Fernando VII declara nulos os actos do goberno constitucional, Gaceta de Madrid, 7 de outubro de 1823:

“Europa enteira, coñecendo profundamente o meu cativerio e o de toda a miña Real Familia, a mísera situación dos meus vasalos fieis e leais [...] determinou poñer fin a un estado de cousas que era o escándalo universal. [...] Sentado xa outra vez no trono de S. Fernando pola man sabia e xusta do Omnipotente, polas xenerosas resolucións dos meus poderosos Aliados [...] declaro o seguinte: 

Primeiro: Son nulos e de ningún valor todos os actos do goberno chamado constitucional (de calquera clase e condición que sexan) que dominou os meus pobos desde o día 7 de marzo de 1820 ata hoxe, día 1° de outubro de 1823, declarando, como declaro, que en toda esta época carecín de liberdade, obrigado a sancionar as leis e a expedir as ordes, decretos e regulamentos que contra a miña vontade se me ditaban e expedían polo mesmo goberno”.

Última modificación: mércores, 27 de novembro de 2024, 10:11 AM