ACTIVIDADES
Curso: Club de Ciencias Ángeles Alvariño 2020-21 (Marisa Castiñeira), Section: ACTIVIDADES | AV
-

Descubre más cosas sobre Ángeles Alvariño aquí
-
-
Videoconferencias do Mes da Ciencia en Galego de Sonia Villapol Salgado.
“Só a ciencia nos rescatará da pandemia”
16 novembro 12:30-14:00
Alumnado de 4º ESO IES Rafael Dieste

Sonia Villapol Salgado Coñecer o coronavirus para vencelo. Nos últimos meses atopámonos inmersos nunha pandemia e todo cambiou de súpeto. En todo o mundo, o novo coronavirus que causa a famosa enfermidade do coronavirus do 2019 (COVID-19) expándese e apaga vidas. O SARS-CoV-2 chegou sen moito aviso e levamos aprendendo pouco a pouco como se transmite, como infecta e como podemos controlalo ou eliminalo. As vacinas son a única ferramenta para unha inmunidade colectiva e, mentres agardamos por elas, temos que aprender a protexernos e protexer, especialmente ás persoas máis vulnerables. Só coa investigación científica imos saír desta, todos e todas a unha. Nunca antes se fixeran tantos avances científicos contra unha enfermidade en tan pouco tempo. Hai que seguir a traballar ata dar cos mellores tratamentos e vacinas eficaces e seguras, mais debemos estar certos de que, unha vez máis, a ciencia será quen nos rescate.
Investigadora no Texas Medical Center(Houston, EEUU), forma parte do equipo de investigación internacional da COVID-19, científica no Centro Médico de Texas (Houston, EE.UU.), forma parte do Equipo de Investigación Internacional da COVID-19 (COV-irt.org)
Destacamos especialmente, a súa capacidade para compartir o seu saber, pois participa en numerosas actividades de divulgación científica no ámbito educativo e cultural. https://www.villapol-lab.com/
Esta conferencia está entre as actividades realizadas en
O dereito a gozar da ciencia en galego: Ano da saúde e das infeccións.
12.45-13.00. Inauguración coa intervención de: Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Manuel Díaz Regueiro, presidente de Igaciencia, Inés Ben González, secretaria de Igaciencia e Sonia Villapol Salgado, neurocientífica.
13.00 – 13.45. Conferencia.
13.45-14.00 aprox. contestación de preguntas recibidas a través do chat.
As nosas preguntas:
- A inversión en ciencia ten que vir desde o eido público ou as compañías privadas teñen moito que aportar? Ten que haber implicación do sector privado?
- Hai neurociencia en Galicia?
- Como chegaste ir a Houston? Fuches porque querías estudar algo concreto alí?
- Hai complicacións neurolóxicas do SARS-CoV-2 no sistema nervioso? Hay estudos de isto?
- As vacinas:
- Como se poden acortar tanto as fase clínicas?
- Hay seguridade nas tecnoloxías? Máis nunhas que outras? (ADN, ARN, virus atenuado)
- As vacinas en fases clínicas próbanse cun número heteroxéneo de xente: Pobacións mundiais, distintos tipos de persoas (xenotipos),…?
- Hai covid-persistentes? (non secuelas de haber estado con respirador ou…) Algún estudo?
Aquí deixamos algunhas fotos.

-
#PreguntasParaJocelyn

No eido do XXIV Congreso CEA,
Congreso Estatal de Astronomía, organizado pola Agrupación Astronómica Ío, que se ía a celebrar na Coruña do 4 ao 7 de decembro de 2020, estaría a extraordinaria astrónoma Jocelyn Bell.
A pandemia aplazou o congreso, pero fixose unha convocatoria de enviar #preguntasParaJocelyn, que a organización faría chegar para realizar un vídeo e non perder a oportunidade de escoitar a Jocelyn.
Johana Osayande e Alex Pita de 1º ESO D animáronse a facer as súas preguntas, os deixamos o vídeo.
Tamén engadimos os audios orixinais en inglés que debido ao tipo de formato finalmente utilizado non se transcribiron.
Pero a profa agradece moi moito o esforzo.
Johana Osayande: Ola son Johana, encantada de coñecerte, Jocelyn. Por que decidiches dedicarte a este duro traballo? Se non te dedicaras a esto que estarías facendo hoxe?

