Tema: ACTIVIDADES | Club de Ciencias Ángeles Alvariño 2020-21 (Marisa Castiñeira) | AV


  • Descubre más cosas sobre Ángeles Alvariño aquí

  • 1 2 3 4 5 6
    • Videoconferencias do Mes da Ciencia en Galego de Sonia Villapol Salgado.

      “Só a ciencia nos rescatará da pandemia”

      16 novembro 12:30-14:00       

      Alumnado de 4º ESO IES Rafael Dieste

      Foto Sonia Villapol

      Sonia Villapol Salgado

      Coñecer o coronavirus para vencelo.  Nos últimos meses atopámonos inmersos nunha pandemia e todo cambiou de súpeto. En todo o mundo, o novo coronavirus que causa a famosa enfermidade do coronavirus do 2019 (COVID-19) expándese e apaga vidas. O SARS-CoV-2 chegou sen moito aviso e levamos aprendendo pouco a pouco como se transmite, como infecta e como podemos controlalo ou eliminalo. As vacinas son a única ferramenta para unha inmunidade colectiva e, mentres agardamos por elas, temos que aprender a protexernos e protexer, especialmente ás persoas máis vulnerables. Só coa investigación científica imos saír desta, todos e todas a unha. Nunca antes se fixeran tantos avances científicos contra unha enfermidade en tan pouco tempo. Hai que seguir a traballar ata dar cos mellores tratamentos e vacinas eficaces e seguras, mais debemos estar certos de que, unha vez máis, a ciencia será quen nos rescate.

      Investigadora no Texas Medical Center(Houston, EEUU), forma parte do equipo de investigación internacional da COVID-19,  científica no Centro Médico de Texas (Houston, EE.UU.), forma parte do Equipo de Investigación Internacional da COVID-19 (COV-irt.org)

      Destacamos especialmente, a súa capacidade para compartir o seu saber, pois participa en numerosas actividades de divulgación científica no ámbito educativo e cultural.   https://www.villapol-lab.com/

      Esta conferencia está entre as actividades realizadas en

      XI día da Ciencia en Galego.

      O dereito a gozar da ciencia en galego: Ano da saúde e das infeccións.

      12.45-13.00. Inauguración coa intervención de: Valentín García Gómez,  secretario xeral de Política Lingüística, Manuel Díaz Regueiro, presidente de Igaciencia, Inés Ben González, secretaria de Igaciencia e Sonia Villapol Salgado, neurocientífica.

      13.00 – 13.45. Conferencia.

      13.45-14.00 aprox. contestación de preguntas recibidas a través do chat.

      As nosas preguntas:

      • A inversión en ciencia ten que vir desde o eido público ou as compañías privadas teñen moito que aportar? Ten que haber implicación do sector privado?
      • Hai neurociencia en Galicia?
      • Como chegaste ir a Houston? Fuches porque querías estudar algo concreto alí?
      • Hai complicacións neurolóxicas do SARS-CoV-2 no sistema nervioso? Hay estudos de isto?
      • As vacinas:
        • Como se poden acortar tanto as fase clínicas?
        • Hay seguridade nas tecnoloxías? Máis nunhas que outras? (ADN, ARN, virus atenuado)
        • As vacinas en fases clínicas próbanse cun número heteroxéneo de xente: Pobacións mundiais, distintos tipos de persoas (xenotipos),…?
      • Hai covid-persistentes?  (non secuelas de haber estado con respirador ou…) Algún estudo?

      Aquí deixamos algunhas fotos.

      alumnado1  alumnado2  alumnado3

    • #PreguntasParaJocelyn

      #PreguntasParaJocelyn

      No eido do XXIV Congreso CEA,

      Congreso Estatal de Astronomía, organizado pola  Agrupación Astronómica Ío, que se ía a celebrar na Coruña do 4 ao 7 de decembro de 2020, estaría a extraordinaria astrónoma Jocelyn Bell.

      A pandemia aplazou o congreso, pero fixose unha convocatoria de enviar #preguntasParaJocelyn, que a organización faría chegar para realizar un vídeo e non perder a oportunidade de escoitar a Jocelyn.

      Johana Osayande e Alex Pita de 1º ESO D animáronse a facer as súas preguntas, os deixamos o vídeo.

      Tamén engadimos os audios orixinais en inglés que debido ao tipo de formato finalmente utilizado non se transcribiron.

      Pero a profa agradece moi moito o esforzo.

      Johana Osayande: Ola son Johana, encantada de coñecerte, Jocelyn. Por que decidiches dedicarte a este duro traballo? Se non te dedicaras a esto que estarías facendo hoxe?

