Curso: Club de Ciencias Ángeles Alvariño 2021-22 (Marisa Castiñeira) | AV


  • Descubre más cosas sobre Ángeles Alvariño aquí

  • 1 2 3 4 5 6
    • Experimentos a realizar

       


    • Conferencia Jocelyn Bell

      Cartel Conferencia Jocelyn Bell

      O 21 de outubro de 2021 a astrofísica Jocelyn Bell impartiu unha conferencia no Teatro Colón da Coruña sobre a orixe dos elementos do que está feito o Universo, e por tanto todos os seres vivos que que nel están: We are made of star stuff

      A actividade estaba asociada ao XXIV Congreso Estatal de Astronomía

      • En versión orixinal en inglés, aquí.
      • Con tradución simultánea ao español e tradución a linguaxe de signos, aquí.


    • Jocelyn Bell (bio)

      Jocelyn Bell Burnell naceu nun pobo de Belfast, Irlanda do Norte (1943). Os seus pais, cuáqueros e moi cultos, sempre transmitiron á súa filla a paixón polo coñecemento, apoiando os seus estudos en ciencia en tempos onde as nenas eran educadas nos labores domésticos.
       Cando creceu estudou unha licenciatura en física na Universidade de Glasgow e ao terminar logrou que a aceptasen na Universidade de Cambridge, unha das máis importantes de Inglaterra, onde se sentiu insegura (síndrome do impostor). Alí fixo un doutoramento baixo a asesoría dun famoso astrónomo chamado Antony Hewish.

      Jocelyn Bell antena

      Jocelyn Bell en 1968, no Observatorio Mullard de Radioastronomía da Universidade de Cambridge, onde 
      detectou por primera vez a señal dun púlsar no verán de 1967

      Ao acabar o doutoramento comezou a traballar en radiotelescopios para estudar os cuásares. Os cuásares son fenómenos astronómicos que xorden cando un gran buraco negro, situado no centro dunha galaxia, comeza a absorber a materia que está na súa proximidade. Cando isto sucede, créase unha gran cantidade de enerxía que se libera en forma de ondas de luz e de radio. Son os obxectos máis brillantes do Universo. Nos anos sesenta descubriuse que eran obxectos moi afastados da Terra.

      En 1969 analizando sinais dos radiotelescopios atopou uns sinais débiles pero moi regulares, como un pulso. Nun primeiro momento, os investigadores pensaron que a súa orixe podería estar relacionada cunha civilización alieníxena, un pouco en broma chamaban ao sinal LGM ( Little Green Men), pero atopou máis e máis sinais e deuse conta que atopara outro tipo de estrela.
       Despois dun tempo viu que este tipo de estrelas que atopou, emiten un forte sinal de radio nunha soa dirección e rotan a altísimas velocidades. Jocelyn Bell pensara chamar a estes novos obxectos co  rechamante nome de “estrelas radiantes pulsantes”, pero un xornalista científico que a entrevistou propuxo simplificar o nome e chamalas “ púlsares”.
       Podemos pensar nos púlsares como faros cósmicos. Do mesmo xeito que os buracos negros, os púlsares nacen cando unha estrela morre. 

      O descubrimento foi tan importante, que mereceu un premio nobel en 1974. Lamentablemente, este premio non se lle outorgou a Jocelyn Bell, senón ao seu asesor, Anthony Hewish.
      Por aquel tempo, como di Jocelyn, non se tomaba moi en serio o traballo dos novos doutorandos e menos se eran mulleres.

       A pesar de non gañar o Nobel, é unha das científicas máis influentes do Reino Unido e recibiu outros galardóns. Entre eles, a medalla Herschel da Real Sociedade Británica de Astronomía en 1989 polo seu descubrimento dos púlsares ou a medalla de Ouro do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en xuño de 2015… Actualmente é profesora visitante na Universidade de Oxford.

       En 2018 gañou o Breakthrough Prize, que en español se podería traducir como “o premio aos grandes descubrimentos da ciencia”, un premio de tres millóns de dólares, e decidiu doar a maior parte do premio a mulleres provenientes de distintas minorías, que teñan un gran desexo de converterse en científicas.

