Os efectos da revolución francesa e o conflicto dinástico  de 1808 en España abriron un enfrontamento entre dous modelos políticos e ideolóxicos ben diferenciados, por un lado, o absolutismo e, por outro, o liberalismo. As influencias ideolóxicas da revolución francesa  comezada en 1789 e a invasión napoleónica de 1808 marcaron  o inicio da revolución liberal española que tivo a súa máxima expresión nas Cortes de Cádiz na Constitución de 1812.

A invasión napoleónica, comezada en 1808, foi debida á negativa de Portugal de aceptar o bloqueo continental decretado por Napoléon sobre Inglaterra. O emperador francés planifica entón a conquista de Portugal, pero para iso tiña que contar co apoio de España para acceder a Portugal. Godoy, que era o secretario de Estado de Carlos IV, autorizou o paso  por España das tropas francesas acordando tamén o mutuo reparto de Portugal  e as súas colonias  e a creación dun reiando dos Algarves para Godoy. Este era o contido asinado no Tratado de Fointeneableau en 1807.

A influencia sobre os reis e a acumulación de poder e títulos de Godoy xerou un forte resentimento en Fernando VII , fillo de Carlos IV. Temeroso de verse privado da sucesión na coroa foi aglutinando o descontento dunha facción nobiliar que recibiu o nome do grupo Fernandino. Este partido tiña como obxetivo  desprestixiar o valido e aos reis e conspirar para lograr desprazar a Godoy do goberno e conseguir que Carlos IV abdicase no nome do seu fillo. As súas intencións foron descubertas no Motín do Escorial.

A partir de 1808 comezou o malestar popular debido a entrada e presenza das tropas francesas en España. Cando Godoy comprende que a ocupación de Portugal implica tamén a ocupación de España decide trasladar a familia real a América como xa o fixera a coroa portuguesa, refuxiada en Brasil. Isto provocou que, en marzo de 1808, tivera lugar o Motín de Aranxuez onde grupos de alborotadores contando có apoio de gardas e grupos de nobres defensores de Fernando VII asaltaron  o pazo real e obrigaron a Carlos IV a abdicar no nome do seu fillo, sendo proclamado rei de España.

Tras estes sucesos, Carlos IV  pediu axuda a Napoleón. Coa excusa de mediar nas disputas familiares reuniu a Carlos IV e Fernando VII en Baiona (Francia), logrando que Fernando VII devolvera o trono ao seu pai quen a súa vez entrega os dereitos dinásticas a Napoleón. A cambio, ambos foron recompensados con cuantiosas posesións, rendas e privilexios en Francia.


Despois das Abdicacións de Baiona, Napoleón proclamou como rei de España ao seu irmán Xosé Bonaparte. Para dotar de maior lexitimidade a este acto, Napoleón reúne en Baiona a unha serie de notables españois ( acudiron sesenta e cinco persoas, a maioría nobres) para que enmenden un texto redactado polo propio emperador, o Estatuto de Baiona. O texto foi aprobado o 7 de xullo de 1808. Era unha carta outorgada onde o rei recoñecía certa limitación no exercizo do seu poder, concedía determinados dereitos e establecía unha serie de institucións que en ningún caso desprazarían ao rei do centro de todo o sistema. Era un híbrido conservador e revolucionario como acontecía cos documentos elaborados por Napoléon aos que se lle engadía algún rasgo propiamente hispano ( confesionalidade). 
As Cortes, o Consello de Estado, o Senado e os ministros son meros órganos consultivos do rei. O Senado, cuxos membros eran de elección rexia, vitalicio era o encargado de velar polo cumprimento das liberdades enumeradas na constitución: liberdade de imprenta, liberdades individuais, igualdade contributiva, supresión de privilexios, supresión de fueros, inviolabilidade do domicilio, habeas corpus, prohibición do tormento, garantías procesais, os funcionarios obterán o cargo por mérito e capacidade

As Cortes eran de composición estamental, con carácter deliberativo sobre os proxectos presentados.

Contén os elementos dunha reforma política e social que limita á nobreza e trata de potenciar á burguesía: liberdade de industria e comercio, supresión dos privilexios comerciais, supresión das aduanas interiores, diminución dos morgados.

España sería unha monarquía limitada e hereditaria. O rei está no centro pero debe respectar os dereitos cidadáns proclamados no texto. 

Xosé I tomou diversas iniciativas e reformas (aboliuse a Sta. Inquisición, reducíronse as ordes relixiosas, suprímense os señoríos, emprendeu unha desamortización, deseñouse unha reforma administrativa e territorial)  que non tiveron  a eficacia desexada e provocou un malestar social que desencadenou a denominada Guerra de Independencia (1808-1814). 
Levantamento do pobo contra a ocupación militar francesa e o «secuestro» da familia real española. O inicio do conflito: a sublevación popular do 2 de Maio contra os ocupantes franceses, e que se estendeu rápidamente por todo o país. A pesar da brutal represión francesa, o levantamento derivou nun longo e cruel conflito de 6 anos.
El dos de mayo de 1808 en Madrid - Wikipedia, la enciclopedia libre
Nesta guerra foron enfrontados, por un lado, os españois que defendían a Xose Bonaparte que recibiron o nome de afrancesados e os que defendían o regreso de Fernando VII onde había absolutistas, pero tamén liberais que aproveitaran a situación para impulsar unha revolución política.
A pasividade das autoridades establecidas ante a abdicación de Baiona e a invasión das tropas francesas fixo que as elites dominantes unidas ao pobo creasen novas institucións de goberno, as Xuntas, encargadas de organizar a loita contra o invasor francés e tamén de reformar o sistema político vixente.

Nesta guerra  a superioridade militar tanto en homes como en armas por parte dos franceses obrigou aos españois a realizar unha guerra de guerrillas axudados por Inglaterra e mandos militares españoles que se rebelan contra o poder establecido por Xosé I.

PRIMATE Absurda Actualidad: Comentario de texto mapa guerra de la  independencia

Tres fases: Unha primeira onde a resistencia española sorprende aos franceses e mesmo obtéñense victorias como a de Bailén o que obrigará a Napoleón a despregar a Grand Armee para controlar o territorio peninsular

Unha segunda fase de dominio francés con algunhas resistencias como os sitios de Zaragoza ou de Girona

Unha terceira fase onde o desprazamento da Grand Armee a Rusia vai ser aproveitado por Inglaterra para iniciar unha contraofensiva dende Portugal que se traducirá nunha serie de victorias contra os franceses ( Ciudad Rodrigo, Arapiles, Vitoria e San Marcial) que obrigaron a estes a ir repregándose ata a fronteira. 

En 1813, polo Tratado de Valencay, Napoléon renuncia e devolve o trono español a Fernando VII quen reinaría ata a súa morte en 1833.  O seu regreso significou a volta aos principios do Antigo Réxime e o absolutismo monárquico e a derrogación da obra lexislativa das Cortes de Cádiz. 


Last modified: Monday, 6 November 2023, 6:30 PM