Imagen de Freepik

 

ENSINANZAS DEPORTIVAS

*Ver probas específicas de acceso

Teñen por finalidade a formación de adestradores, monitores e técnicos dunha especialidade deportiva. Articúlanse en dous graos: 

Grao medio

Conduce á obtención do título de Técnico Deportivo.

Organízase en 2 niveis: ciclo inicial e ciclo final.

Duración mínima de 1000 horas.

Para acceder ao grao medio destas ensinanzas é preciso estar en posesión do título de Graduado en ESO e superar unha proba de carácter específico . Os aspirantes que non posúan dito título deberán superar unha proba de madurez e unha específica (a partir dos 18 anos).

Grao superior

Conduce á obtención do título de Técnico Deportivo Superior.

Comprende un único nivel cunha duración mínima de 750 horas.

Para acceder ao grao superior é preciso estar en posesión do título de Técnico Deportivo da especialidade deportiva correspondente, estar en posesión do título de Bacharelato e superar unha proba de carácter específico. Os aspirantes que non posúan dito título deberán superar unha proba de madurez e unha específica (a partir dos 20 anos).

Accede a toda a información detallada no documento Oferta educativa de ensinanzas deportivas

Información das probas de acceso para o curso 25/26

PENDENTE ACTUALIZACIÓN CURSO 26/27

----------------------------------

ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

*Ver probas específicas de acceso



Coa ESO (ou proba sustitutiva)+ proba de acceso pódese acceder ao CICLO MEDIO DE SERIGRAFÍA ARTÍSTICA


--------

ENSINANZAS DE MÚSICA

*Ver probas específicas de acceso

Conservatorios Superiores de Música

Título de grao profesional en Música


 

Título de grao superior en Música

Necesario BACH

Máis información:

Conservatorio Superior de Música de Vigo

Conservatorio Superior de Música Superior de A Coruña

----------------------------------

ENSINANZAS DE DANZA

*Ver probas específicas de acceso

Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

Título de grao profesional en Danza

o   Especialidade Danza Clásica

o   Danza Contemporánea

Título de grao Superior en Danza (equivalente á licenciatura)

Necesario BACH

Non dispoñible en Galicia.

Pódese cursar en Madrid, Barcelona, Málaga, Valencia , Alicante e Bilbao.


--------

ENSINANZAS DE ARTE DRAMÁTICO

Para acceder a estes estudos é necesario estar en posesión do título de bacharel (ou proba de madurez no caso de non dispoñer do título) e superar unha proba de acceso.

*Ver probas específicas de acceso

ESADg. Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

Titulación Superior en Arte Dramática

o   Especialidade Dirección escénica e dramaturxia

o   Especialidade Escenografía

o   Especialidade Interpretación

 

--------

ENSINANZAS DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS

Poden acceder directamente a estes estudos os alumnos que teñan o título de técnico superior de artes plásticas e deseño.

Poden acceder mediante unha proba específica os alumnos que teñan o título de bacharel.

Son estudos superiores encamiñados á formación de profesionais no mundo da restauración e da conservación. En Galicia impártense só na Escola Superior de Pontevedra nas seguintes especialidades:

  • Arqueoloxía
  • Escultura
  • Pintura

A duración dos estudos é de 4 anos. A titulación que se obtén é equivalente, para todos os efectos, a un grao universitario.

--------

ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO

Acceso dende Bacharelato (ou proba substitutiva do requisito de titulación).

Están encamiñados á formación de profesionais no mundo do deseño nas especialidades de:

  • Moda
  • Interiores
  • Produto
  • Deseño gráfico



Last modified: Tuesday, 2 December 2025, 11:31 PM