Tarefa 5. Entrega de tarefas
Requisitos do completado
Abertas: domingo, 27 de setembro de 2020, 12:00 AM
Pendente: sábado, 17 de outubro de 2020, 12:00 AM
Para esta actividade, debes acceder ao teu curso e:
- Ao acceder ao teu curso, dálle a "Activar edición".
- Crea unha actividade do tipo "Tarefa". Como crear unha tarefa.
- A tarefa consistirá en subir un arquivo e debe ser avaliada cunha cualificación máxima de 10 puntos.
- O método de cualificación a empregar pode ser "Cualificación directa simple", "Rúbrica" ou "Guía de avaliación". (Nos dous últimos casos terás que crear unha rúbrica ou guía de avaliación para avaliar a tarefa. A guía ou rúbrica ten que ter polo menos dous criterios. Resultarache máis doado crear a rúbrica ou guía se te pos nunha situación real de aprendizaxe na aula.)
- Lembra colocar a "Tarefa" baixo a etiqueta Actividades.
Unha vez feita a tarefa, asegúrate que algún dos alumnos que matriculaches no teu curso suben un pdf á tarefa (pode ser calquera pdf, por exemplo este).
Tes que enviar unha captura de pantalla coa entrega do alumnado.
(Se tes dúbidas, deixa un comentario no foro xeral de dúbidas).