      Jocelyn Bell libro

      Ademais de ser unha apaixonada científica a Jocelyn Bell tamén lle apaixona a poesía, principalmente con temas astronómicos. Poemas como este de a escritora Adrienne Rich, cuxa derradeira estrofa di o seguinte:

      Estiven parada toda a miña vida

      na verea que me leva a unha orquestra de sinais

      a máis exacta transmitía a maioría

      das linguaxes intraducibles do universo.

      Son unha nube galáctica tan profunda

      que unha onda de luz podería tardar 16

      anos en viaxar a través de min. E

      tomoume como instrumento na forma

      dunha muller tratando de traducir as pulsacións

      en imaxes para alivio do corpo

      e a reconstrución da mente.

       Seguiu coleccionando poemas ata que tivo suficientes para publicalos nunha antoloxía chamada Materia obscura: poemas do espazo (Dark Matter: Poems of Space).

      Jocelyn Bell darkmatter

      No Club de Ciencia fixemos un tríptico ca biografía de Jocelyn, para dar a coñocer aos nosos compañeiros a labor desta magnífica astrosísica.

      Foto tríptico bio Jocelyn Bell

      Nos participaramos con algunhas preguntas nun vídeo feito polos Museos Científicos Coruñeses dunha entrevista a Jocelyn conducida pola Astrofísica Ana Ulla, para o Congreso Estatal de Astronomía.

      Cartel Preguntas para Jocelyn

      Tedes aquí unha entrada no Blog coas preguntas e o vídeo.

      Algún destes rapaces asistimos a conferencia e achegámoslle algún agasallo de agradecemento pola súa divulgación e comprommiso por unha ciencia por e para todos. Foi un honor e un pracer escoitala e falar un anaco con ela. Alex Pita foi valente -e listo :)- e animouse a facerlle algunha pregunta.

      Aquí os deixamos algunha foto, non son moi boas, pero paga a pena como recordo.



    • #11F DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


      Na actualidade, as mulleres e nenas atopan barreiras de moitos tipos, ás veces moi sutís, que dificultan a súa presenza na ciencia. O 15 de decembro de 2015 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 11 de febreiro “Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia“, convidando a que se organizasen actividades de educación e sensibilización pública que axudasen a logar unha maior participación e progreso das mulleres e as nenas na ciencia.

      En setembro de 2016 un grupo de persoas do ámbito científico, de forma completamente voluntaria e sen ánimo de lucro, lanzaron a Iniciativa 11 de Febreiro. Coa iniciativa queren recoller un montón de actividades que conmemoren o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que axuden a visibilizar o traballo das científicas, a crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e a tecnoloxía e que promovan prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico-tecnolóxico. A iniciativa realízase en toda España.

      Na semana do 7 ao 11 de febreiro 2022
      No IES Rafael Dieste tivemos as seguintes actividades para celebrar o #11F 

      #YoFísicaEnComic

      poster-yofisicaencomic

      Outro ano máis , e xa van tres, o Instituto de Física Teórica UAM_CSIC lanza un reto co fin de visivilizar ás mulleres na física e sexan referentes para que a esas nenas que lle guste a física non teñan medo a escoller esta preciosa carreira na que hoxe ten a maioria de homes nas aulas. Porque son a moitas a quen lle gusta a física #YoFísica.

      Este ano propoñían facer unha viaxe a través do mundo da física, guiada por un bo número de físicas ilustres. Desde os buracos negros ata as partículas elementas, cada científica iba contándonos cal era o seu traballo. Ca información recollida, aquí, o reto consistiría en facer unha viñeta, debuxo, mural… e con estes elaborarían un vídeo.

      O IES Rafael Dieste participou cos debuxos de Arlinda Lopes e Alizée Camposano (1º de BAC de Cultura Científica)

      Dibujo Yo física en Cómic Arlinda Lopes
      Andrea Ghez de Arlinda Lopes
      Belén Gavela de Alizée Camposano

      O vídeo resumen de #YoFísicaEnCómic na canle de Youtube e podedes descargar o libro dixital e o póster con TODAS as marabillosas contribucións na galería.


