19. A oposición ao franquismo
Os documentos que seguen teñen como asunto central a oposición ao réxime franquista. Na redacción debes tratar as seguintes cuestións: A evolución da oposición ao longo da ditadura; a variedade de formas empregadas; os diferentes sectores e organizacións implicados. O novo réxime político que estableceu Franco a partir de 1939 era un sistema totalitario, sen constitución e sen liberdades democráticas.
A ditadura franquista contou cunha importante oposición, tanto dentro como fóra de España. Esta oposición procedía de diversos sectores: os grupos políticos que apoiaron a República e que iniciaron a loita armada contra o réxime; os estudantes universitarios; os obreiros industriais; e os grupos políticos que, tanto no interior, como no exilio, foron organizándose para derrocar ao réxime franquista, aínda que nada puideron lograr en canto a acurtar a ditadura, pois esta unicamente desapareceu pola morte do ditador. Outros sectores de oposición ao franquismo, nos últimos anos: a disidencia política dentro do Movemento Nacional, parte da Igrexa e do Exército, ETA e outros grupos terroristas.
Enfoque cronolóxico:
A longa posguerra (anos 40 e 50) existiu unha oposición ó réxime que se manifestou case recén acabada a guerra en dous ámbitos: :no exterior (exiliados) e no interior (resistencia guerrilleira e oposición do mundo obreiro).
→ os exiliados republicanos (instalados en Franci,a Latinoamérica, a URSS e outros países). Dende o exterior, os exiliados levaron a cabo unha oposición contra a dictadura denunciando públicamente o carácter antidemocrático e represivo do sistema franquista. figuras políticas e intelectuais tentaron manter viva a Segunda República sen moito éxito, sobre todo, porque o contexto internacional da Guerra Fría acabou por favorecer a Franco.
-->Guerrilla antifranquista. Algúns grupos e partidos políticos decidiron organiza-la resistencia interior empregando como arma fundamental a loita armada. Son os guerrilleiros, tamén coñecidos como maquis nalgunhas zonas. Nos primeiros momentos da guerra trátase simplemente de “fuxidos” ou escapados ó monte. Pero a evolución dos feitos obrigou a moitos destes fuxidos a converterse en guerrilleiros, organizando unha resistencia que durou ata o inicio da década dos cincuenta. O maquis foi auspiciado, sobre todo, polo Partido Comunista desde Francia. Os anos iniciais foron de supervivencia, formación e organización, ata que en 1944 reúnense os principais dirixentes para lograr unha unidade de acción, que sen embargo, resultaba moi difícil de levar a cabo pola implacable persecución a que estaban sometidos por parte das forzas de orde pública (especialmente da Garda Civil). No mesmo ano de 1944 levouse a cabo a invasión guerrilleira no Val de Arán (Lleida), que terminou en fracaso. Entre esa data e 1952 a actividade guerrilleira foi moi intensa en Asturias, León , Sistema Ibérico, Andalucía e Galicia (foron aproximadamente 10.000 guerrilleiros). Nas guerrillas tiveron cabida tódalas ideoloxías contrarias ó réxime franquista , pero a máis significativa foi a comunista (do PCE procedía o sentido organizativo, a conciencia política e a disciplina). Aínda que os maquis lograron uns obxectivos moi escasos, non foron erradicados definitivamente ata mediados de 1950. A actividade guerrilleira en Galicia foi moi importante, tanto polo número de maquis como pola súa pervivencia. A partir de 1950, e como consecuencia das consignas chegadas de Francia de que se debía abandona-la resistencia armada e concentra-la actividade na oposición política(doc2), a a activade da guerrilla descendeu considerablemente.
A segunda etapa (anos 60) Os cambios políticos a nivel de política exterior viñeron acompañados de cambios na política económica: a liberalización iría deixando atrás a autarquía, traendo un espectacular crecmento económico (Plan de Estabilización de 1959 e Plans de Desenvolvemento nas décadas posteriores), pero tamén diversificando os focos de oposición antifranquista.Aínda que a oposición antifranquista dera os seus primeiros pasos na década anterior, non se organizou e renovou seriamente nos anos seguintes. Ó crecemento da oposición no interior contribuiu en gran medida o gran cambio social que se estaba operando: aparición dunha nova clase obreira nas novas industrias; dunha nova burguesía non relacionada coas orixes do réxime e que demandaba máis democracia; e a oposición intelectual , especialmente na Universidade , e que se fixo máis Tamén xurdiron novos movementos sociais (asociacións de viciños, agrupacións culturais, grupos relixiosos), que entraron na política de oposición máis ou menos aberta ó réxime.
Movemento estudantil a partir de 1956, onde as protestas baseábanse principalmente en conseguir un sindicato de estudantes que substituíse ao oficial (SEU), ao que o Goberno sempre contestou cunha negativa, deixándoo claro mediante suspensión de clases, expedientes, peche de universidades e destitución do ministro de Educación Joaquín Ruíz Jiménez. Xa a finais dos 60, á imitación do que estaba acontecendo en Francia e outros países europeos, os movementos esquerdistas acadan protagonismo e, no caso español, esta mobilización estudantil ten tintes de protesta contra o réxime represivo e de petición de democracia. O réxime endurece a resposta coa a detención e morte do membro do PC
Julián Grimau e de Enrique Ruano e a creación en 1963 do Tribunal de Orde Pública (TOP) que vén a substituír aos tribunais militares na represión política.
