En 1700, Carlos II de Habsburgo, o derradeiro Austria español, morreu sen descendencia deixando como herdeiro da Coroa de España a Filipe de Borbón, neto de Luís XIV de Francia e emparentado por liña materna coa dinastía dos Habsburgo, producíndose así o cambio dinástico que non foi aceptado por todos os países europeos e orixinou un conflito bélico, tanto a nivel peninsular como a nivel internacional.

A coñecida como Guerra de Sucesión á Coroa de España tivo lugar entre 1702 e 1713.

–Causas da Guerra. Os Habsburgo de Austria non aceptaron que a Coroa de España pasase aos Borbóns e defendían o seu propio candidato, o arquiduque Carlos de Austria, fillo do emperador Leopoldo I. Ademais, a posibilidade da unión das Coroas de Francia e España e o papel prepotente e de control que desempeñaba Luís XIV, atemorizou os reinos europeos, que se uniron e iniciaron a guerra.

–Bandos en conflito. En 1701, formouse unha alianza antiborbónica entre Austria, Inglaterra e Holanda, á que logo se uniron Prusia, Portugal, Savoia e a maioría dos príncipes alemáns e italianos. Uns trataban de evitar a hexemonía borbónica e defender a candidatura ao trono de España do arquiduque Carlos de Austria. Outros buscaban a división das posesións españolas e obter vantaxes no seu comercio colonial.

La guerra de sucesión - Turismo Nuevo Baztán

A guerra foi tanto un conflito internacional como un conflito interno dentro da monarquía española. Gran parte dos territorios da Coroa de Castela (incluídas as provincias vascas e o reino de Navarra) apoiaron a Filipe V. En cambio, parte dos territorios da Coroa de Aragón (Cataluña, Aragón, Valencia e Baleares), apostaron polo arquiduque Carlos de Austria, temerosos ante a política centralizadora que representaba a monarquía borbónica e partidarios da antiga monarquía pactista dos Habsburgo.

O enfrontamento estendeuse por toda Europa con vitorias e derrotas para os dous bandos, pero o inicio das conversacións para lograr a paz foi o cambio de posición das potencias europeas aliadas cando, pola morte do emperador austríaco en 1711, o arquiduque Carlos convertíase no herdeiro do Imperio. O perigo dunha hexemonía de Austria se Carlos cinguía, ademais, a Coroa española, era tan perigoso como a unión entre Francia e España.

A chamada Paz de Utrecht asinouse nos Tratados de Utrecht (1713) e de Rastadt (1714) nos que, co obxectivo de manter o equilibrio europeo, estableceuse: o recoñecemento de Filipe V de Borbón como rei de España, pero a cambio tivo que renunciar á Coroa de Francia e entregar os Países Baixos españois, Nápoles, Milán e Sardeña ao emperador de Austria, Sicilia ao rei de Piemonte, e Xibraltar e Menorca a Gran Bretaña que ademais obtiña importantes concesións comerciais (un navío de permiso para comerciar coa América hispánica e o asento de negros). Debilitamiento da posición internacional de España. A pesar de asinarse a paz internacional, a guerra continuou en España; as tropas de Filipe V conquistaron Barcelona o 11 de setembro de 1714 e Mallorca e Eivisa en 1715, concluíndo así o conflito. 

Hª de España. 2º de Bachillerato: Mapa de Europa tras el Tratado de  Utrecht. Análisis

Como resultado da Guerra de Sucesión consolidouse a nova dinastía Borbón que aplicará un programa de reformas que suporan unha centralización coa eliminación dos foros da Coroa de Aragón(Decretos de Nova Planta) e a creación do Reino de España. 

Texto a revisar

En 1701, formouse unha alianza antiborbónica entre Austria, Inglaterra e Holanda, á que logo se uniron Prusia, Portugal e Savoia.  Uns trataban de evitar a hexemonía borbónica e defender a candidatura ao trono de España do arquiduque Carlos de Austria. Outros buscaban a división das posesións españolas e obter vantaxes no seu comercio colonial. 

Gran parte dos territorios da Coroa de Castela e da Coroa de Aragón apoiaron a Filipe V. En cambio, as provincias vascas e Navarra, apostaron polo arquiduque Carlos de Austria, temerosos ante a política centralizadora que representaba a monarquía borbónica e partidarios da antiga monarquía pactista dos Habsburgo. A chamada Paz de Utrecht asinouse nos Tratados de Utrecht (1713) e de Rastadt (1714) nos que, co obxectivo de manter o equilibrio europeo, estableceuse: o recoñecemento de Filipe V de Borbón como rei de España. Espña non tivo que facer demasiadas concesións, polo que se mantivo a súa posición internacional.


Texto a comentar

TESTAMENTO DE CARLOS II» (3-I-1700)

«Recoñecendo… que… subsiste o dereito da sucesión no parente máis inmediato, de acordo coas leis destes reinos… declaro como sucesor, no caso de que Deus me leve sen deixar fillos, ao duque de Anjou, segundo fillo do Delfín e como tal o chamo á sucesión de todos os meus reinos e dominios, sen excepción de ningunha parte deles. E mando e ordeno a todos os meus súbditos… que o recoñezan como o seu rei e señor natural… procedendo ao xuramento que debe facer de observar as leis, foros e costumes destes os meus reinos e señoríos…os nosos reinos e estados da coroa de Castela, Aragón, Navarra, Nápoles, Sicilia, Milán, Países Baixos e en calquera outra parte a nós e a todos os nosos vasalos… que teñan e reciban a este duque de Anjou…polo seu rei».



Mapa a comentar




Última modificación: martes, 22 de outubro de 2024, 6:39 PM