    • Camiseta Yo física
      Fotos yo física

      Como agradacemento pola participación, además do vídeo e Pdf, as alumnas recibiron unha preciosa camiseta que, sorpresa!, chegou ao instituto este mesmo día.


    • El Enigma Agustina 

      Foto cartel el Enigma Agustina

      Sinopse

      Madrid, 1980. Nas obras de remodelación do Palacio del Pardo, oculto tras un falso teito, aparece un baúl cheo de obxectos e documentos que non gardan ningunha relación aparente entre si: fotos antigas, discos de lousa, programas de man dun espectáculo de copla dos anos vinte, cartas, artigos científicos e unha tese doutoral. Sen que ninguén lles preste especial atención, devandito arcón e o seu contido é almacenado e esquecido durante anos. Granada, 2015. Unha estudante de doutoramento de Historia de España Contemporánea ponse en contacto cun divulgador científico para que lle axude co enigma ante o que se atopa. No transcurso da súa tese sobre Blas Cabrera, a historiadora localizou o baúl do Pardo. Entre todos os documentos, atópase unha tese doutoral en físicas dirixida por Blas Cabrera a unha tal “Agustina Ruiz Dupont”, ademais dunhas cartas firmadas por Albert Einstein e Marie Curie onde se menciona o nome de Agustina, e varias fotos nas que unha misteriosa muller – da que non se ten ningunha referencia histórica – aparece rodeada de toda a elite científica europea de principios do século XX…

      Nace así o enigma Agustina

      Este ano tamén visualizamos a película no curso de 1º Bac de Cultura Científica. Fixemos este cuestionario e comentamos na clase moitas das situacións, personaxes e aspectos científicos e non científicos dos que trataba.

      Alizée Camposano e Alejandra Gabela fixeron un marabilloso vídeo resumen-comentario da película, que esperamos nos deixen colgar aquí algún día 

      As fotos na clase. Os protagonistas felicitaron a Alejandra e Alizée polo seu traballo, que lles pareceu estupendo!!

      Foto Enigma Agustina na clase
      oto Enigma Agustina na clase
      oto Enigma Agustina na clase
      Foto Enigma Agustina na clase
      Foto Enigma Agustina na clase


    • #Coñéceas – ASEICA

      Con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia a Asociación Española de Investigación sobre o Cáncer (ASEICA) organizadou esta iniciativa para dar a coñecer as científicas que están detrás da bata.

      Fotos cartel Coñéceas

      “O noso obxectivo é que as alumnas e alumnos descubran ás mulleres que investigan para facer fronte ao cancro: como son, como empezaron, como orientaron a súa carreira, e como chegaron a ser grandes investigadoras punteiras nos seus campos”, destaca Marisol Soengas, vicepresidenta de ASEICA e promotora desta iniciativa

      Fotos cartel Coñéceas

      Son moitas as mulleres que traballan nesta investigación, e ASEICAmuller quere presentar a todas e cada unha nos colexios e institutos de toda España.

      Fotos cartel Coñéceas
      Páxina de Coñéceas.

      No noso instituto recibimos o día 8 de febreiro a Amanda Guitián Caamaño (INIBIC), que falou ao alumnado de 1º Bac de Bioloxía e Xeoloxía, do melanoma, un dos cancros de pel máis perigosos extendidos. Pero contounos ademais outras cousas; como había chegado ata aquí, as súas ilusións, os seu plans futuros… Aos rapaces encantoulles, preguntáronlle un montón de cousas, sobre todo da porqué e como chegara a ser científica.

      Fotos cartel Coñéceas

      Nada mellor que os comentarios das rapazas e rapaces para ver o entusiasmo que espertou.

