8. O reformismo borbónico en Galicia
Denomínase Reformismo borbónico aos cambios implementados pola nova dinastía reinante a partir de 1700 baseados no establecemento dunha monarquía absoluta, a centralización administrativa e, na segunda metade do s.XVIII, co Despotismo ilustrado,na aplicación do ideario ilustrado coa intención de elevar o nivel cultural e científico-técnico do país coa intención de obter melloras no eido económico. Destacan neste plano Fernando VI e Carlos III.
-A matrícula do mar foi un sistema de recrutamento de tripulacións para os buques da Armada para garantir un persoal competente no seu manexo nun contexto de crecentes enfrontamentos navais polo control das rutas comercias e das colonias. O obxectivo principal, pois, era o de controlar a todos os profesionais do mar aptos para as campañas navais, o que non se acadaría plenamente nin cos Austrias nin cos Borbóns.
O sistema rexistraba, controlaba e regulaba a todas as persoas dedicadas ao mar indicando a clase á que pertencía respectivamente (mariñeiro, artilleiro, grumete…) para coñecer as súas habilidades co fin e servir na Armada española. Os matriculados quedaban libres de quintas e de impostos municipais, pero podían ser chamados ao servizo da Armada entre os 14 e ata cumprir 60 anos, estando clasificados nas categorías de mariñeiría de servizo, os inhábiles (xubilados e inválidos) e os rapaces (de 9 a 14 anos)
A primeira matrícula do mar (baseada na experiencia francesa) foi a establecida en 1626 por Filipe IV de Habsburgo, pero non funcionou ben ata a posta en marcha das reformas borbónicas. En 1714 Filipe V de Borbón creou a Real Armada unificando as numerosas armadas da época dos Austrias e os seus mandos e en 1726 estableceu a división das costas españolas en tres departamentos marítimos (Ferrol, Cádiz, Cartaxena), así como as directrices dos comisarios de Mariña para o rexistro da xente do mar e das embarcacións, medidas consolidadas en 1751. A extensión do litoral de Galicia e o elevado número de xentes relacionadas cos traballos do mar fixo que na segunda metade do século XVIII a rexión rexistrase a cuarta parte da matrícula humana das flotas españolas. Os malos resultados das primeiras matrículas levaron a novas medidas en 1737 para fomentar o alistamento e non depender tanto das vías tradicionais para completar as tripulacións dos buques de guerra (as levas forzosas e o voluntariado). O réxime de matrícula mermou de efectivos a outras actividades relacionadas co mar, como a pesca e non puido satisfacer plenamente as necesidades de tripulacións da Real Armada (con máis dun centenar de navíos), situación que se agravou polos numerosos casos de prófugos e desercións, estimulados polos atrasos nas pagas correspondentes e as penurias sufridas polos mariños de guerra ao longo do século XVIII (enfermidades, duras condicións nos buques de guerra, escaseza de materiais, etc)
A posición estratéxica de Galicia na defensa do Imperio colonial fixo que os Borbóns trataran de reforzala como baluarte, principalmente contra os ingleses, a través dunha serie de reformas. Destaca a Ordenanza da matricula do mar do Marqués de la Ensenada na que se trataba de racionalizar o recrutamento de mariñeiros levando un rexistro da xente do mar segundo as funcións que dominaban e o seu nivel de experiencia. O seu impacto foi bastante limitado e foi eliminada en 1802. Creouse tamén a figura do Intendente de Galicia na Coruña como organizador das reformas, pero sen dúbida destaca a creación do arsenal de Ferrol e dos estaleiros por parte do Marqués de la Ensenada convertindo a Ferrol na principal cidade fortificada no Noroeste penínsular tendo un papel clave na defensa das rutas coloniais. As condicións naturais da ría de Ferrol e a existencia dalgunhas defensas
(castelos de San Filipe e da Palma) xustificaron a súa elección como base
da Armada real. Baixo Fernando VI (1746-1759), o marqués da Ensenada impulsou a construción do
Arsenal e do seu estaleiro (1750)
Creouse a Academia de Garda Mariñas e O Ferrol creceu demográficamente de xeito exponencial mediante un trazado hipodámico. En 1787, Ferrol era xa a
primeira cidade galega (case 25.000 habs.)

A apertura do comercio colonial. A eliminación do monopolio do comercio colonial exercido por Sevilla-Cádiz favoreceu a Galicia, especialmente á Coruña. En 1764, o goberno de Carlos III estableceu nesa cidade o Servizo de Correos Marítimos, unha compañía estatal de buques encargada de levar a correspondencia ao porto da Habana e (desde 1767) a Bos Aires, e que tamén podía transportar persoas e mercadorías, agás nos períodos bélicos nos que se transformaban en navíos de guerra. En 1778 o porto da Coruña foi autorizado para comerciar directamente con América. Creación do Real Consulado marítimo e Terrestre en 1778. Ambas concesións contribuíron a favorecer o crecemento comercial e a renovación urbanística e portuaria da cidade
Texto a revisar
Creouse tamén a figura do Intendente de Galicia na Coruña como organizador das reformas, pero sen dúbida destaca a creación do arsenal da Coruña e dos estaleiros por parte do Marqués de la Ensenada convertindo A Coruña na principal cidade fortificada no Noroeste penínsular tendo un papel clave na defensa das rutas coloniais. Creouse a Academia de Garda Mariñas e A Coruñacreceu demográficamente de xeito exponencial mediante un trazado hipodámico.
eliminación do monopolio do comercio colonial exercido por Sevilla-Cádiz favoreceu a Galicia, especialmente a Ferrol. En 1764, o goberno de Carlos III estableceu nesa cidade o Servizo de Correos Marítimos, unha compañía estatal de buques encargada de levar a correspondencia ao porto da Habana e (desde 1767) a Bos Aires, e que tamén podía transportar persoas e mercadorías, agás nos períodos bélicos nos que se transformaban en navíos de guerra.
Comentario de texto
"Esta praza é agora o primeiro Arsenal da Mariña de España. Foi o Marqués da Ensenda quen fixo este establecemento, baixo o reinado de Fernando VI. Este porto é magnífico pola súa posición. A cidade, que construíron sobre un plano regular, foi aumentando constantemente desde esa época e escoitei que agora ten uns 30.000 habitantes."
William Darrymple. Viaxe por Espña e Portugal. 1783.