15. O establecemento da II República e a Constitución de 1931
Tras a dimisión do ditador Miguel Primo de Rivera o 29 de xaneiro de 1930, tivo lugar unha serie de gobernos que tentaron devolver ao debilitado réxime monárquico á senda constitucional e parlamentaria, este período será coñecido como ditablanda debido ás pretensións do Rei de restablecer o sistema de 1876.
Os sectores prorepublicanos (, Republicanos, PSOE e algúns catalanistas) asinan o Pacto de San Sebastían, no cal preparan unha revolución contra Alfonso XIII e a proclamación dun Goberno Provisional. Prodúcense dous pronunciamentos militares, o de 4 vientos por Queipo de Llano e o de Jaca, por Fermín Galán, que fracasan. Moitos monárquicos vólvense repúblicanos porque non lle perdoan a Alfonso a disolución do sistema turnista e moitos militares o fan porque non perdoan a aceptación da dimisión de Primo de Rivera
Berenguer foi remplazado polo almirante Juan Bautista Aznar en febrero de 1931. O novo goberno convocou, o 12 de abril, eleccións municipais. Estas adquiriron un carácter de plebiscito a favor ou en contra da monarquía. O triunfo das candidaturas republicanas nas grandes cidades e capitais de provincia propiciou a proclamación da 2ª República o 14 de abril de 1931. O Comité revolucionario (os partidos asinantes do Pacto de San Sebastián),constituiu un Goberno Provisional da República, que fíxose co poder. O rei, que non tiña o apoio dos militares e aconsellado polos seus ministros, decidiu partir cara o exilio. O Goberno provisional, proclamou presidente do goberno a Niceto Alcalá-Zamora.
Dende abril a decembro dese mesmo ano,o pais estivo presidido por un Goberno Provisional-O novo goberno aprobou diferentes medidas e reformas, a reforma militar de Azaña, a Reforma educativa coa contratación de profesorado, co obxectivo prioritario de convocar eleccións xerais a Cortes Constituíntes para consolidar o réxime, que se celebraron en xuño do mesmo ano, gañando os socialistas e os partidos republicanos de centro-esquerda por ampla maioría,
A Constitución de 1931. Esta constitución declara a España como unha República Parlamentaria de traballadores de toda clase e laica. Un Estado integral onde cabe a posibilidade de crear un Estado autonómico alí onde se solicite. Algúns dos seus rasgos máis característicos son: o sufraxio universal masculino e feminino (levado á práctica por primeira vez en 1933), soberanía popular, unha ampla declaración de dereitos nos que aos dereitos individuais clásicos se lle unen a liberdade de reunión, asociación, dereito á educación, dereitos de tipo social que significan un avance significativo respecto ás anteriores constitucións. O Presidente da República sería elixido polas Cortes ( órgano unicameral) por un período de 6 anos e ten a potestade de nomear ou destituír ao Presidente de Goberno, pero sempre coa conformidade das Cortes. establecía un sistema de “economía mixta” (respectaba a propiedade privada xunto á posibilidade por parte do Estado a expropiacións e nacionalizacións nos casos de utilidade ou interese público. O texto constitucional, en todo caso, serviría de base legal para poñer en marcha o chamado Bienio reformista (1931 e 1933), etapa na que se aprobaron numerosas iniciativas que intentaron dar solución ós problemas que non se resolveran durante o período da Restauración nin durante a Ditadura de Primo de Rivera.
A proclamación da República tivo unha forte repercusión no panorama político, dividindo á sociedade en polos opostos, feito que desencadeará no 36 a Guerra Civil. Na dereita, nun primeiro momento cunde a desorientación pola proclamación da República, pero despois aparecen reorganizadas en torno á CEDA. de Gil Robles que aglutinou a distintas dereitas rexionais, contou co apoio da xerarquía católica e expresou de forma ambigua o seu acatamento ao sistema.Tamén na dereita aparecerán partidos de perfil máis autoritario, monárquicos afonsinos (Renovación española), carlistas (Comunión Tradicionalista) e algúns fascistas como Falange Española(FE) (José Antonio Primo de Rivera) y de las JONS (XUNTAS DEOFENSIVA NACIONAL SINDICAL), posteriormente unificados e liderada por Jose Antonio Primo de Rivera.
.Na esquerda destacan o PSOE, o PCE, o POUM ( comunistas de tendencia trostkista) e o anarquismo da CNT e a FAI. Na liña de pensamento republicano temos formacións de dereitas, de centro dereita populista como o Partido republicano radical de Lerroux ou de esquerda como é o caso de Acción Republicana de Manuel Azaña ou ORGA de Casares Quiroga. No nacionalismo periférico destacan partidos de dereita como o PNV vasco ou a Liga catalana e partidos de esquerda como Esquerra republicana de Cataluña.

Difícil contexto socioeconómico polas consecuencias da Crise de 129, que se inicia en EEUU pero se estende a nivel mundial. A Segunda República foi un período breve pero intenso en experiencias e reformas levadas a cabo polos partidos progresistas de republicanos e socialistas. Pero a nova República provocou o temor e o rexeitamento doutro sector da poboación, conservador e católico, o que foi aumentando a división e radicalización da sociedade española, un dos factores que levaron á Guerra Civil de 1936.
