• XXI Olimpíada de Bioloxía

    Fase autonómica Galega 2026

    Cartel da XXI Olimpíada de Bioloxía

    PARTICIPANTES

    Poderá participar todo o alumnado  matriculado en 2º curso de Bacharelato durante o curso 2025-2026, en centros de educativos de Galicia de calquera titularidade, e que sexan seleccionados segundo os criterios indicados nas bases.

    • Fase previa telemática, o venres 23 de xaneiro de 2026 (de 12:00 a 14:00
      horas)
    • Fase presencial, o venres, 6 de febreiro de 2026, na Facultade de
      Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela

    Inscrición

    Exámenes anteriores

    Resumo no blog Laboratorio de Ciencias da 2025

    • -Para os/as docentes interesados/as, podedes contactar con nos o día da
      proba vía WhatsApp, abriremos un grupo para os/as interesados/as. NON se
      contestarán consultas vía chamada telefónica. WhatsApp do COBGA
      981531440. Enlace ao grupo
      https://chat.whatsapp.com/FpP9PKUUPI9IBr8WH8UXjG
      - Mañá martes 20 de xaneiro, enviaremos ao alumnado un correo de proba
      cun mensaxe de benvida, para ver que todo é correcto.
      - O día da proba, coa suficiente antelación, remitiremos outro correo
      aos/ás alumnos/as co link ao formulario de google. Para rexistrarse
      usarán o usuario: 4 derradeiros díxitos do documento de identidade,
      incluida a letra no caso do DNI, por exemplo 111X, salvo algun caso de
      coincidencia nos díxitos, nese caso son as 4 derradeiras cifras
      numéricas, por exemplo 1111.
      - Ás 11:55 do venres 23, por correo aos/ás DOCENTES enviaremos a
      contrasinal que permite empezar a proba. Para maior seguridade
      publicarémola no grupo de WhatsApp.
      - A proba, independentemente da hora de chegada, dará comenzo non antes
      das 12:00 h (salvo posibles dificultades técnicas que a retrasen)
      - A proba consistirá nun examen tipo test de 100 preguntas, cunha única
      opción correcta (de xeito similar ás probas dos anos anteriores). Que
      teñan en conta que as preguntas estarán en orde aleatorio. Ás preguntas
      incorrectas restan. Se non se quere contestar elíxese "en branco" esta
      non desconta.
      - IMPORTANTE: ao finalizar a proba o/a alumno/a ten que clicar en
      ENVIAR, se o formulario se pecha e non o fixo, NON se garda. Pódese
      mover de adiante a atrás en calquera momento antes de ENVIAR.
      A proba se debe realizar nunha aula baixo a supervisión dun docente
      (como se fose unha do propio centro, calquer incumprimento poderá ser
      motivo de exclusión ) e cunha webcam dirixida AO CONXUNTO do alumnado
      (NON SE GRABARÁ)e sen mais material que o permitido (utensilios de
      escritura e, no seu caso,de calculadoras non programables).
      Recibirás un mail (vía webex, coa invitación a conexión da
      videoconferencia). O micro debe estar ON, e o altofalante do ordenador OFF.
      - Os resultados daremolos o mércores 28 de xaneiro de 2026.