10. O papel da muller na Idade Moderna
O estudo das mulleres na Idade Moderna presenta dificultades como o escaso interese por parte dos historiadores tradicionais sobre esta temática ou a ocultación ou sesgo das fontes (debido á dependencia legal das mulleres), situación que nas últimas décadas está cambiando para lograr unha maior visibilización do colectivo feminino na Historia.
A situación das mulleres na Galicia dos séculos XVI ao XVIII viuse directamente determinada pola súa subordinación e supeditación legal, moral e laboral respecto aos varóns, dentro das típicas sociedades patriarcais da Europa do momento.
Esta condición discriminatoria foi a causante de que a súa consideración social, a súa supervivencia económica e a súa situación socioeconómica e xurídica dependesen do varón (pai ou esposo, xeralmente, consideradas “menores de idade» de forma perpetua), definíndose o seu papel, polo tanto, no marco familiar e do matrimonio.
O seu rol social básico era o do ámbito doméstico (crianza dos fillos e mantemento do fogar) ou de coidadoras, fundamental para que outras actividades reservadas aos homes puideran desenvolverse. Porén, a importante migración masculina e un sistema de herdanzaas máis ou menos igualitario contribuiu a que as mulleres gallegas tiveran un peso específico maior que noutras latitudes pois a ausencia dos varóns condicionou que en numerosas ocasións tiveran que actuar elas como cabeza de familia e fixar as directrices das pequenas explotacións campesiñas. Con iso a muller adquiría un papel transcendente dentro da familia pois actuaba como transmisora dos bens.
Como reflexo da sociedade estamental imperante na Idade Moderna, dependendo do estamento e grupo social ao que pertencían a súa situación podía variar. As mulleres dos grupos non privilexiados tiñan como principal obxectivo o matrimonio e apenas tiñan capacidade de decisión nas familias. Tiñan que colaborar no traballo familiar sendo os principais cometidos á agricultura, a artesanía (téxtil principalmente) ou como servizo doméstico de familias adiñeiradas ou nobres. Raramente se retribuía economicamente o seu labor. As familias burguesas podían, a diferencia das campesiñas ou dos artesáns, permitir de maneira excepcional ás mulleres acceder a unha educación coa que poder aprender as normas da lectoescritura. Debemos recordar que o acceso á educación na época era xa de por si moi limitado e as taxas de analfabetismo elevadísimas, sendo moi superiores no caso das mulleres. No caso das familias nobres a situación era similar, só que as taxas de alfabetización podían ser algo máis altas. As mulleres nobres, sen embargo, tiñan maior acceso á educación, que era sempre no ámbito do fogar, coidando a educación relixiosa, ás veces as artes e a música ou os idiomas. Eran excepcionais os casos nos que as mulleres, por ausencia da figura do varón, xestionaban o patrimonio da casa nobiliar. Eran empregadas principalmente como moeda de cambio na redes de alianzas entre as casas ou para fins económicos a través dos casamentos.
Outra opción das mulleres era a de ingresar no clero como monxas, neste caso pasaban a vivir baixo as regras das ordes relixiosas ou do clero en xeral. Algunhas mulleres podían chegar a obter certo poder e influencia se chegaban a escalar na xerarquía eclesiástica chegando a abadesas dalgún mosteiro, aínda que debemos recordar que a estrutura eclesiástica eran un mundo dominado polos homes onde a relevancia das mulleres era totalmente marxinal.
Será a Ilustración, a partir do s. XVIII, pero con moi limitada pegada en España, a que comece a
reclamar unha máis que tímida posta en valor do papel da muller na sociedade con apenas impacto
nesta época. Houbo algunhas tímidas iniciativas que afectaron ás mulleres (liberalización do traballo feminino nos oficios textís, creación de escolas gratuitas femininas.
Texto a revisar
As mulleres galegas estaban sometidas ao home ao igual que as sociedades europeas da Idade Moderna, non podían transmitir herdanzas nin actuar como cabeza de familia e fixar as directrices das pequenas explotacións campesiñas. Esta condición discriminatoria foi a causante de que a súa consideración social, a súa supervivencia económica e a súa situación socioeconómica e xurídica dependesen do varón (pai ou esposo, xeralmente, consideradas “menores de idade» de forma perpetua), definíndose o seu papel, polo tanto, no marco familiar e do matrimonio.
A pesar de tratarse dunha sociedade de tipo estamental, non existían diferenzas sociais, económicas e, incluso, culturais, entre as mulleres dos grupos privilexiados (aristocracia e clero) e as pertencentes ao estamento non privilexiados (composto, sobre todo, por campesiñas, artesás e traballadoras urbanas). Será a Ilustración, a partir do s. XVIII, pero con moi limitada pegada en España, a que comece a reclamar unha máis que tímida posta en valor do papel da muller na sociedade.
Imaxe a comentar