Alex Pita: Ola, chámome Alex, son do IES Rafael Dieste, a miña pregunta é se os púsares morren como as outras estrelas ou viven para sempre.

Jocelyn Bell. Biografías
- Jocelyn Bell Burnell, la mujer que descubrió los púlsares …
- El universo de Jocelyn Bell Burnell – Mujeres con ciencia
- Jocelyn Bell Burnell – Wikipedia, a enciclopedia libre – Galipedia

Coñécea aquí We are made of star stuff: Jocelyn Bell Burnell at TEDxVienna
Aquí deixámosvos o vídeo da conversa Conversación coa astrofísica Jocelyn Bell, descubridora dos púlsares, organizada pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, dentro do XXIV Congreso Estatal de Astronomía. O diálogo, conducido pola astrofísica Ana Ulla, da Universidade de Vigo, tamén expón as preguntas que formularon diversas persoas de toda España a través das redes sociais. (Vídeo Museos Coruñeses & Asociación Astronómica Ío)
Conversación con Jocelyn Bell (con subtítulos en gallego y castellano)
-
-
SEMANA #11F “Día Internacional da muller e a nena na Ciencia”
“Na actualidade, as mulleres e nenas atopan barreiras de moitos tipos, ás veces moi sutís, que dificultan a súa presenza na ciencia. O 15 de decembro de 2015 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 11 de febreiro “Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia“, convidando a que se organizasen actividades de educación e sensibilización pública que axudasen a logar unha maior participación e progreso das mulleres e as nenas na ciencia.
En setembro de 2016 un grupo de persoas do ámbito científico, de forma completamente voluntaria e sen ánimo de lucro, lanzamos a Iniciativa 11 de Febreiro. Coa iniciativa queremos encher as axendas de actividades que conmemoren o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que axuden a visibilizar o traballo das científicas, a crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e a tecnoloxía e que promovan prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico-tecnolóxico. A iniciativa realízase en toda España.” Iniciativa 11F
No IES Rafael Dieste teremos as seguintes actividades para celebrar o #11F

Cartel 11F IES Rafael Dieste
-
Coñéceas

“Coñéceas” é unha actividade en directo que ten como principal obxectivo dar visibilidade ás científicas que investigan en cancro, dunha forma dinámica e interactiva. O noso obxectivo é que se coñezan ás “mulleres detrás de bata”: como son, como empezaron, como orientaron a súa carreira, e como chegaron a ser grandes investigadoras punteiras nos seus campos. A través desta acción queremos animar ao alumnado, e en particular, ás nenas e novas, a que se interesen por a Ciencia, precisamente con a oportunidade de falar e preguntar a directamente a estas ‘detectives do cancro’
A iniciativa está promovida por ASEICA-MUJER
A actividade desenvolveuse o 8 de Febreiro de 2021. O formato foi en liña, co obxectivo cubrir polo menos 50 colexios, institutos e universidades en España e o estranxeiro. Cada centro educativo conectouse cunha investigadora en charlas ti‐a‐ti.
Aurora Gómez-Durán foi a científica coa que tivemos o gusto de charlar no noso instituto IES Rafel Dieste. Ela e investiga o ADN mitocondrial, estudando xenes deste que teñen que ver ca supresión dalgúns cancros.
Ela mesma deixonos este apunte da súa biografia :
Fun ao colexio público da Estrada e realicei a miña formación secundaria no colexio Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela). Licenciada en Farmacia pola USC. Percorrín moitos km científicos: Erasmus de investigación en Amberes (Bélxica),
Mestrado na Universidade de Granada, tese doutoral na Universidade de Zaragoza e etapa post-doutoral na Universidade de Newcastle e Cambridge. En 2020 empecei a miña etapa de investigación en solitario no Centro de Investigacións Biolóxicas Margarita Salas para o estudo de xenómica funcional mitocondrial. A miña investigación ten como obxectivo comprender o papel das mitocondrias (ADNmt) no metabolismo e a sinalización celular na saúde e a enfermidade. Durante a miña carreira, tiven unha formación multidisciplinar que vai desde a xenética ata a aplicación de enfoques multiómica en bioloxía celular e cohortes poboacionais, entre elas o cancro.
Aquí o díptico da actividade, que realizamos.
“Coñéceas” , enmarcado no 11‐ F, Día da Muller e Nena en Ciencia..
Ao alumnado interesoulle bastante a actividade; algunhas das opinións no traballo a entregar

