Práctica 2: Bobinado dun Transformador Monofásico
Nesta práctica, imos Bobinar o TRANSFORMADOR MONOFÁSICO que tes asignado.
- Correcto funcionamento, atendendo ás características dadas; [4 puntos]
- Número de espiras por bobinado, alta e baixa tensión; [1 punto]
- Diámetros dos conductores de bobinado primario e secundario; [1 punto]
- Ensaios en Valeiro, U1, I0, U2, PFe, m [1 punto]
- Ensario en Curtocircuíto, ucc%, Icc, PCu, cosφcc, Rcc, Xcc, Zcc; [1 punto]
- Formato da memoria da práctica adáptase ao recomendado; [1 punto]
- Ausencia de erros coas unidades e de faltas de ortografía, [1 punto]
(cada falta de ortografía, ou ausencia de unidade desconta 0.1 puntos)
Presentando-o nun informe, en acordo ao modelo proposto na aula virtual de forma xeral para prácticas.
Lembro-vos, que se entrega en formato pdf, a parte do orixinal que decidísedes empregar.
Os arquivos entregados estarán nomeados coas iniciais do nome da practica separadas por guión baixo e a continuación o voso nome e iniciais do apelido, da cordo ao exemplo:
Miguel C. Garcia Allegue faría-o do seguinte xeito --> "b_t_m-miguel_ga.pdf"
Non se corrixe se non cumple
Cada día de retraso na entrega da mesma desconta 0.10 puntos sobre 10, ata un máximo de 5 puntos a descontar.
Non se terá en conta para a avaliación dende tres días antes á xuntanza dos profesores para avaliar.
Práctica iniciada o 08/01/21
Si tedes algún problema ou dúbida coa entrega, etc. preguntade na clase, ou poñede-vos en contacto conmigo pola aula virtual, ou por correo electrónico.