Foro de novas: aquí so escribe o profesor

Tarefas iniciais no curso de Ferramentas Tecnolóxicas

Tarefas iniciais no curso de Ferramentas Tecnolóxicas

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Ola, estiven vendo os cursos que tedes creados. Se non puiden entrar aviso por mensaxe de aula virtual.

Lembrovos que teño titoria telefónica pola tarde ás 18:00 ata as 19:00. O meu tf está na aual virtual, e tamén podedes escribir por mail, Whatsapp ou Telegram cando vos veña ben. De feito podedes facer videochamada se vos vai mellor para explicar os atrancos informáticos.

De momento, deberíades intentar facer o seguinte:

  1. Ver os videotitoriais do meu curso, se os precisades, non é obrigatorio, faltaría máis. De momento son 4.
  2. Crear un curso de proba e matricularme a min coma estudante e se pode ser coma profesor, para que vos axude. Tamén deberiades matricular a outro compañeiro/a como estudante, pero é optativo.
  3. Editar un tema (os temas son os bloques de contidos da aula virtual) e engadir unha páxina de proba, un ficheiro, unha ligazón (URL) e unha tarefa de proba (as tarefas son onde entrega ficheiros o alumnado).
  4. Escribir no foro se tedes dúbidas de carácter xeral, non individual. Non pusen a típica tarefa de presentarse por que entendo que xa vos coñecedes todos e todas (xa sei de todos xeitos que o voso é un centro moi grande ;-)
  5. Tamén podedes entrar no foro a ler as mensaxes d@s compañeir@s.

Temos máis contidos no curso, pero coma este curso estase a preparar sobre a marcha, cando teñades dúbidas e suxerencias eu intentarei facer videotitoriais ao respecto. Polo tanto é fundamental que escribades con estas suxerencias, ou fagades preguntas das vosas necesidades, individualmente ou no foro.