                 Foto pregunta 1 Johana- Jocelyn Bell    Foto pregunta 2 Johana- Jocelyn Bell

      Alex Pita: Ola, chámome Alex, son do IES Rafael Dieste, a miña pregunta é se os púsares morren como as outras estrelas ou viven para sempre.

                Foto 1 Pregunta Alex Pita- Jocelyn Bell   Foto 1 Pregunta Alex Pita- Jocelyn Bell

      Jocelyn Bell. Biografías

                      Jocelyn Bell Debuxo Bio Jocelyn Bell

      Coñécea aquí   We are made of star stuff: Jocelyn Bell Burnell at TEDxVienna


      Aquí deixámosvos o vídeo da conversa Conversación coa astrofísica Jocelyn Bell, descubridora dos púlsares, organizada pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, dentro do XXIV Congreso Estatal de Astronomía. O diálogo, conducido pola astrofísica Ana Ulla, da Universidade de Vigo, tamén expón as preguntas que formularon diversas persoas de toda España a través das redes sociais. (Vídeo Museos Coruñeses & Asociación Astronómica Ío)

      Conversación con Jocelyn Bell (con subtítulos en gallego y castellano)

    • SEMANA #11F “Día Internacional da muller e a nena na Ciencia”


      “Na actualidade, as mulleres e nenas atopan barreiras de moitos tipos, ás veces moi sutís, que dificultan a súa presenza na ciencia. O 15 de decembro de 2015 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 11 de febreiro “Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia“, convidando a que se organizasen actividades de educación e sensibilización pública que axudasen a logar unha maior participación e progreso das mulleres e as nenas na ciencia.

      En setembro de 2016 un grupo de persoas do ámbito científico, de forma completamente voluntaria e sen ánimo de lucro, lanzamos a Iniciativa 11 de Febreiro. Coa iniciativa queremos encher as axendas de actividades que conmemoren o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que axuden a visibilizar o traballo das científicas, a crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e a tecnoloxía e que promovan prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico-tecnolóxico. A iniciativa realízase en toda España.” Iniciativa 11F

      No IES Rafael Dieste teremos as seguintes actividades para celebrar o #11F 

      Cartel #11F 2021 IES Rafael Dieste

      Cartel 11F IES Rafael Dieste 


    • Coñéceas

      Cartel conócelas

      “Coñéceas” é unha actividade en directo que ten como principal obxectivo dar visibilidade ás científicas que investigan en cancro, dunha forma dinámica e interactiva. O noso obxectivo é que se coñezan ás “mulleres detrás de bata”: como son, como empezaron, como orientaron a súa carreira, e como chegaron a ser grandes investigadoras punteiras nos seus campos. A través desta acción queremos animar ao alumnado, e en particular, ás nenas e novas, a que se interesen por a Ciencia, precisamente con a oportunidade de falar e preguntar a directamente a estas ‘detectives do cancro’ 

      A iniciativa está promovida por ASEICA-MUJER 

        A actividade desenvolveuse o 8 de Febreiro de 2021. O formato foi en liña, co obxectivo cubrir polo menos 50 colexios, institutos e universidades en España e o estranxeiro. Cada centro educativo conectouse cunha investigadora en charlas ti‐a‐ti.

      Aurora Gómez-Durán foi a científica coa que tivemos o gusto de charlar no noso instituto IES Rafel Dieste. Ela e investiga o ADN mitocondrial, estudando xenes deste que teñen que ver ca supresión dalgúns cancros.

      3 Aurora Gomez-Duran ASEICA

      Ela mesma deixonos este apunte da súa biografia :

      Fun ao colexio público da Estrada e realicei a miña formación secundaria no colexio Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela). Licenciada en Farmacia pola USC. Percorrín moitos km científicos: Erasmus de investigación en Amberes (Bélxica),

      Mestrado na Universidade de Granada, tese doutoral na Universidade de Zaragoza e etapa post-doutoral na Universidade de Newcastle e Cambridge. En 2020 empecei a miña etapa de investigación en solitario no Centro de Investigacións Biolóxicas Margarita Salas para o estudo de xenómica funcional mitocondrial. A miña investigación ten como obxectivo comprender o papel das mitocondrias (ADNmt) no metabolismo e a sinalización celular na saúde e a enfermidade. Durante a miña carreira, tiven unha formación multidisciplinar que vai desde a xenética ata a aplicación de enfoques multiómica en bioloxía celular e cohortes poboacionais, entre elas o cancro.

