Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930).

Desde 1914 a quenda comeza a desmoronarse, coa crise dos partidos dinásticos. España atópase nunha grave crise económica. A primeira guerra mundial causara unha inflación nos produtos, que empobreceu ás clases máis baixas. Ademais dentro do conflito de Marrocos produciuse o desastre de Annual, unha grave derrota española cun alto número de baixas.  Descontento do exercito e o afán de evitar as consecuencias do expediente Picasso para algúns importantes xenerais. O movemento obreiro, o nacionalismo periférico e o anticlericalismo eran movementos cada vez máis estendidos e ameazaban a oligarquía. 

Primo de Rivera presenta o seu pronunciamento en Barcelona en setembro de 1923como unha solución provisional, de tan solo uns 3 meses de duración a toda esta situación. Se trata dunha resposta corporativa e autoritaria á profunda crise existente. Autodenominouse o “ciruxán de ferro” que España necesitaba para solucionar os seus problemas utilizando a retórica rexeneracionista. Por estas razóns a oposición ao comezo é practicamente nula. Pero este fenómeno non foi un caso illado. O contexto histórico internacional é de desprestixio dos rexímenes liberais parlamentarios tras a Primeira guerra mundial. O triunfo do fascismo Italiano tras a Marcha sobre Roma en 1922 e o ascenso ao poder de Mussolini constituiu un importante exemplo 

Alfonso XIII apoia o golpe, disolve as cortes e entrega o poder a Primo de Rivera poñendo fin definitivamente ao turnismo e ao réxime da Restauración. Comenzan así a primeira fase do réxime autoritario de Primo de Rivera, coñecida como Directorio Militar. Esténdese ata o 1925 e durante este período un grupo de nove militares son os encargados do goberno. Os esforzos son concentrados en conseguir crédito político para consolidar a ditadura nun réxime civil.

Primeiramente, disolvénse as institucións políticas existentes e suspéndese a Constitución do 76. As autoridades turnistas son substituídas por delegados gobernativos, afíns a ditadura. Por outra parte, poténcianse os símbolos nacionalistas españois conservadores e toma medidas contra os movementos nacionalistas periféricos, como a prohibición do uso do vasco eo catalán no ensino.Ademais, crea a chamada Unión Patriótica, que oscilou entre un movemento de apoio e propaganda á ditadura, sen un significado político concreto. Finalmente o novo gabinete trata de controlar o movemento obreiro, cunha táctica de concesións e represión. As organizacións que, seguindo unha actitude posibilista, colaboran co réxime, son permitidas, como o PSOE e UXT. Pola contra, aquelas que non colaboran, como o PCE e CNT son perseguidas. Neste mesmo ámbito, créanse os Comités Paritarios. Trátanse de estruturas verticais que agrupan aos sindicatos e patronais simultáneamente. Cada grupo contaba coa metade dos membros. Así as patronales tiñan a capacidade de controlar o movemento obreiro. Imitou o modelo social do fascismo italiano, establecéndose a Organización Corporativa  do Traballo.

 Este periodo de bonanza económica denomínase os felices anos 20. Debido a esto, a situación económica en España tamén mellora, e Primo de Rivera atribúese o éxito. Respecto á guerra de Marrocos, Abd el-Krim declara a independencia do Rif e declara a guerra contra a parte francesa de Marrocos. España e Francia organizan unha operación conxunta. o desembarco de Alhucemas, ata ese momento a maior operación anfibia. Foi unha operación exitosa. Abd el-Krim se entrega ás tropas francesas, poñendo fin ao conflito. Grazas a estos dous feitos, en 1925 a popularidade de Primo de Rivera está nun nivel álxido. Aproveita esta situación para convertir a ditadura militar nun réxime civil.

Durante o Directorio Civil (1925-1930) o goberno está liderado por civís da Unión Patriótica, partido único de Primo de Rivera.Tratábase de institucionalizar e consolidar a Ditadura. En 1927, consituíuse una Asamblea Nacional Consultiva, formada na súa mioría por membros da Unión Patriótica elixidos por sufraxio restrinxido. Esta Asamblea fracasou rapidamente no seu intento de redactar unha lei fundamental que fixera o papel da Constitución da ditadura.   Debido ao crecemento económico, melloran as condicións dos obreiros e o ministro de facenda, Calvo Sotelo realiza grandes investimentos en obra pública. Pretendía que así o estado estimulase ás empresas privadas é os traballadores, para que estes aumentasen o consumo e logo tributasen, devolvendo o diñeiro ao Estado.

En 1927 nace a Federación Anarquista Ibérica (FAI). Ademais aumenta a oposición por parte do movemento obreiro e a Federación Universitaria de Estudantes (FUE). O intelectual Ortega i Gasset ou Unamuno tamén comezan a criticar a ditadura. Como o exército é a base que sostén o réxime, Primo de Rivera ascende a todos, tanto africanistas como peninsulares, habendo así un gran número de oficiais. Pero os peninsulares se oponen e Primo de Rivera disolve a arma de artillería, perdendo o apoio destes e de parte do exército. A esta oposición súmaselle unha crise económica e a enfermidade de Primo de Rivera. Tras descubrir que nin o seu propio gabinete o apoia, dimite ante Alfonso XIII. Alfonso nomina a Berenguer como líder, encargándolle a misión de instituír de novo o sistema turnista e a Constitución do 76, que non cumple. Os sectores prorepublicanos (PSOE e algúns catalanistas) asinan o Pacto de San Sebastían, no cal proclaman unha revolución contra Alfonso XIII  Prodúcense dous pronunciamentos militares, o de 4 vientos por Queipo de Llano e o de Jaca, por Fermín Galán, que fracasan. Moitos monárquicos vólvense repúblicanos porque non lle perdoan a Alfonso a disolución do sistema turnista e moitos militares o fan porque non perdoan a aceptación da dimisión de Primo de Rivera.A causa disto Berenguer é sustituído por Aznar. Convócanse eleccións, primeiro municipais e máis tarde terían lugar as xerais. As forzas do Pacto de San Sebastián converten as eleccións municipais nunhas eleccións plebiscitarias que gañan os republicanos por moi poucos votos, pero os monarquicos o asumen como unha terrible derrota, xa que os monárquicos só gañan no rural onde teñen o voto amañado grazas ao caciquismo. Proclámase a segunda República.

En conclusión podemos afirmar que a ditadura de Primo de Rivera foi unha solución autoritaria a unha grave crise social e política e que non foi capaza de aguantar o desgaste da crecente oposición. A caída de Primo arrastrará a Alfonso XIII e á monarquía en 1931, sendo un apéndice da Restauración que fracasará en resolver os problemas desta.



Última modificación: lunes, 24 de febrero de 2025, 11:24