      A charla gustoume moito e foi moi entretida como chegou ao grupo Cellcom e é un gran exemplo de como facer unha vez rematado o bachiller e non podes facer o que deseas . Román Alemparte 

      En la charla la joven investigadora nos ha contado como es la vida detrás de una científica y nos ha alentado a luchar por nuestros sueños por difíciles que parezcan. La principal intención de la charla ha sido cambiar la perspectiva que tenemos los jóvenes hacia la ciencia, que solemos mitificarla y tenerla por un arte de sabios, cuando lo cierto es que está al alcance de todos. En conclusión, la intención principal de la charla era ver desde un punto de vista mas familiar y cercano el mundo de la ciencia, animándonos a seguir por ese camino si así lo deseamos. “Si yo puedo, tu puedes” . Álvaro Azpeitia 

      Foi unha charla moi inspiradora e interesante. Aprendín moitas cousas novas sobre a ciencia e sobre como tomar decisións na miña vida. Irene Cabañas 

      A verdade é que foi unha charla espectacular, Amanda logrou empatizar con cada un de nós, reclamando a nosa atención en cada momento e palabra que dicía. Personalmente, levo dubidando se adicarme á investigación moito tempo, no campo da bioquímica, e xusto falou diso tamén. Foi maravillosa, e a mensaxe de que non tes que ser un xenio para ser un bo investigador, e que todo contribúe enormemente á ciencia, gañoume por completo. Bruno Carou 

      Esta charla a verdade e que estivo moi ben, foi moi entretenida e ademáis, inspiradora xa que esta científica e investigadora, polo menos para min xa que conseguiu transmitir toda a paixón que sente polo seu traballo e iso a verdade e que me gustou moito e axudoume a decidir que de verdade quero adicarme a algo relacionado coa bioloxía, co campo da investigación. Alexandra Confalone 

      Ademais ensinounos as cousas positivas de traballar na ciencia como pode ser: viaxar, grazas a congresos, traballar noutras cidades ou estancias internacionais; coñecer xente cia que compartes moitos gustos; aprendes a saír da túa zona de confort, xa que tes que facer charlas, ir a programas de radio e incluso saír na televisión; e por último isto axúdate a coñecerte mellor a ti mesmo e a construirte coma persoa. Na miña opinión, a charla pareceume moi interesante, xa facía tempo que non daban unha charla que de verdade me interesase. Explicou bastante ben como é o seu traballo e respondeu a todas as nosas dúbidas. Ademais, fíxonos entender que se queres algo de verdade tes que loitar por conseguilo ao igual que ela con traballar de investigadora. Foi a mellor charla á que asistín ata agora. Antía Díaz

      Outras fíxeron infografías-debuxos, resumo da charla.

      Foto do dibuxo Coñéceas Alizée
      Foto do dibuxo Coñéceas Sofía
      Foto do dibuxo Coñéceas Antía
      Foto do dibuxo Coñéceas Marna

      A xornada foi estupenda!

      Foto grupo Coñéceas 2022

    • Semana Cultural no Rafael Dieste: A Saúde

      Desde o Club de Ciencias impulsamos varios temas de cara a semana cultural.

      Para os de 1º de ESO onde se traballa o tema de microorganismos no curso, os alumnos fixeron maquetas e debuxos dos microorganismos relevantes na nosa saúde, con explicacións das principais características destes e a enfermidade ou beneficio que conleva.

      Microorganismos 3 1º ESO

      Microorganismos 1º ESO

      Microorganismos 2 1º ESO

      Microorganismos 4 1º ESO

      En 1º de bacharelato tratamos o tema das pseudoterapias, mitos alimentarios e outras pseudociencias.

      Son moitas as terapias que se aplican sen evidencia. O perigo destas es que substitúan o retrasen aplicación das validadas pola ciencia, podendo agravar a enfermidade ou mesmo acabando nun fatal desenlace. Houbo posters sobre homeopatía, osteopatía, quiropráctica, poder dos minerais…

      Tamén traballamos os mitos nos alimentos: desde os iogures con Lactobacillos singulares e todopoderosos, iogures sen lactosa, e outros produtos con vitaminas engadidas, veganos, sen parabenos, orgánicos, naturais, bio… Unha alimentación sana e equilibrada (salvo enfermidade) xa nos prové de todos estes micronutrintes, que como a palabra di, con pequena cantidade, chega, e se tomamos a maiores, non melloramos, mesmo, como as vitaminas liposolubles poden acumularse e provocar enfermidades por hipervitaminose.