-
El Enigma Agustina desde La Universidad Carlos III

Cartel del evento IES Rafael Dieste
Con motivo del Día Internacional de la niña y la mujer en la ciencia, hemos participado con la Universidad Carlos III de Madrid en el evento divulgativo dirigido a estudiantes de 3º, 4º de secundaria y bachillerato.
El documental-película “El enigma de Agustina” relata a partir de una ficción, que comienza con un baúl encontrado en la última remodelación de El Pardo, como una interesante e eminente física que vive en la España del primer tercio del siglo XX, es silenciada y olvidada. En el documental se tratan disciplinas como la relatividad, la mecánica cuántica y la cosmología, pero también nos permite explicar puntos básicos de la historia de la ciencia, todo enmarcado en un período histórico y cultural repleto de matices.
El evento fue presentado por
- Manuel González García: astrofísico y divulgador científico
- Natalia Ruiz Zelmanovitch: comunicadora y divulgadora científica, traductora y actriz
Visionamos el documental "El Enigma Agustina" previamente en clase y lo trabajamos con la Unidad Didáctica que se adjunta a continuación
-
El Enigma Agustina. Teaser from IAA-CSIC on Vimeo.
-
Charlas de lúa chea desde o MUNCYT con Manuel Vicente

Charlas divulgativas programa educativo 2020-2021 MUNCYT Coruña
O xoves 25 de marzo tivemos unha conferencia on line desde o MUNCYT da Coruña. Nela, Manuel Vicente versounos sobre os dous achados españois que van cambiar o mundo: CRISPR e ángulo máxico do grafeno

O premio Nobel de química 2020 foi para uso do sistema CRISPR como editor xenético a Jenifer Doudna e Enmanuel Charpentier. O seu achado non se pode explicar sen os traballos realizados uns anos antes polo microbiólogo alacantino Francis Mojica. Manuel contounos cal foi a historia do CRISPR, como está a cambiar o mundo e como vai mudar as nosa vida, as guerras de patentes, os heroes e os esquecidos e os problemas éticos que xorden.
Hai un segundo español que cada ano que pasa ten mais probabilidades de gañar un premio Nobel, neste caso o de física, é o catedrático do MIT Pablo Jarillo Herrero. En 2018 presentou no encontro anual da Sociedade Americana de Física un achado revolucionario: o ángulo máxico do grafeno. Para explicar a súa contribución presentounos un exemplo moi visual e sinxelo, con dúas láminas, de como variaba o patrón regular hexagonal -simulando a do grafeo- ao virar de distintas maneiras a lámina de enriba, que era transparente.

FRONTIERS OF LIGHT – Talk by Dr. Pablo Jarillo-Herrero (MIT)
Existen libros infantís que conseguen animacións máxicas ao mover unha transparencia cunhas barras horizontais sobre diversos patróns de liñas. Deste xeito xérase o coñecido como patrón de Moiré. Manuel ensinounos este marabiloso libro.
NUEVA YORK EN PIJAMARAMA – Kalandraka

Traxectoria do divulgador científico Manuel Vicente

Manuel Vicente é comunicador da ciencia freelance. O seu proxecto persoal é “Efervesciencia”, o programa de divulgación científica da Radio Galega que dirixe e presenta desde 2006.
Manuel Vicente é doutor europeo en Ciencias Químicas (USC, 2004) e Máster en Comunicación. Actualmente é presentador e asesor de contidos do programa de divulgación científica “Aquelando” da TVG
Participa no programa “Ler Conta Moito” da Xunta de Galicia levando obradoiros de ciencia para escolares ás bibliotecas galegas. Desde 2013 imparte obradoiros de ciencia para escolares na feira científica Galiciencia en Tecnópole.
É vicepresidente da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (DIVULGACCIÓN). DIVULGACCIÓN pon ao servizo da comunidade educativa o programa “Divulga na Escola”.

