• Entrega aquí todos os traballos que teñas da 3ª ava.

    ELEXIR UN TRABALLO

    • Traballo  vídeo. 
      • Podedes traballar en parella ou individual.
      • Realizar un vídeo (duración máxima 3 minutos.)
      • Os temas teñen que ser relacionados cos vistos: podes exlicar un tema xeral, podes contar algo máis particular...
      • Presentarvos, con o nome, curso e do IES Rafael Dieste.
      • Despedirvos: agradecementos, bibliografía... 
      • Podedes saír explicando ou poñer imaxes, debuxos...
      • A edicción conta para nota (pegar, cortar, poñer música, títulos... ), tamén que o texto sexa orixinal (resumido por vós non lido
      • Programas para edición de vídeo.

    Tedes aquí información por se o queredes presentar a este concurso, Ciencia Clip, e aínda que non o presentedes, moitos exemplos de vídeos de chavales de instituto. Tamém na aula de Club de Ciencias. 

    • Un podcast. Podedes utilizar a sala de radio, hai Audacity. Preguntádeme.
      • Podedes traballar en parella ou individual.
      • Grava sempre en Mp3
      • Realizar un audio (duración máxima 5 minutos.)
      • Os temas teñen que ser relacionados cos vistos: podes exlicar un tema xeral, podes contar algo máis particular...
      • Presentarvos, con o nome do IES Rafael Dieste.
      • Despedirvos: agradecementos, bibliografía... 
      • A edicción conta para nota (pegar, cortar, poñer música, textos... ), tamén que o texto sexa orixinal (resumido por vós non lido) 
      • Programas para edición de audio:
    • Traballos de infografías, trípticos...Con programas ou debuxos orixinais.
      •  Individual.
      • Os temas teñen que ser relacionados cos vistos: podes exlicar un tema xeral, podes contar algo máis particular...
      • Podedes facer trípticos con bio e traballo dos conferenciantes escoitados.
      • Título e nome (ao final)

    Infografía de Diana Pastoriza sobre conferencia de Microbioblog Infografía de Diana Pastoriza sobre conferencia

    Se o arquivo non cabe ou tes que engadir algo; engade un PDF presentando o traballo, có enlace debidamente. Pon: título, compoñentes do grupo, bibliografía (Da bibliografía eu podo saber ata que punto é orixinal ou simplemente ledes ou copiades.) ... e noméalo adecuadamente. Tamén entrega PDF se non dis fontes ou bibliografía.

    Exemplo: Cáncer_vídeo_1ºBacA_Castiñeira_Marisa