• XVII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA: FASE GALEGA
    • Olimpíada xeoloxía 2026_cartaz

      Un ano máis lanzamos a convocatoria para participar na Fase Galega da Olimpíada de Xeoloxía, desta volta xa a edición XVII. Celebrarase o día 4 de febreiro de 2026 de forma simultánea en catro sedes: Xeoparque de Cabo Ortegal,  Casa da Cultura de Valdoviño, Monforte, Santiago e Vigo. O prazo para a inscrición estará aberto entre o 19 de novembro e o 19 de decembro de 2025. Tendes á vosa disposición un formulario google para formalizala ó final desta entrada.

      A XVII Olimpíada de Xeoloxía é una actividade convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.

      Resumo no blog Laboratorio de Ciencias

    • As probas terán lugar o mércores 4 de febreiro de 2026 entre as 10:30 h e as 18:30 h

      Alumnado participante:

      4º ESO C: 

      4º ESO D:

      Sede da proba: Casa da Cultura de Valdoviño

      Programa:
      10:30. Recepción de participantes na Casa da Cultura.
      11:00-13:00. Proba práctica (Xincana Xeolóxica). Esta proba realizarase en grupos de 3 ou 4 participantes.
      13:15 - 14:15. Proba tipo test.
      14:30-15:30. Xantar. Tipo pícnic (ao longo da semana concretarase máis)
      15:30-17:30. Saída de campo guiada para coñecer puntos de interese xeolóxico do Xeoparque de Cabo Ortegal.
      17:30-18:15. Entrega de diplomas e premios ao alumnado que obteña as mellores cualificacións. As distintas categorías de premios poden ser consultadas na web de AEPECT Galicia.
      18:15. Peche da xornada.

      3. DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS:

      • Proba teórica de 40 preguntas tipo test.
      • Proba práctica, por equipos.

      4. PREMIOS:

      Cada sede concederá diploma acreditativo e algún material relacionado co estudo da xeoloxía a:

      • Campión/oa
      • 2ª e 3ª persoas clasificadas
      • Accésit 4º ESO
      • Mellor grupo

      As persoas que acaden a máxima cualificación en cada sede pasarán á Fase Española, que se levará a cabo 5 de abril en Tremp (Lleida). A organización garante a asistencia a esta, do grupo de gañadores/as de Galicia, cos gastos pagados e contando cunha persoa acompañante. Se se superan os 50 participantes por sede, irá tamén a 2ª persoa clasificada por esa sede e se se superan os 100 iría a 3ª.  

      É de destacar, ademais, que o alumnado que curse 2º de Bacharelato poderá optar ás bolsas que as universidades galegas conceden para as persoas premiadas nas olimpíadas científicas.

      Material que os participantes deben levarCalculadoratransportador de ánguloscompás (brújula, en castelán) e regra para a proba práctica (un por grupo é suficiente); Bolígrafo para a proba práctica e a teórica. Recoméndase levar zapato cómodoropa de abrigo e paraugas (aínda que esperamos non necesitalo) xa que a xincana terá lugar fóra do IES.