Espazo virtual para a materia de bioloxía, xeoloxía e ciencias ambientais de 1º de bacharelato para o curso 2025/2026. Nel poderedes consultar e descargar os apuntamentos das diferentes unidades didácticas, así como as actividades e outros recursos que se vaian publicando ao longo do curso. 

A nota de cada avaliación consiste nun 90% na elaboración das probas escritas e un 10 % sobre o caderno de aula, traballos ou test a realizar. En cada avaliación redondearase á baixa (5,99=5) para obter a nota do boletín oficial, pero gárdase a nota con decimais. 

Nota final da materia: Media aritmética das 3 avaliacións empregando as notas con decimais e redondéase á alza (5,99=6).