No Antigo Réxime diversas normas, leis e prácticas cotiás condicionaban e limitaban a producción agrícola e a propiedade da terra. O patrimonio nobiliar estaba protexido pola figura xurídica do morgado, mentres que a igrexa posuía os denominados bens de mans mortas (doazóns que persoas falecidas entregaban á Igrexa) que non podían ser comprados nin enaxenados. Por eso a burguesía liberal consideraba imprescindible realizar unha reforma agraria para liberalizar a terra, convertela nunha mercadoría que se puidera comprar e vender e introducir criterios de eficiencia económica e capitalismo agrario. A medida máis importante desta reforma agraria que afectaba ao concepto da propiedade da terra herdado do Antigo Réxime foi a desamortización.

A desamortización é un proceso de confiscación de bens e terras pertencentes ao Clero ou os bens propios pertencentes aos concellos coa intención de poñelas en venta en puxa pública e aumentar os ingresos do Estado co fin de solventar os problemas do endebedamento público do Estado.

 Durante a revolución liberal as Cortes de Cádiz promulgaron diversas desamortizacións polo que o Estado poñía en venda os bens do afrancesados, ordes militares e os bens dos mosteiros de menos de 12 membros. A chegada de Fernando VII significou a paralización e devolución dos bens desamortizados. O breve período do Trienio Liberal volveu a activar o proceso desamortizador, pero volveu ser paralizado polo absolutismo posterior.

A necesidade de solucionar os problemas facendísticos do Estado, recadar diñeiro para financiar a guerra que a rexente Mª Cristina estaba librando en contra o Carlismo,nos anos trinta, ampliar a base de apoios ao liberalismo e á causa isabelina deu lugar á desamortización eclesiástica de Mendizabal no 1836 que afectou ao clero regular.

No 1841 foi levada a cabo a desamortización de Espartero sobre os bens do clero secular. O seu obxectivo era de carácter fiscal, recadar fondos para Facenda.A chegada dos liberais moderados paralizan o proceso desamortizador sobre a Igrexa e asinan un Concordato coa Sta. Sede en 1851.

Por último, en 1855 tivo lugar a desamortización de Madoz, que, ademáis de rematar a desamortización eclesiástica (bens das ordes militares), iniciou a desamortización civil. Esta desamortización afectaba aos bens de propios e terras baldías dos concellos. Este proceso xerou un gran impacto no mundo rural xa que os campesiños sen terras, os máis afectados por esta medida polo uso que facían dos predios comunais para cultivar o alimentar ao gando a cambio do pago dun canon ao concello, non tiñan diñeiro para adquirir esas terras postas en puxa pública e acababan convertidos en xornaleiros para os novos donos das terras, maiormente a nobreza. Ademais os concellos, ao perder esa fonte ingresos empobreceron o seu servizo asistencial. Esta desamortización ampliou a superficie cultivada ao transformar os pastos e os montes en terras de cultivo finciou a construción do ferroicarril

Facendo un balance deste proceso podemos dicir que a desamortización supón a desaparición das fórmulas xurídicas do Antigo Réxime que protexían os patrimonios dos estamentos privilexiados e significa a liberalización do mercado de terras do que se beneficiou a propia nobreza e a burguesía,  Ese trasvase de terras do clero a mans da nobreza e burguesía non mudou dun xeito significativo o campo español porque este cambio de propiedade non viña compañado dunha modernización dos sistemas de cultivo.en vez de investirse capitais na incipiente industria, a burguesía e as clases adiñeiradas preferiron comprar terras e adoptar unha mentalidade rendista imposibilidade do campesiñado de adquirir as terras confiscadas polo Estado. A maior parte da poboación, que en España eran campesiña, seguiu sen poder adquisitivo o que limitou moito o dinamismo do mercado interior e ademais agravou a condición social do campesiño sen terras e empobreceu os ingresos dos concellos. Con esta medida o réxime liberal consolidouse.Por outra banda, hai que facer tamén referencia ao desastroso balance cultural e artístico da desamortización, pola ruína e abandono dos mosteiros suprimidos.

En Galicia, polo mantemento do sistema foral,o que se saca a puxa pública son as rendas forais o que provoca que non se altere o sistema agrario tradicional ata o ano 1926 coa lei de redención de foros.


Última modificación: martes, 23 de xaneiro de 2024, 12:29 PM