      A cloración da auga, os aditivos e conservantes salvan moitas vidas, onde antes moríase de cólera, botulismo… agora a química danos boas solucións para que esto non ocurra.

      O espectro electromagnético, noutra seción, explicaba ben porque non temos que ter medo as radiacións dos móbiles, wifi, antenas… e si, as do sol, o cal, sendo necesario para a síntese de vitamina D, hai que tomalo con “sentidiño” (proteción solar, e non en horas de máxima radiación). Ás cabinas de u.v. si hai que terlles medo.

      Colocar como reclamo, aos nosos traballo-cartel, produtos e cachivalles varios fixo que moitos se achegasen a ollar, e algo terminaban lendo ou escoitaban as nosas explicacións.

      Pseudociencias y mitos alimentarios foto 1

      Pseudociencias y mitos alimentarios foto 2

      Pseudociencias y mitos alimentarios foto 3

      Pseudociencias y mitos alimentarios foto 4

      Pseudociencias y mitos alimentarios foto 5


      No enlace ao Blog "Laboratrio de Ciencias", hai máis fotos e información 


    • As nosas Artemias 

      Suministradas por Alfredo do Aquarium Finisterrae – Museos Científicos Coruñeses, estudiamos e coidamos, coñecendo ben as fases do seu ciclo: cistes, larva nauplios, formas xuvenís e machos e femias adultos. A Artemia salina é un crustáceo braquiópodo moi resistente a distintas salinidades e temperaturas.
      Ciclo da Artemia

      Ten un gran número de segmentos no corpo e posúe unha serie de apéndices (toracópodos), na parte anterior-lateral que remata na furca (cola) caudal. Teñen anténulas filiformes. 

      Partes dun adulto (femia)

      Teñen unha gran diferenciación sexual (dimorfismo sexual). A medida que crece, as antenas dos machos transformanse en abrazadeiras musculosas, que servirán para a cópula. As antenas das fémias son máis pequenas, e estas alcadan un maior tamaño.

      Macho cas pinzas

      Aparato reproductor: no macho de Artemia presentase cun par de testículos alongados, dispostos ao longo dos catro primeros segmentos abdominales, estes conectanse a un par de hemipenes. As femias presentan un par de ovarios na mesma posición na que os machos ubican os testículos. As gónadas das femias comunicanse cun útero impar, contido co ovisaco. Na rexión anteroventral do ovisaco atópanse un par de glándulas especializadas chamadas “glándulas da cáscara” pois son as responsables da producción do corion (cáscara quística), durante o modo reproductivo ovovivíparo.

      O tipo de reproducción: en condicións idóneas, as súas crías nacen vivas, os ovos desenvólvense no interior da nai (reproducción vivípara). A altas salinidades e condicións adversas (altas temperaturas), a Artemia forma os quistes (cystes) (ovípera)

      O comportamento pre-copulativo: o macho abraza a femia cas pinzas, nadando xuntos. A femia presenta na rexión abdominal unhas “bolsiñas” onde desenvolven os ovos.

      Parella fecundando

      Alimentación: Son animales filtradores e adquiren o alimentos mentras “reman” cos seus braciños. Nos alimentámolas con Tetraselmis, tamén de cepas cedidas polo Acuarium Finisterrae.

      Máis fotos no Blog Laboratorio de Ciencias 


    • Cámara de néboa

      A coordinadora do Cub de Ciencias asistiu a un taller teórico-práctico para profesores realizado no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). Alí ensináronlle os fundamentos e o funcionamento básico destes detectores de partículas. Cada profesor montou dende cero o seu propio aparello, valorado nuns 800 euros, grazas aos materiais que lles proporcionou o propio IGFAE.

      Construindo cámara de néboa  Cámara de néboa no instituto

      A Terra chegan continuamente radiaccións de alta enerxía. Estas son partículas, e nos queremos detectalas na cámara de néboa.