Outra peza moi importante na oposición ao réxime foi o movemento obreiro, que promove folgas para obter dereitos como a redución da xornada, mellora de salarios... Disto nace nas Comisións Obreiras en 1962, clandestinamente, onde os seus lideres, vencellados en moitos casos ao partido Comunista, pretendían chegar aos obreiros con facilidade grazas a estrutura do sindicato vertical, infiltrándose nesta organización para conseguir melloras para a clase obreira, pero tamén para ir concienciando politicamente aos obreiros. And aasí, os conflitos non tardaron en producirse en lugares como Asturias o Cataluña, sendo os líderes ( Marcelino Camacho, Julián Ariza) fortemente reprimidos. Con tod oconseguiron que aumentara considerablemente a conflitivitade obreira e o número de folgas. A súa vez isto fixo que a afiliación aumentase. Debemos resaltar os sucesos de Ferrol en marzo de 1970 onde morreron dous traballadores a disparos da policía. Os actos de protesta por estas mortes tiveron moita repercusión en Galicia, en especial, na factoría Citroën de Vigo.
Incluso a Igrexa mostrouse oposta ao réxime tras os cambios acontecidos no seno interno do clero tras o Concilio do Vaticano II. Un documento de 1960, asinado por 339 sacerdotes, pero desautorizado pola xerarquía eclesiástica española, denuncia os malos tratos e a falta de liberdades. Unha década despois, a Asemblea Conxunta de Bispo sestivo a piques de aprobar unha resolución na que lamentaba o papel da igrexa durante a guerra. A igrexa comeza a tomar distancia respecto do réxime e xurde a Xuventud eObreira Católica e a Irmandade Obreira de Acción Católica como grupos de católicos de base opostos ao réxime.
Figuras políticas españolas de diferente ideoloxía dende o exilio fixeron unha petición nno Congreso do Movemento Europeo, en 1962, para que as autoridades europeas fixeran todo o posible para impedir que España entrara a formar parte da CEE mentiré scontinuara o réxime de Franco. Este feito foi denominado pola prensa do réxime como o chamado Contubernio de Munich entendendo que era un acto de falta de patriotism oprexudicar a España na súa intención de integrarse en Europa.
Finalmente, a oposición política foi en aumento, sobre todo, nos anos 70. Nesta loita contra o réxime destacaría o labor do PC e en menor medida do PSOE. En 1959 fundouse ETA, forma radicalizada do nacionalismo vasco, que en 1968 dá morte a un garda civil nun control de tráfico, Melitón Manzanas, feito sobre o que o goberno reaccionou publicando a Lei de represión de bandidaxe e terrorismo que pasaba á xurisdicción militar os delitos de tipo político.
Nos últimos anos do Franquismo, paralelamente á crise económica de 1973 (crise do petróleo)e á crise política interna (entre os do bunker e os renovadores), á enfermidade de Franco e aos problemas no exterior (Marrocos), recrudécese a oposición de todos os sectores sociais, tanto no interior como no exterior: No interior destacan: o grupo Tácito (serie de políticos e intelectuais que pretenderon unha transformación do réxime a posicións máis democráticas desde dentro do sistema), o aumento das críticas e o distanciamento por parte da Igrexa (salienta o caso do bispo de Bilbao que defenderá o uso do euskera nas igrexas), a Unión Militar Democrática (un sector do exército que defendía que a institución militar non debía ser un obstáculo para a democracia), as numerosas folgas e protestasde obreiros, universitarios e entidades veciñais e os atentados terroristas levados a cabo por organizacións como ETA, FRAP e GRAPO. Ex. En 1973 ETA asasina con coche bomba ao presidente do Goberno, Carrero Blanco. A resposta do réxime se recrudece tamén, fusilando aos seus últimos cinco executados (ETA e FRAP) con Franco en plena agonía e ante enormes protestas internacionais, ata do Papa.
No exterior, distintos partidos e organizacións antifranquistas iniciaron un proceso de unidade para restablecer a democracia, intentan coordinarse fronte á ditadura: En Francia: no ano 1974, créase a Xunta Democrática por iniciativa de Santiago Carrillo(líder do PCE) para liderar a oposición ao franquismo. O PSOE resolve a crise entre os afiliados do interior e os do exilio no Congreso de Suresnes, elixindo a Felipe González como secretario xeral. O PSOE impulsa a Plataforma Democrática para aglutinar aos grupos políticos próximos a súa órbita ideolóxica. Dado que pedían o mesmo,ao final ambos partidos decisidron fusionar as organizacións en 1975 na Coordinación Democrática
CONCLUSIÓN: A oposición ao réxime non logrará a caída do mesmo en vida de Franco, e non se producirá unha ruptura coa ditadura senón unha reforma a través da transición.