      Aquí o díptico da actividade, que realizamos.

                                            Díptico de "conócelas" Aurora Gómez

      “Coñéceas” , enmarcado no 11‐ F, Día da Muller e Nena en Ciencia..

      Ao alumnado interesoulle bastante a actividade; algunhas das opinións no traballo a entregar

                      Traballo alumno 1 Conócelas   Traballo alumno 1 Conócelas

    • El Enigma Agustina desde La Universidad Carlos III

      Cartel EL enigma Agustina.11F Rafael Dieste

                                                                                   Cartel del evento IES Rafael Dieste

      Con motivo del Día Internacional de la niña y la mujer en la ciencia, hemos participado con la  Universidad Carlos III de Madrid en el evento divulgativo dirigido a estudiantes de 3º, 4º de secundaria y bachillerato.

      El documental-película El enigma de Agustina” relata a partir de una ficción, que comienza con un baúl encontrado en la última remodelación de El Pardo, como una interesante e eminente física que vive en la España del primer tercio del siglo XX, es silenciada y olvidada. En el documental se tratan disciplinas como la relatividad, la mecánica cuántica y la cosmología, pero también nos permite explicar puntos básicos de la historia de la ciencia, todo enmarcado en un período histórico y cultural repleto de matices.

      El evento fue presentado por

      Visionamos el documental "El Enigma Agustina"  previamente en clase y lo trabajamos con la Unidad Didáctica que se adjunta a continuación


    • Charlas de lúa chea desde o MUNCYT con Manuel Vicente

      Cartel Ciclo Charlas de Lúa chea Manuel Vicente

      Charlas divulgativas programa educativo 2020-2021 MUNCYT Coruña

      O xoves 25 de marzo tivemos unha conferencia on line desde o MUNCYT da Coruña. Nela, Manuel Vicente versounos sobre os dous achados españois que van cambiar o mundo: CRISPR e ángulo máxico do grafeno 

      Foto 1 O xoves 25 de marzo tivemos unha Foto Manuel Vicente dous achados españois que van cambiar o mundo: CRISPR e ángulo máxico do grafeno

      O premio Nobel de química 2020 foi para uso do sistema CRISPR como editor xenético a Jenifer Doudna e Enmanuel Charpentier. O seu achado non se pode explicar sen os traballos realizados uns anos antes polo microbiólogo alacantino Francis Mojica. Manuel contounos cal foi a historia do CRISPR, como está a cambiar o mundo e como vai mudar as nosa vida, as guerras de patentes, os heroes e os esquecidos e os problemas éticos que xorden. 

      Hai un segundo español que cada ano que pasa ten mais probabilidades de gañar un premio Nobel, neste caso o de física, é o catedrático do MIT Pablo Jarillo Herrero. En 2018 presentou no encontro anual da Sociedade Americana de Física un achado revolucionario: o ángulo máxico do grafeno. Para explicar a súa contribución presentounos un exemplo moi visual e sinxelo, con dúas láminas, de como variaba o patrón regular hexagonal -simulando a do grafeo- ao virar de distintas maneiras a lámina de enriba, que era transparente.

                          Foto grafeno   Foto grafeno resistencia

                                               FRONTIERS OF LIGHT – Talk by Dr. Pablo Jarillo-Herrero (MIT)

      Existen libros infantís que conseguen animacións máxicas ao mover unha transparencia cunhas barras horizontais sobre diversos patróns de liñas. Deste xeito xérase o coñecido como patrón de Moiré. Manuel ensinounos este marabiloso libro.

                              Prtada del libro Pijarama            foto ilusión óptica o libro pijamarama

      NUEVA YORK EN PIJAMARAMA – Kalandraka


      Traxectoria do divulgador científico Manuel Vicente
               Foto de Manuel Vicente.

      Manuel Vicente é comunicador da ciencia freelance. O seu proxecto persoal é “Efervesciencia”, o programa de divulgación científica da Radio Galega que dirixe e presenta desde 2006.

      Manuel Vicente é doutor europeo en Ciencias Químicas (USC, 2004) e Máster en Comunicación. Actualmente é presentador e asesor de contidos do programa de divulgación científica “Aquelando” da TVG

      Participa no programa “Ler Conta Moito” da Xunta de Galicia levando obradoiros de ciencia para escolares ás bibliotecas galegas. Desde 2013 imparte obradoiros de ciencia para escolares na feira científica Galiciencia en Tecnópole. 

