1. A nova monarquía dos Reis Católicos (unión dinástica, reorganización político administrativa).
O matrimonio e a posterior subida ao trono de Isabel de Castela e Fernando de Aragón supuxo a creación dun novo Estado que será denominado Monarquía Hispánica. Esta entidade englobou á Coroa de Castela e a de Aragón. Trátase dunha unión dinástica, non dunha unificación política dos seus reinos. Estes tiñan en común as persoas dos reis que os gobernaban conxuntamente, pero cada reino mantiña a súa lexislación e as institucións propias.

Tras a conquista de Granada en 1492 o Papa concedeulles o título de Reis Católicos, e completaríase a súa expansión territorial na Península coa incorporación de Navarra á Coroa de Castela (1512), xa despois da morte de Isabel.

Os RRCC son considerados como os monarcas que inician a transición do medievo á modernidade. Acometeron unha serie de reformas administrativas e políticas orientadas a fortalecer o poder dos monarcas fronte o da nobreza, marcando o nacemento dunha monarquía autoritaria e forte e extinguindo a feudal. O proceso foi máis efectivo en Castela, en parte porque as circunstancias do acceso ao trono de Isabel tras unha guerra pola sucesión coa súa sobriña (Xoana “A Beltranexa”) permitiron castigar á facción nobiliaria contraria (confiscación de señoríos, por exemplo).
Este proceso de centralización da monarquía vai parello a unha reorganización político administrativa.

Comenzou a organizarse un sistema de consellos para atender ás diversas áreas de goberno:
◦ Reorganizouse o Consello de Castela (1480), que constituirá o principal órgano de goberno e instancia xudicial superior. A introdución de funcionarios reais con formación xurídica profesionalizou este organismo e minguou o poder da nobreza.
◦ Creáronse outros consellos. Foron de dous tipos: os territoriais (Aragón, Navarra) e os temáticos (Facenda, Indias e Inquisición).
Reduciuse o papel das Cortes de Castela (onde se reunían os estamentos privilexiados e os representantes das principais cidades do reino) dado o auxe dos consellos. A súa importancia política foi decaendo e só foron convocadas para xurar aos herdeiros no seu cargo ou para reclamar algún subsidio extraordinario.
Establecéronse novos cargos:
◦ Os secretarios reais que se encargaban de mediar entre os diferentes consellos e os reis.
◦ Os vicerreis, que representarían aos soberanos naqueles territorios que pola súa distancia facía imposible a presenza dos reis (como en América).
Creouse un sistema xudicial centralizado, graduando a importancia dos tribunais: os corrixidores a nivel local, as Audiencias e as Chancelerías (con sedes en Valladolid e Granada) como tribunais reais de apelación e o Consello Real de Castela como última instancia xudicial. O fortalecemento da xustiza real supuxo un duro golpe para a nobreza ao impoñerse por riba do sistema xudicial feudal desempeñado polos señores nos seus territorios.
A nivel urbano instaurouse o cargo de corrixidor, posto de designación real que se encargaba do goberno municipal e tiña competencias administrativas, xudiciais e militares. A súa actuación freou o poder das oligarquías locais (nobreza e burguesía) en favor da autoridade real.
A nivel de seguridade, destacan a organización da Santa Irmandade, un corpo policial creado para manter a orde pública e pacificar o mundo rural e e a creación dun exército permanente, pagado pola monarquía e independente da nobreza, aínda que esta conservaba os cargos relevantes.
Ademais, os Reis Católicos dotáronse dun corpo de embaixadores para potenciar a súa activa política exterior.
A política relixiosa foi tamén un dos medios utilizados para o reforzamento do poder real. Xunto coa figura do monarca, a única institución común aos reinos foi a Inquisición (1478), tribunal encargado de manter a ortodoxia relixiosa católica. Por medio dela buscábase a cohesión da poboación e foi acompañado da represión ás outras confesións, como mostra a expulsións dos xudeus en 1492 ou as conversións forzosas de mudéxares
. Tamén fomentaron as regalías que supoñían entre outras cousas, un control no nomeamento dos bispos.
Na Coroa de Aragón as reformas tiveron menos importancia. A tradición pactista e a fortaleza das institucións forais limitaron a reafirmación da autoridade rexia. Con todo, Fernando conseguiu a fin dos malos usos nobiliarios da Sentenza Arbitral de Guadalupe e debido ao absentismo do rei, nomeou un representante real (primeiro lugartenente, logo vicerrei) en cada estado de Aragón e creou o Consello de Aragón con amplas funcións políticas.A introdución da Inquisición, baixo o poder do monarca, reforzou as súas competencias nestes reinos.
Malia a que a centralización castelá contrasta coa situación en Aragón, os Reis Católicos sentaron as bases do estado moderno e da monarquía autoritaria nos seus reinos.

El reinado de los Reyes Católicos constituye una etapa de transición entre el mundo bajomedieval y moderno en la que sientan las bases de funcionamiento de la monarquía hispánica. Los nuevos monarcas lograron la unidad de España y llevaron a cabo una intensa labor de reforma institucional. Entre otras medidas, iban a potenciar la administración central reorganizando el Consejo Real e incrementando el número de miembros con formación universitaria —los letrados—, en detrimento de la aristocracia. También reforzaron los órganos encargados de impartir la justicia real —Chancillerías y Audiencias— y generalizaron la figura de los corregidores en Castilla, que ejercían como representantes de los reyes en los principales municipios. Con todo, la reforma más importante fue la remodelación de las Cortes por su condición de institución común a todos los reinos peninsulares.
Texto a comentar
Expulsión dos xudeus en 1492
Nós fomos informados de que hai nos nosos reinos algúns malos cristiáns que xudaizaron e cometeron apostasía contra a Santa Fe Católica, do cal tiña moita culpa a comunicación dos xudeus cos cristiáns. Xa que logo, nas Cortes de Toledo de 1480 mandamos apartar os xudeus en todas as cidades dos nosos reinos, dándolles xuderías e lugares apartados onde vivisen xuntos (...) e ordenamos que se fixese Inquisición (...), e grazas a ela atopáronse moitos culpables. (...) E porque fomos informados de que nada disto conseguiu remediar e corrixir estes delitos (...) acordamos mandar saír a todos os xudeus dos nosos reinos, que xamais tornen; (...) mandamos (...) que ata a fin do mes de xullo próximo saian todos cos seus fillos, de calquera idade que sexa, e non ousen tornar (...) baixo pena de morte e confiscación de todos os seus bens. (...) E para que os xudeus poidan actuar como máis lles conveña neste prazo, poñémolos baixo a nosa protección, para que poidan vender ou trocar os seus bens. Autorizámolos a sacar os seus bens por terra e mar, en tanto non sexa ouro nin prata, nin moeda nin as outras cousas vedadas.