-
Semana Cultural. O Mar

Cartel da actividade
Este ano celebramos a nosa Semana Cultura na semana do 22 ao 26 de febreiro, adicada ao Mar, que quedara aplazada dendo o ano pasado debido ao confinamento. A pesares de que foi máis dificil que outras veces preparar os traballos para expoñer, quedounos un cornecho ben xeitoso :)

Neste espazo o alumnado de 1º de ESO explicou, durante os recreos, todo o que aprenderan na clase, sobre todo no tema de invertebrados. Presentaron aos bivalvos, gasterópodos, crustáceos… e estruturas senlleiras como a plumas de calamar, ovotecas de tiburón ou barbas de balea.

Tamén tivemos a sección de micro, onde visualizamos fito e zooplancto que preparounos ben, Alfredo, biólogo do Aquarium Finisterrae; Artemia parthenogenetica é un crustáceo branquiópodo halófilo, Phaeodactylum tricornutum é unha especie de diatomea e Tetraselmis que é unha dinoflaxelada.

Houbo unha pequena exposición para Pioneras oceánicas

-
-
Medir a Terra cun pau
Imos tentar reproducir o famoso cálculo de Eratóstenes.
Eratóstenes de Cirene, (grego antigo Ἐρατοσθένης, Eratosthénēs)(Cirene, 276 a. C.1 -Alejandría, 194 a. C.) foi un matemático, astrónomo e xeógrafo grego de orixen cirenaico.
Nesta páxina de Erathostenes Experiment hai información de quen era Eratóstenes e moitos recursos que te axudarán a comprender o experimento.
Tes neste libro de A que altura está o ceo? de Jorge Mira unha boa explicación do experimento.
Aquí o famoso divulgador científico Carl Sagan explícache "in situ" o experimento .
-
-
y aquí un vídeo de Javier Santaolalla onde lle ve as posiilidades a un pau selfie :)
-
-
E outro, onde apréndese ben a facer os cálculos de Eratóstenes

-
-
- Hai que traer: dos esferas, para simular Sol e Terra e explicar porque existen as estacións, un pau, un lapis , una cinta métrica e o caderno de campo
- Se o facemos o 23 de marzo (equinocio de primavera no hemisferio norte, a sombra será 0 no Ecuador, e se o facemos o 21 de xunio -solticio de verán- a sombra será 0 no Trópico de Cáncer. E se o facemos en maio?
- Tes na seguine ficha os pasos a dar información para calcular a latitude onde nos atopamos e como medir a distancia a un punto onde a sombra sexa 0.

-
Eclipse solar xuño 2021
O 10 de Xuño haberá un eclipse anular, aquí verase como parcial. Máx. 11:45 h
Imos a velo desde o instituto. Crucemos os dedos para que non se anubre.
Non podemos velo mirando directamente, se non que construiremos estes varios dispositivos para ollalo indirectamente.


-
O venres 18 de xuño teremos a Deborah García Bello (@Deborahciencia) no instituto para ter un taller con experiencias da ciencia relacionadoa co Coronavirus.
Coronavirus é o tipo de virus. SARS-CoV-2 é o nome do virus e COVID-19 o nome da enfermidade
No laboratorio ides a ter todos os materiais necesarios agás unha esfera de cristal ou plástico - con abertura- para facer de Coronavirus. Se podedes traede unha e os iredes co voso bonitísimo Coronavirus.
Poño aquí un vídeo para que coñezades a Deborah e vexades o modelo.
Tamén os poño un arquivo: estará o título da conferencia, o logo do centro... para que collades algunha idea e os animedes a facer vos o cartel do taller. (1 punto) -
-


-
