18. O franquismo: características e intitucionalización
Introducción:
Vitoria ha Guerra Civil
As bases ideolóxicas do franquismo e os apoios ao mesmo están presentes xa na denominada España Nacional durante a guerra civil
Defensa do catolicismo
Anticomunismo
Antiliberalismo/Antiparlamentarismo
Características do réxime franquista
-Estado totalitario(1º etapa), Estado corporativo:
concentración de poderes na persoa de Franco. exaltación de Franco como líder carismático e providencial
partido único(Movemento Nacional-->Falange, de inspiración fascista e Carlistas tradicionalistas)
-Nacional-sindicalismo
-Unidade nacional: centralismo e antiseparatismo
Apoios: “familias” pluralismo limitado dentro do Movemento Nacional. Franco nunca sustentou o seu réxime nun só grupo político ou ideolóxico, apoiándose en diversas «familias«
Exército
Igrexa Católica: Igrexa como lexitimadora do réxime e un dos seus apoios esenciais, nacional-catolicismo
Falange
Elites tradicionais: conservadurismo social
Foi unha ditadura militar, moi conservadora e católica (nacional-catolicismo) que mantivo sempre un carácter represivo. Debate historiográfico entre Estado fascista e Estado autoritario. Coezos de inspiración fascista (Italia de Mussolini como exemplo) e posterior desprendemento dos elementos máis fascistizantes (perda de peso político de Falange) para evoluir cara un réxime autoritario conservador cunha política económica máis liberal (Desarrollismo)
Evolución-->cambios sociais e contexto internacional: progresiva perda de influencia de falange fronte a outras familias como os tecnócratas do Opus Dei a finais dos anos 50.
Institucionalización: as Leis Fundamentais
A ditadura para lexitimarse foi construíndo un contexto de institucionalización ( obxetivo: legalizar un réxime que carecía de legalidade democrática. ) a base dunhas leis fundamentais que responderon as necesidades políticas de cada momento e que definiron o réxime como unha democracia orgánica
-->o cauce de participación é pola pertenza a unhas unidades orgánicas “naturais” que son a familia, o municipio e o sindicato.
Obxectivo de dar unha imaxe xurídica aceptable ante a comunidade internacional (sobre todo, trala derrota do Eixe en 1945), pero moi lonxe dos principios básicos dunha democracia constitucional e parlamentaria, a modo de «lavado de cara» da ditadura. Legalizar un réxime que carecía de legalidade democrática.
-Foro de traballo (1938): Regulamentaba o mundo laboral, complementado pola lei de Unión Sindical de 1940 -->Sindicatos verticais, organiación corporativa do traballo, modelo italiano, integrando a patronos e traballadores na mesma estrutura (negación da loita de clases)
-Lei de Cortes (1942): Creaba as novas Cortes orgánicas con función deliberante e consultiva.-->Na súa composición vese a democracia orgánica(sindicatos, alcaldes, rectores)
-Foro dos Españois(1945): Táboa de dereitos e deberes a modo de Carta Outorgada, tras o triunfo das democracias occidentais na II Guerra Mundial. Expón os dereitos e a continuación os limita.
Artigo 2 e 12, limitación de liberdades
Artigo 6, Estado confesional, nacional-catolicismo
Artigo 7, democracia orgánica (familia, sindicato e municipio)
-Lei de Referendo (1945): Daba participación á opinión pública para sancionar as leis que decidía o xefe de Estado. Apariencia democrática plebiscitaria. Só servía de ratificación.
-Lei de Sucesión (1947): España quedaba definida como un reino; Franco era ratificado como xefe do Estado. Na práctica, Franco quedaba confirmado como xefe vitalicio do Estado e reservábase o dereito a nomear sucesor a título de rei a quen el consideraba. Ante o illamento internacional de España, consolida o réxime á vez que tenta achegarse ao bloque occidental ante o inicio da Guerra Fría.
-Lei de Principios do Movemento (1958): Establecía os principios inmutables e permanentes do réxime: unidade de España, condición de reino Católico, e unidades naturais na vida social: familia municipio e sindicato. incorporando institucionalmente as doutrinas falanxistas, recoñecendo de novo ao Movemento Nacional como o partido único da ditadura e recopilando os principios básicos do franquismo («patria, familia e relixión»). . Na práctica, todos os altos cargos civís e militares pasaban a ser considerados membros natos do Movemento e os funcionarios públicos quedaban obrigados a xurar os chamados principios fundamentais.
-Lei orgánica do Estado (1967): Compendio definitivo da democracia orgánica, síntese e actualización dos anteriores, culmina o proceso de institucionalización.
Separa os cargos de Xefe de Estado e Xefe de Goberno( En 1973 Franco designa como Presidente do Goberno ao almirante Carrero Blanco). Pensada para asegurar o futuro do réxime nun contexto de cambio da economía e da sociedade españolas e o aumento da oposición política . En 1969 Franco designa como sucesor a D. Juan Carlos de Borbón co título de Rei. A intención era crear unha monarquía que garantise o funcionamiento das institucións franquistas despois da morte do Dictador.
Aumento da oposicion nos anos 60-->tardofranquismo,
paralelamente ao crecemento económico do país nos anos 60 e 70 («desarrollismo«), foise intensificando a oposición á ditadura dende diferentes frontes, ao tempo que xurdían as primeiras fisuras dentro do propio réxime («aperturistas e inmobilistas»).
imposibilidade da continuidade da ditadura tras a morte de Franco(Transición á Democracia)