Neste módulo se trata de :

CT 1.Identificar diferentes tipos de servicios ou de institucións sanitarias españois e galegos.

CT 2. Describi-la estructura organizativa da unidade de alimentación/nutrición e relacionala coas outras unidades do centro sanitario

CT 3.Analiza-lo proceso de atención e/ou prestación do servicio, relacionando as fases e operación cos recursos mate- riais, condicións de execución e calidade.

CT 4.Planificar e organizar un gabinete de nutrición e dietética para desenvolve-la súa actividade profesional. CT 5.Identifica-los diferentes tipos de documentación clínico-sanitaria e relacionalos coas súas aplicacións.

CT 6. Manexar e adaptar, se é o caso, aplicacións informáticas de carácter xeral para optimiza-lo funcionamento da unidade ou gabinete.

CT 7.Cubrir e tramitar documentos clínicos e non clínicos utilizando os medios necesarios para incrementa-la eficacia do servicio.

CT 8. Realiza-lo control do material da unidade/gabinete efectuando as ordes de pedido necesarias para o correcto mantemento de existencias.

CT 9.Recibir e distribuí-lo material da unidade/gabinete en función das necesidades das distintas áreas de traballo. CT 10.Especifica-las condicións de conservación do material e aplicar métodos de almacenamento,

respectando as normas de seguridade e hixiene.

CT 11.Elaborar orzamentos e facturas detalladas de intervención e actos sanitarios segundo as normas legais.

CT 12. Analiza-la normativa vixente sobre seguridade e hixiene relativa ó sector sanitario para aplicala ó seu ámbito profesional.

CT 13.Describi-las medidas preventivas establecidas na normativa sobre seguridade e hixiene para identifica-las de aplicación en centros sanitarios.

CT 14.Relacionar e describi-las normas sobre simboloxía e situación de sinais e alarmas, equipos contra incendios e equipos de primeiros auxilios para actuar eficazmente en caso de emerxencia.