      A versión caseira da cámara de néboa non é máis que un acuario
      hermeticamente pechado, chea de aire e vapor de alcol e cuxo fondo
      está moi frío, pero que permite detectar partículas cargadas de
      suficiente enerxía, particularmente os muones dos raios cósmicos. Se
      a observación de trazas de partículas na cámara de néboa preséntase
      de forma adecuada avánzase moito no camiño de convencerse de
      que “as partículas existen” (Fancisco Barradas & Paloma
      Alameda)

      As partículas moi enerxéticas, pións, chega da Galaxia e do espacio intergaláctico. Ao chocar con núcleos da atmósfera, descompóñense en partículas de menor enerxía; en muóns e neutrinos, que son os que imos detecta nunha cámara de néboa.

      Infografía. Francisco Barradas Solas y Paloma Alameda Meléndez

      O paso de partículas cargadas de suficiente enerxía que atravesan a cámara (muóns dos raios cósmicos secundarios, por exemplo) dá lugar a ións que actúan como núcleos de condensación sobre os que crecen as pingas de alcol. Así se forman ronseis de néboa (de alcol), moi parecidas ás dos avións, ao longo das traxectorias das partículas.

      Algunha foto da nosa cámara funcionando, atrapando muóns ?

      Cámara de néboa traza muón


    • Taller de podcast con Manuel Vicente @efervescencia

      Os martes 5 de abril e 31 de maio tivemos dous talleres para aprender un pouco como facer un podcast.

      Foron impartidos por Manuel Vicente.

      Manuel Vicente

      Manuel Vicente @efervesciencia

      Manuel é omunicador de ciencia. O seu proxecto personal Efervesciencia, é un programa de divulgación científica que se emite na Radio Galega desde 2006. Antes da radio entrase na súa vida, completou una tese en química e un máster en comunicación científica. Forma parte do equipo de Regueifas de CienciaEEEP-Compostela e da xunta directiva de Divulgacción. Participa e dirixe os programas de Éche así e Aquelando da CRTVG.

      Manuel falounos da forza da oralidade; a radio, o podcast pode narrar moi ben as historias, porque contar historias é do que se trata cando queres transmitir algo. Tamén explicounos como estruturar o podcast, que elementon poderíamos engadir: entradillas, música, sonidos, e algunha cousiña a nivel técnico para que o noso audio quede niquelado 

      O alumnado participante foi o do club de Ciencias e algún alumno máis de 1º de bacharelato.

      As fotos en Laboratorio de Ciencia 




    • Medir a Terra cun pau 

      Imos tentar reproducir o famoso cálculo de Eratóstenes.

      Eratóstenes de Cirene, (grego antigo Ἐρατοσθένης, Eratosthénēs)(Cirene, 276 a. C.1 -Alejandría, 194 a. C.) foi un matemático, astrónomo e xeógrafo grego de orixen cirenaico.

      Nesta páxina de Erathostenes Experiment hai información de quen era Eratóstenes e moitos recursos que te axudarán a comprender o experimento.

      Tes neste libro de A que altura está o ceo? de Jorge Mira unha boa explicación do experimento.

      Foto do libro de Jorge Mira do experimento de Eratóstenes


      Aquí o famoso divulgador científico Carl Sagan explícache "in situ" o experimento . 

    • y aquí un vídeo de Javier Santaolalla onde lle ve as posiilidades a un pau selfie :) 
    • Neste outro, onde apréndese ben a facer os cálculos de Eratóstenes

      Experimento Eratóstenes 1  Experimento Eratóstenes 2

    • Medir a Terra cun pau

    • Ademáis, como todos os anos, gústounos de facer a nosa extracción de ADN, iogurt, ter plantas, mofos, bichos… e os nosos libros. E non faltou a festa final !!

      Foto extracción ADN Foto extracción ADN 2

      ciclos de animales   columna densidad en laboratorio

      láminas aulas hospitalarias  laboratorio Ciencias
      planta faba  Araña

      Grupo final Club de ciencias