      É vicepresidente da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (DIVULGACCIÓN). DIVULGACCIÓN pon ao servizo da comunidade educativa o programa “Divulga na Escola”.

                      Foto da charla     Foto da charla 3

    • Semana Cultural. O Mar

       Foto cartel. Semana Cultural o Mar. A Marea de 1º ESO

      Cartel da actividade

      Este ano celebramos a nosa Semana Cultura na semana do 22 ao 26 de febreiro, adicada ao Mar, que quedara aplazada dendo o ano pasado debido ao confinamento. A pesares de que foi máis dificil que outras veces preparar os traballos para expoñer, quedounos un cornecho ben xeitoso :) 

      Foto do posto " A marea de 1º ESO"

      Neste espazo o alumnado de 1º de ESO explicou, durante os recreos, todo o que aprenderan na clase, sobre todo no tema de invertebrados. Presentaron aos bivalvos, gasterópodos, crustáceos… e estruturas senlleiras como a plumas de calamar, ovotecas de tiburón ou barbas de balea.

        Fot de posto 2  Fot de posto 3  Fot de posto 4

      Tamén tivemos a sección de micro, onde visualizamos fito e zooplancto que preparounos ben, Alfredo, biólogo do Aquarium FinisterraeArtemia parthenogenetica é un crustáceo branquiópodo halófilo, Phaeodactylum tricornutum é unha especie de diatomea e Tetraselmis que é unha dinoflaxelada.

        Foto micro   Foto micro 2  Foto micro 3


      Houbo unha pequena exposición para Pioneras oceánicas

      Foto carteis pioneras oceánicas.

    •  

       

    • Medir a Terra cun pau 

      Imos tentar reproducir o famoso cálculo de Eratóstenes.

      Eratóstenes de Cirene, (grego antigo Ἐρατοσθένης, Eratosthénēs)(Cirene, 276 a. C.1 -Alejandría, 194 a. C.) foi un matemático, astrónomo e xeógrafo grego de orixen cirenaico.

      Nesta páxina de Erathostenes Experiment hai información de quen era Eratóstenes e moitos recursos que te axudarán a comprender o experimento.

      Tes neste libro de A que altura está o ceo? de Jorge Mira unha boa explicación do experimento.

      Foto do libro de Jorge Mira do experimento de Eratóstenes


      Aquí o famoso divulgador científico Carl Sagan explícache "in situ" o experimento . 

    • y aquí un vídeo de Javier Santaolalla onde lle ve as posiilidades a un pau selfie :) 
    • E outro, onde apréndese ben a facer os cálculos de Eratóstenes

      Experimento Eratóstenes 1  Experimento Eratóstenes 2

      • Hai que traer: dos esferas, para simular Sol e Terra e explicar porque existen as estacións, un pau, un lapis , una cinta métrica e o caderno de campo
      •  Se o facemos o 23 de marzo (equinocio de primavera no hemisferio norte, a sombra será 0 no Ecuador, e se o facemos o 21 de xunio -solticio de verán- a sombra será 0 no Trópico de Cáncer. E se o facemos en maio? 
      • Tes na seguine ficha os pasos a dar información para calcular a latitude onde nos atopamos e como medir a distancia a un punto onde a sombra sexa 0.

      foto alumnos midiendo

    • Eclipse solar xuño 2021 

      O 10 de Xuño haberá un eclipse anular, aquí verase como parcial. Máx. 11:45 h

      Imos a velo desde o instituto. Crucemos os dedos para que non se anubre.

      Non podemos velo mirando directamente, se non que construiremos estes varios dispositivos para ollalo indirectamente.

      Eclipse solar tipos

                           Dispositivo 1 ver eclipse         Dispositivo 2 ver eclipse

    • O venres 18 de xuño teremos a Deborah García Bello (@Deborahciencia) no instituto para ter un taller con experiencias da ciencia relacionadoa co Coronavirus.

      Coronavirus é o tipo de virus. SARS-CoV-2 é o nome do virus e COVID-19 o nome da enfermidade
      No laboratorio ides a ter todos os materiais necesarios agás unha esfera de cristal ou plástico - con abertura- para facer de Coronavirus. Se podedes traede unha e os iredes co voso bonitísimo Coronavirus. 

      Poño aquí un vídeo para que coñezades a Deborah e vexades o modelo. 

      Tamén os poño un arquivo: estará o título da conferencia, o logo do centro... para que collades algunha idea e os animedes a facer vos o cartel do taller. (1 punto

    • Foto moníptico Deborahciencia

      Foto 2 moníptico Deborahciencia