1. A crise da monarquía absoluta
Os efectos da revolución francesa e o conflicto dinástico de 1808 en España abriron un enfrontamento entre dous modelos políticos e ideolóxicos ben diferenciados, por un lado, o absolutismo e, por outro, o liberalismo. As influencias ideolóxicas da revolución francesa comezada en 1789 e a invasión napoleónica de 1808 marcaron o inicio da revolución liberal española que tivo a súa máxima expresión nas Cortes de Cádiz na Constitución de 1812.
A invasión napoleónica, comezada en 1808, foi debida á negativa de Portugal de aceptar o bloqueo continental decretado por Napoléon sobre Inglaterra. O emperador francés planifica entón a conquista de Portugal, pero para iso tiña que contar co apoio de España para acceder a Portugal. Godoy, que era o secretario de Estado de Carlos IV, autorizou o paso por España das tropas francesas acordando tamén o mutuo reparto de Portugal e as súas colonias e a creación dun reiando dos Algarves para Godoy. Este era o contido asinado no Tratado de Fointeneableau en 1807.
A influencia sobre os reis e a acumulación de poder e títulos de Godoy xerou un forte resentimento en Fernando VII , fillo de Carlos IV. Temeroso de verse privado da sucesión na coroa foi aglutinando o descontento dunha facción nobiliar que recibiu o nome do grupo Fernandino. Este partido tiña como obxetivo desprestixiar o valido e aos reis e conspirar para lograr desprazar a Godoy do goberno e conseguir que Carlos IV abdicase no nome do seu fillo. As súas intencións foron descubertas no Motín do Escorial.
A partir de 1808 comezou o malestar popular debido a entrada e presenza das tropas francesas en España. Cando Godoy comprende que a ocupación de Portugal implica tamén a ocupación de España decide trasladar a familia real a América como xa o fixera a coroa portuguesa, refuxiada en Brasil. Isto provocou que, en marzo de 1808, tivera lugar o Motín de Aranxuez onde grupos de alborotadores contando có apoio de gardas e grupos de nobres defensores de Fernando VII asaltaron o pazo real e obrigaron a Carlos IV a abdicar no nome do seu fillo, sendo proclamado rei de España.
Tras estes sucesos, Carlos IV pediu axuda a Napoleón. Coa excusa de mediar nas disputas familiares reuniu a Carlos IV e Fernando VII en Baiona (Francia), logrando que Fernando VII devolvera o trono ao seu pai quen a súa vez entrega os dereitos dinásticas a Napoleón. A cambio, ambos foron recompensados con cuantiosas posesións, rendas e privilexios en Francia.
As Cortes eran de composición estamental, con carácter deliberativo sobre os proxectos presentados.
Contén os elementos dunha reforma política e social que limita á nobreza e trata de potenciar á burguesía: liberdade de industria e comercio, supresión dos privilexios comerciais, supresión das aduanas interiores, diminución dos morgados.
España sería unha monarquía limitada e hereditaria. O rei está no centro pero debe respectar os dereitos cidadáns proclamados no texto.
Nesta guerra a superioridade militar tanto en homes como en armas por parte dos franceses obrigou aos españois a realizar unha guerra de guerrillas axudados por Inglaterra e mandos militares españoles que se rebelan contra o poder establecido por Xosé I.

Tres fases: Unha primeira onde a resistencia española sorprende aos franceses e mesmo obtéñense victorias como a de Bailén o que obrigará a Napoleón a despregar a Grand Armee para controlar o territorio peninsular
Unha segunda fase de dominio francés con algunhas resistencias como os sitios de Zaragoza ou de Girona
Unha terceira fase onde o desprazamento da Grand Armee a Rusia vai ser aproveitado por Inglaterra para iniciar unha contraofensiva dende Portugal que se traducirá nunha serie de victorias contra os franceses ( Ciudad Rodrigo, Arapiles, Vitoria e San Marcial) que obrigaron a estes a ir repregándose ata a fronteira.
En 1813, polo Tratado de Valencay, Napoléon renuncia e devolve o trono español a Fernando VII quen reinaría ata a súa morte en 1833. O seu regreso significou a volta aos principios do Antigo Réxime e o absolutismo monárquico e a derrogación da obra lexislativa das Cortes de Cádiz.