•  

    ORIENTACIÓNS DO GRUPO DE TRABALLO

    Bloque 3. A célula. Cancro.

    -O ciclo celular: fases e mecanismos de regulación

    • Coñecer as diferenzas entre cromatina e cromosomas (en relación coa estrutura da cromatina, non é necesario coñecer as distintas subclases de histonas).
    • Coñecer o concepto de cariotipo, haploide, diploide, autosoma, cromosomas sexuais, cromosomas homólogos e cromátides.
    • Describir (brevemente) as fases do ciclo celular

    -Mitose e meiose. Significado biolóxico

    • Coñecer a importancia biolóxica da mitose e da meiose.
    • Coñecer as diferenzas entre a mitose e a meiose, recoñecendo as súas fases e os procesos que teñen lugar en cada unha de elas

    -O cancro e a súa relación co ciclo celular e as mutacións

    • Coñecer as características das células tumorais e como teñen afectado o seu ciclo celular.
    • Coñecer o papel das mutacións na orixe do cancro

    -A importancia dos estilos de vida saudables e a súa correlación co cancro

    • Mencionar hábitos de vida saudables que reducen o risco de cancro.
    • Coñecer os principais hábitos recomendables (dieta saudable, actividade física regular, supresión do consumo de tabaco e alcohol, redución da exposición ao sol e a outros axentes externos, vacinacións, revisións médicas periódicas)
    MITOSE E MEIOSE

    MITOSE 

    Debuxo Mitose

    MEIOSE 

    Profase con recombinación (sobrecruzamento, entrecruzamento, crossing-over... 

    Debuxo Meiose 1

    1ª e 2ª división meiótica: Na 1ª sepáranse cromosomas homólogos, na segunda cromátidas irmáns.

    Diuxo meiose 2

    Como resultado dunha meiose teño 4 células fillas distintas entre sí e a nai en cantidade e calidade (distinta secuencia de alelos) de ADN. 

    Son distinta pola migración ao azar dos cromosomas na 1ª división, pola recombinación, pola mutación...)

    A variabilidade das células (gametos) que xera é infinita. Non como na mitose, onde as células fillas son iguais, salvo mutación.

    Se unha célula gamética ou espora está destinada a unirse con outra, non hai dous seres iguais. (Variabilidade da reproducción sexual) 

    A  relación entre a división celular (meiose) e a xenética mendeliana, chámase, teoría cromosómica da herdanaza

    Para ler e ver