4. A construción do Estado liberal: O reinado de Isabel II
Entre 1808 e 1833 España viviu un proceso histórico caracterizado polo enfrontamento entre dous modelos políticos e ideolóxicos: absolutismo e liberalismo A guerra civil aberta en España polo carlismo ante a sucesión de Fernando VII, propicia que o liberalismo se converta no principal apoio da rexente María Cristina de Borbón para garantir que o trono español recaia na súa filla Isabel.
O liberalismo foi a expresión ideolóxica dos intereses da burgesía, o seu dominio social vai parello ao triunfo das revolucións políticas liberais. Defende un novo cocepto do poder e da sociedade baseado na liberdade, igualdade xurídica, limitación da autoridade do Rei, separación de poderes: executivo (Goberno), lexislativo (Cortes) e xudicial (Tribunais). Defende a participación política dos cidadáns para a elección de representantes no Parlamento, a soberanía nacional. Todo este sistema político está baseado no imperio da lei que ten na Constitución a lei suprema fundamental.
O liberalismo en economía defende a propiedade privada individual, a liberdade económica e de empresa baseada na libre iniciativa individual e o libre xogo da oferta e da demanda como mecanismo regulador das actividades económicas.
O liberalismo foi unha ideoloxía revolucionaria que pronto se dividirá en dúas correntes en función do criterio de participación política da poboación: o liberalismo doutrinario e o liberalismo democrático.
O liberalismo doutrinario foi a corrente maioritaria en España e Europa ata mediados do século XIX. Os trazos que o definen son: monarquía constitucional, soberanía compartida entre o rei e as Cortes, restricción da participación política ( reservado únicamente a aqueles que posúan un determinado poder económico, sufraxio censatario), limitación dos dereitos individuais e Estado confesional católico.
En España, o liberalismo doutrinario experimentou unha escisión entre os moderados e os progresistas. Os primeiros, liderados por Narváez, exerceron máis tempo o poder e contaron coa predilección dos monarcas españois e o apoio dos grupos poderosos da sociedade. Son partidarios dun férreo control do poder municipal por parte do goberno, limitan as liberdades civis e eliminan a Milicia Nacional. A súa referencia é a Constitución moderada de 1845. Os progresistas, en cambio, reclamaban a primacía das Cortes sobre o rei, un maior grao de descentralización municipal, unha interpretación máis ampla das liberdades, e unha maior liberdade de culto dentro do estado confesional. A súa referencia é a Constitución de 1837. Estaban liderados polo xeneral Espartero primeiro e polo xeneral Prim despois.
Disidencia dos progresistas, os demócratas en 1840.
O liberalismo democrático defendía a soberanía popular, a participación popular mediante sufraxio universal masculino para maiores de 25 anos, ríxida separación de poderes, unha ampla carta de dereitos e liberdades, liberdade de cultos e separación da Igrexa e Estado. Nestes principios inspirouse a Constitución de 1869. O republicanismo escíndese dos demócratas durante o Sexenio Democrático e colle forza coa proclamación da I República, defendendo a ampliación da democracia, dereitos sociais e a descentralización do Estado.
As diferenzas e disputas entre os distintos grupos liberais provocaron frecuentes cambios constitucionais e políticos, que se produden a través de pronunciamentos e Golpes de Estado-->intervencionismo do exército na vida política. Os principais líderers políticos son militares.
Os progresistas dominaron de 1836 a 1843, durante as rexencias de María Cristina e do xeneral Espartero, o seu principal líder. Desamortización eclesiástica.
Os moderados dominan o reinado de isabel II de 1843 a 1854, década moderada, baixo o liderado do xeneral Narváez, 1854-55, o Bienio Progresista, Lei de Ferrcarriles e Desamortización Civil. Foi o periodo no que se produxo a construción e consolidación dun Estado Liberal en España.
Dende 1855 domina a Unión Liberal, liderada por moderados centristas como O´Donell e Serrano.
En 1868, a monarquía de Isabel II e o moderantismo entran en crise.crise económica, esgotamento político, impopularidade persoal da Raíña,unión de progresistas, demócratas e unionistas no pacto de Ostende... que culminan na RevoluciónGloriosa. Conclusión: A caída da Raíña dará paso ao Sexenio Democrático.
