos. 
      • A diferenciación dos mecanismos de síntese da materia orgánica respecto dos de degradación e os intercambios enerxéticos asociados a eles. 
      • O significado biolóxico da respiración celular indicando as diferenzas entre a vía aerobia e a anaerobia respecto da rendibilidade enerxética. 
      • Os produtos finais orixinados e o interese industrial destes últimos.
    • Catabolismo.
      • Respiración aerobia, β-oxidación dos ácidos graxos, ciclo de Krebs, cadea de transporte de electróns e fosforilación oxidativa. 
      • Respiración anaerobia. Glicólise e fermentación. 
      • Rendemento enerxético e eficiencia do metabolismo aeróbico fronte ao anaeróbico. 
      • É suficiente utilizar esquemas xerais que poñan de manifesto as diferenzas entre as dúas vías, sen necesidade de abordar aspectos concretos como a estrutura dos metabolitos ou o nome dos distintos encimas implicados nas reaccións.
    • Anabolismo.
      • Anabolismo heterótrofo, síntese de aminoácidos, proteínas e ácidos graxos.
      •  Anabolismo autótrofo, fotosíntese e quimiosíntese.
      • En relación coa fotosíntese: A diferenciación das fases da fotosíntese e a súa localización no interior da célula. A descrición da fase luminosa da fotosíntese (explicando o esquema en Z). A descrición do ciclo de Calvin. 
      • Importancia biolóxica dos principais procesos anabólicos Seguir contidos. Dentro deste apartado, é importante analizar as principais diferenzas do anabolismo en organismos autótrofos e heterótrofos.