Última modificación Nome Descrición
Páxina INCIDENCIAS COA AULA VIRTUAL

Para informar de calquera incidencia que se teña na Aula Virtual está habilitado o seguinte correo: 

aulavirtual.ies.pinomanso@edu.xunta.gal

Páxina Obtención da certificación ComDix de nivel intermedio de competencia dixital para o alumnado de 2º bacharelato

ACCESO Á PROBA: https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl/examinador/login#no-back-button

Obtención da certificación ComDix de nivel intermedio de competencia dixital: Deben acreditarse as 5 áreas de dominio. 

  • A obtención do título de bacharel acredita as áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio.
  • Para acreditar a área de dominio 4 do nivel intermedio hai que presentarse a unha proba específica.

Está aberto o prazo para a inscrición do alumnado de 2º de bacharelato que solicita participar nas probas de acreditación de competencias dixitais. O prazo rematará o 

próximo 20 de febreiro.

A proba consistirá en responder nun tempo máximo de 20 minutos un total de 12 preguntas sobre Seguridade e privacidade. A proba considerarase superada ao responder correctamente, como mínimo, ao 60% das preguntas (8 preguntas).

Na seguinte web podedes encontrar unha demo das probas: https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado