ADMISIÓN ENSINANZAS ARTÍSTICAS E DEPORTIVAS
INSTRUCIÓNS PARA A ADMISIÓN E ACCESO A ...

ENSINANZAS ARTÍSTICAS
Ensinanzas PROFESIONAIS de ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO para o curso 2026/2027
Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia EASD_Consulta a guía de titulacións
Consulta a oferta educativa das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño
O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día 8 de maio de 2026 ata o día 12 de xuño de 2026, para os ciclos formativos de grao medio e de grao superior.
Acceso a grao medio:
- Data da proba que substitúe o título de ESO (no caso de ser precisa): 23 de xuño
- Data de realización da proba específica: 7 de xullo
*Ver exencións das probas específicas na normativa.
Acceso a grao superior:
- Data da proba que substitúe o título de Bacharelato (en caso de ser preciso): 23 de xuño
- Data de realización da proba específica: 7 de xullo
*Ver exencións das probas específicas na normativa.
Exames probas de acceso anos anteriores. Ano 2022.
Instruccións para o acceso e admisión
-------
ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES
Ensinanzas artísticas SUPERIORES de DESEÑO para o curso 2026/27
Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia EASD_Consulta a guía de titulacións
Prazo de solicitude:
- Nas ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática o prazo rematará o día 16 de xuño de 2026, incluído.
- Nas ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais o prazo rematará o día 5 de xuño de 2026, incluído.
- Nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño o prazo rematará o día 5 de xuño de 2026, incluído.
- Nas ensinanzas artísticas superiores de Música o prazo rematará o día 21 de maio de 2026, incluído. Para as persoas ás que resulte de aplicación o disposto no ordinal 2.6 da resolución (menores de idade a partir de 16 anos que manifesten precocidade), o prazo de inscrición rematará o día 15 de maio de 2026, incluído.
Accede AQUÍ para máis información: convocatoria, guía para o acceso e admisión,...
----
ENSINANZAS DEPORTIVAS
Ensinanzas deportivas para o curso 2026/27
Grao medio
Prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación para acceso a GRAO MEDIO e/ou na proba específica de grao medio: ata o 25 de xuño
Data de realización da proba substitutiva do requisito de titulación: 3 de xullo
Data de realización da proba ESPECÍFICA: durante o mes de xullo. *Consultar data concreta e centros de realización da proba en función da especialidade deportiva.
Grao superior
Prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación para acceso a GRAO SUPERIOR e/ou na proba específica de grao superior: ata o 15 de maio
Data de realización da proba substitutiva do requisito de titulación: 26 de maio
Data de realización da proba ESPECÍFICA: durante o mes de xullo. *Consultar data concreta e centros de realización da proba en función da especialidade deportiva.
Consulta a oferta educativa e organización curricular das ensinanzas deportivas
Instrucións para o acceso e admisión (incluídas datas de realización das probas específicas)