Este módulo profesional contén a formación necesaria para confeccionar un proxecto de empresa e efectuar a súa xestión, de maneira integrada, nun contexto real de traballo a través dunha contorna virtual pedagóxica. Neste módulo, o alumnado pon en práctica todos os coñecementos, os procedementos e as aptitudes que adquiriu ao longo do seu proceso de aprendizaxe, e procede a crear e a xestionar unha empresa, coa súa diversidade de ámbitos funcionais.