Despois de asinar o Tratado de Valencay, Napoléon renuncia ao trono español e entrega a coroa a Fernando VII (1814-1833). o reinado deste monarca significou a crise permanente e definitiva do Antigo Réxime, un modelo que xa resulta inviable fronte a un liberalismo que vai sufrir avances e retrocesos ata a morte do rei.  O regreso de Fernando VII supuxo a restauración do absolutismo: anulou a Constitución e a obra lexislativa das Cortes de Cádiz. No seu reinado diferéncianse tres períodos: o Sexenio Absolutista, o Trienio Liberal e a Década Ominosa.

 O Sexenio Absolutista 1814-1820.  o seu retorno político representou unha volta ao Antigo Réxime. Os liberais esixían que o rei acatase e aprobase os decretos e a Constitución de 1812, pero os absolutistas defendían que o rei debía recuperar a plenitude da súa soberanía e declarar nulas todas as reformas. Así llo pediu un grupo de deputados a través do documento Manifesto dos Persas. Contexto internacional favorable ao absolutismo. Congreso de Viena. 

Os liberais foron perseguidos e tiveron que recorrer á conspiración e ao pronunciamento, é dicir, ao levantamento de parte do exército que se pronuncia a favor da substitución da monarquía absoluta por unha monarquía liberal inspirada nos principios da Constitución de Cádiz, para poder chegar ao poder. Pronunciamientos de Espoz y Mina, Porlier. 

Rafael de Riego, la tragedia del primer militar golpista en la Historia de  España

Froito do éxito dun deses pronunciamentos, ten lugar o inicio da seguinte etapa do reinado de Fernando VII, o Trienio Liberal. En xaneiro de 1820, ao mando das tropas preparadas en Andalucía para ir combater aos independentistas americanos, Rafael Riego, esixiu en Sevilla o restablecemento da Constitución do 12. Ese levantamento foi secundado en Galicia. Ante o triunfo liberal, Fernando VII viuse obrigado a aceptar a Constitución o 10 de marzo de 1820.

Os Gobernos liberais restableceron a lexislación aprobada polas Cortes de Cádiz: Constitución, Cortes, eleccións baseadas no sufraxio universal indirecto, Milicia Nacional...Ademáis deron un novo pulo as transformación sociais, económicas e administrativas.

As diferenzas entre os liberais sobre temas como a necesidade ou non de modificar a Constitución, o poder da Coroa, a participación política ou a soberanía da nación, deron lugar á aparición de dúas correntes, os moderados e os exaltados. Esta división liberal favoreceu os intentos absolutistas de restaurar o Antigo Réxime, contando co apoio de Fernando VII.

 O medo á extensión da revolución por Europa levou á Sta. Alianza a decidir a súa intervención en España para restaurar o goberno absolutista de Fernando VII. A intervención do Cen Mil Fillos de San Luís, tropas francesas ao mando do Duque de Angulema coa axuda dos voluntarios realistas, permitiron unha nova restauración absolutista e unha nova etapa de dura represión contra os liberais. 

Los Cien Mil Hijos de San Luis que devolvieron el poder a Fernando VII

Fernando VII. Hoy 7 de Abril de 1823 los cien mil Hijos de san Luis entran  en España Restableciendo el Gobierno Absolutista de Fernando VII. — Español

A Década Ominosa absolutista comeza no ano 1823 e remata no 1833.  Moitos dos seus lideres e simpatizantes foron perseguidos ou executados. A pesar da persecución, os liberais seguiron conspirando para restablecer as liberdades en España, fracasando nos seus intentos.

Jesús Fernández Osorio: «Rafael del Riego y las revueltas liberales del  siglo XIX» - En Clase

Houbo unha depuración no exército e na administración pública. Toda a poboación estivo sometida ao control da policía e dos corpos de Voluntarios Realistas. De novo houbo un regreso do Antigo Réxime, pero a Sta. Inquisición xa non voveu ser restaurada. Os ultrarrealistas acusaron de pusilánime a Fernando VII e fóronse agrupando arredor do seu irmán Carlos quen, ante a falta de descendencia do monarca, era considerado o futuro herdeiro do trono.

En 1829 Fernando VII casou con María Cristina de Borbón e consegue ter dúas fillas. Antes da súa morte derroga a Lei Sálica a través da Pragmática Sanción para que a súa filla Isabel II puidera gobernar o que dará lugar a un conflito sucesorio e a unha guerra civil.



Última modificación: venres, 24 de novembro de 2023, 1:36 PM