Ao longo deste curso estudaremos os principais procesos que configuraron o mundo contemporáneo, desde as revolucións liberais e a sociedade do século XIX ata os grandes retos do mundo actual. Analizaremos o liberalismo, o nacionalismo e o movemento obreiro, o imperialismo, as dúas guerras mundiais, os totalitarismos, a Guerra Fría, a descolonización e a construción europea. Prestaremos tamén especial atención á historia contemporánea de España e Galicia, desde a construción do Estado liberal ata a Guerra Civil, o franquismo, a Transición e a democracia actual.   O curso chegará ata o mundo actual, abordando a globalización, os conflitos internacionais, os cambios sociais, a igualdade, os novos movementos sociais e os desafíos das sociedades contemporáneas. Tamén coñeceremos as principais manifestacións da arte dos séculos XIX, XX e XXI e aprenderemos a valorar e conservar o noso patrimonio cultural. Non se trata só de coñecer datas e acontecementos: aprenderemos a interpretar fontes históricas, relacionar causas e consecuencias, argumentar, investigar e comprender a relación entre o pasado e o presente. Para iso traballaremos con diferentes materiais e recursos, realizaremos actividades, lecturas e traballos de investigación e empregaremos tamén ferramentas e recursos dixitais a través da Aula Virtual.