Co desenvolvemento da industrialización ao longo do s. XIX, xurdiu o novo grupo social, o proletariado ou clase obreira. Debido á debilidade do proceso industrializador español, os obreiros foron un grupo menos numeroso en comparación con outros países máis industrializados, pero iso non evitou que sufriran unhas duras condicións de vida e de traballo no s. XIX e primeiro terzo do s. XX: longas xornadas laborais, os salarios ínfimos, a explotación infantil, a discriminación laboral das mulleres, etc,. Este cúmulo de problemas, foi animando aos traballadores a organizarse de forma progresiva para lograr as súas reivindicacións, ante a oposición de patróns e gobernantes a facilitar a mellora das condicións do proletariado.

Na segunda metade do século XIX apareceron novas ideoloxías que tiveron unha fonda repercusión nos movemento obreiro: anarquismo e socialismo marxista. O anarquismo defendía a destrución do Estado e calquera tipo de autoridade, a eliminación da propiedade privada e das diferenzas socioeconómicas,a sociedade debía organizarse arredor dunha federación de comunas autónomas onde a autoridade fose substituída por acordos libres entre os seus habitantes, esta transformación debían realizala os propios traballadores. Os socialistas defendían a loita de clases protagonizada polo proletariado, organizado en sindicatos e partidos políticos obreiros para conquistarlle o poder á burguesía e destruír o sistema capitalista impoñendo un período de ditadura do proletariado como paso previo para chegar a unha sociedade igualitaria.

primeiras manifestacións do movemento obreiro anteriores a 1868 (ludismo, Sociedades de Socorros Mutuos, folgas) carácter espontáneo e escasa organización e repercusión en comparación coas organizacións obreiras do útlimo terzo do s.XIX.  

 A revolución de setembro de 1868 que deu lugar ao Sexenio democrático foi unha oportunidade para a organización do movemento obreiro ao abeiro da concesión do dereito de reunión e asociación(Constitución de 1869). No 1864 fundouse a Asociación Internacional de Traballadores, tamén coñecida como I Internacional, co obxectivo de potenciar a unión e a loita dos traballadores pola súa emancipación en todo o mundo.   A difusión da AIT en España, cun predominio anarquista, comenzou no sexenio democrático. Fanelli, anarquista faise cargo de difundir a internacional en España sobre todo en Cataluña, Levante e Andalucía. En España as asociacións anarquistas son a maioría e gañan o Congreso da Federación Rexional Española da Internacional, 1870. Por contraste, Paul Lafargue, o xenro de Marx, introduce o marxismo en España, que se difunde sobre todo en Madrid (Pablo Iglesias) e País Vasco. Debido a comuna de París, se produciu un pánico entre a burguesía, a xente de orde e unha división entre anarquistas e marxistas (expulsión da federación madrileña de ideoloxía marxista da FRE da AIT). Ademais produciu a participación dos internacionalistas nas revoltas cantonalistas e a ilegalización da AIT en España pola república autoritaria de Serrano, 1874.  Durante a restauración se crearon os sindicatos xerais dento do contexto restrictivo da restauración canovista. A lei de 1881: permite a creación da FTRE de tendencia anarquista, que foi creada para sortear a lei de asociacións de Cánovas e é a continuidade da FRE. xEntre as federacións locais destacou a Solidariedade Obreira en Barcelona que remata na creación da CNT, 1910. Por outra parte se creou a corrente a favor da acción directa ou a propaganda polos feitos, é dicir, o terrorismo anarquista. Como exemplo atopamos a Man Negra na década de 1880 en Andalucía e en Barcelona nos anos 90 : o intento de asasinato de Martínez Campos , bombas no Liceo, no Corpus Cristi (96),proceso de Montjuic (1897) e asasinato de Cánovas.  

Grazas a lei de asociación se creou o PSOE, 1879  e a UXT(sindicato socialista 1888, despois da lei que legaliza as asociacións obreiras, 1887). O primeiro deputado socialista foi Pablo Iglesias en 1910.  Entre o partido e o sindicato existía unha estreita interdependecia, pero ambas contribuíron na fundación en París da Segunda Internacional, a cal declarou o Primeiro de Maio como día da clase obreira. 

Creáronse sociedades obreiras desde unha óptica cristiá co fin de contrarrestar o avance do anarquismo e socialismo. Destacaron o Sindicato Católico dos Ferroviarios Españois e o Sindicato Católico Obreiro de Mineiros Españois, o Consello de Corporacións Católico-Obreiras e a Federación Nacional de Sindicatos Católicos, que defendían a colaboración de clases e pretendían lograr a concordia social que defendía a Igrexa.

Finalmente,  podemos completar a evolución do movemento obreiro español, xa nas primeiras décadas do s. XX, indicando que na primeira década de dito século, houbo algunhas melloras por parte dos gobernos da Restauración, como a creación do Instituto Nacional de Previsión en 1908, o recoñecemento do dereito de folga ao ano seguinte, ou a reducción da xornada laboral a 8 horas en 1919.


Última modificación: venres, 26 de xaneiro de 2024, 7:01 PM