Obtención da certificación ComDix de nivel intermedio de competencia dixital para o alumnado de 2º bacharelato
Requisitos de finalización
Obtención da certificación ComDix de nivel intermedio de competencia dixital: Deben acreditarse as 5 áreas de dominio.
- A obtención do título de bacharel acredita as áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio.
- Para acreditar a área de dominio 4 do nivel intermedio hai que presentarse a unha proba específica.
Está aberto o prazo para a inscrición do alumnado de 2º de bacharelato que solicita participar nas probas de acreditación de competencias dixitais. O prazo rematará o próximo 20 de febreiro.
A proba consistirá en responder nun tempo máximo de 20 minutos un total de 12 preguntas sobre Seguridade e privacidade. A proba considerarase superada ao responder correctamente, como mínimo, ao 60% das preguntas (8 preguntas).
Na seguinte web podedes encontrar unha demo das probas: https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado
Última modificación: lunes, 9 de marzo de 2026, 12:24